"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección privada de constitucións imperiais romanas aparecidas entre o 292 e o 295. Realizada polo xurista Hermóxenes, supón unha actualización do Código Gregoriano. O texto inclúese na tendencia para a estabilización do dereito romano, que culminou con Diocleciano e que responde á necesidade de facilitar un instrumento de emprego doado para os que practicaban o dereito. Coñécese por fragmentos e citas doutras obras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de constitucións imperiais romanas promulgada por Teodosio II e Valentiniano III ata o ano 438, e para a metade occidental do Imperio. Composto por dezaseis libros divididos en títulos, tiña unha finalidade docente, pero tamén se empregou como base lexislativa na interpretación do ius e da lex. Consérvase dun xeito fragmentario a través do Breviario de Alarico e da Lex Romana Visigothorum. Tentaba ser o mellor exemplo na tendencia oficial cara a unha estabilización do dereito romano, que culminou con Diocleciano. Foi derrogado a comezos do s VI polo Emperador Xustiniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno xenético que se dá nalgúns heterocigotos que consiste na manifestación fenotípica simultánea dos caracteres dados por dous alelos. Un exemplo son os individuos co grupo sanguíneo AB, nos que se manifesta o alelo A e o alelo B.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á codominancia.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarreaus. Foi sede da orde militar de Santiago, baixo a encomenda de Santa María de Barra. De orixe románica, a cabeceira reconstruíuse, segundo unha inscrición da ábsida, en 1707. O seu aspecto exterior é defensivo, con poucos vans e cunha torre campanario pegada á portada principal. Conserva un cáliz gótico e imaxes barrocas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romanés. Defendeu tendencias nacionalistas de carácter cristián e antisemita. En 1927 fundou a Lexión do Arcanxo Miguel, núcleo orixinario da fascista Garda de Ferro (1931). Foi condenado a 10 anos de reclusión e morreu asasinado durante un traslado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Especializado en carreiras de medio fondo, estableceu, ao longo da súa traxectoria deportiva, doce plusmarcas mundiais en catro distancias (800 m, 1.500 m, 1.000 m e a milla). Proclamouse campión olímpico dos 1.500 m nos Xogos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984), feito que o converteu no primeiro atleta que conseguiu revalidar o título olímpico nesa distancia; ademais obtivo senllas medallas de prata nos 800 m neses mesmos campionatos. Foi tamén campión de Europa de 1.500 m e 800 m (Stuttgart, 1986), campión de Europa de 800 m en pista cuberta (Donostia, 1979), vencedor da Copa do Mundo en 1979 e 1981, e medalla de bronce e prata nos campionatos europeos de Praga (1978) e Atenas (1982), na proba dos 800 m. No verán de 1979 superou de xeito consecutivo as plusmarcas mundiais de 800 m (5 de xullo), da milla (17 de xullo) e dos 1.500 m (15 de agosto). Os técnicos da federación británica de atletismo non o convocaron para os Xogos Olímpicos de Seúl (1988), argumentando problemas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. A partir de 1878 foi profesor de filoloxía románica comparada e de filoloxía portuguesa na Universidade de Lisboa. Está considerado como o introdutor da filoloxía científica en Portugal. Na súa primeira obra, A língua portuguesa: phonologia, etymologia, morphologia e syntaxe (1868), que marcou o inicio dos estudios filolóxicos en Portugal, realiza un estudo comparativo das linguas románicas. Publicou, ademais, Questões da língua portuguesa (1879), Os dialectos românicos ou neo-latinos na África, Ásia e América (1880) e O Ensino histórico filológico e filosófico em Portugal até 1858 (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar republicano portugués. Participou na revolución de 1891, pola que foi desterrado durante cinco anos. Posteriormente, exerceu como gobernador xeral de Angola (1911-1912) e como xefe de goberno (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de coetáneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen vive ou coincide nunha mesma época ou nun mesmo tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de cofinanciar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Financiar algo en conxunto dúas ou máis persoas, entidades, ou ambas as dúas á vez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cohabita. Ex: Os cohabitantes da casa non se levan moi ben.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Fundou a escola neokantiana de Marburg. O seu pensamento, idealista obxectivo ou crítico que resolve o problema da dualidade do pensamento e do obxecto mediante a súa identificación, está exposto na súa obra principal, System der Philosophie (Sistema de Filosofía), dividida en tres partes: Logik der reinen Erkenntnis (Lóxica do coñecemento puro, 1902), Ethik des reinen Willens (Ética da vontade pura, 1904) e Aesthetik des reinen Gefühls (Estética do sentimento puro, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou medicina na Universidade de Michigan e doutorouse en 1948. Traballou no departamento de Pediatría e Bioquímica da Universidade de Colorado, onde realizou estudios metabólicos sobre os nenos prematuros. En 1952 obtivo unha bolsa da American Cancer Society para traballar no departamento de Radioloxía da Universidade de Washington e en 1953 pasou ao departamento de Zooloxía da mesma universidade, no que traballou con R. Levi-Montalcini na purificación do factor de crecemento nervioso (NGF). En 1959 trasladouse ao departamento de Bioquímica da Universidade de Vanderbilt, onde descubriu un novo factor de crecemento, o epidérmico (EGF). Por estes traballos recibiu, xunto con R. Levi-Montalcini, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1986. Dende 1976 é membro da American Cancer Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alxeriano. En 1953 trasladouse a París, onde estudiou na École Normale Supérieure. Trala guerra de Alxeria, volveu a Francia en 1960 ao CNRS (Centro Nacional para a Investigación Científica) onde acadou o grao de doutor en 1962. Foi profesor na Universidade de París (1963) e no Collège de France (1973), onde formou un grupo de investigación sobre a captación e o arrefriado de átomos mediante láser. Por estes traballos compartiu con S. Chu e W. D. Phillips o Premio Nobel de Física en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO