"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Partido político fundado na Coruña en outubro de 1929. Na súa formación converxeron dúas tendencias, o republicanismo tradicional de Santiago Casares Quiroga e o nacionalismo galego de Antón Villar Ponte. O manifesto fundacional afirmaba que non era un partido nacionalista, xa que o referente nacional era España, e entre os seus obxectivos estaba a intención de transformar o Estado español en república federal, a separación de poderes entre Igrexa, estado e exército, e a consecución dun réxime de autonomía para Galicia. Destacou a súa promoción e engrandecemento de Galicia. A súa militancia baseouse nas clases medias e pequenos burgueses, e estruturouse de forma piramidal como un partido de comités. No Pacto de Lestrobe (16.3.1930) fixaron, xunto con Alianza Republicana, a constitución da Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de instaurar a república e conseguir a autonomía de Galicia, polo que quedaban definidos como un partido republicano-autonomista. Presentáronse aos comicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de diferentes fosfatos de alcohois polihidroxílicos, como o glicerol, o etilenglicol, o sorbitol, o manitol e outros, que se empregan como fertilizantes. Presentan unha excelente solubilidade, que lles permite penetrar ata as capas profundas do solo e actuar sobre as raíces das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das tres estrelas aliñadas e relativamente brillantes que pertencen a Orión, situadas nas rexións medias da constelación, e que aparentemente debuxan a cintura da figura mitolóxica. OBS: Tamén se denomina Tres Reis ou Tres Marías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo noruegués. Xunto con Aukrust, está considerado un dos autores do seu país máis relevantes da era moderna. A súa poesía fundiu os aspectos da natureza e da tradición co impulso erótico. Da súa obra destacan I dalom (Nos vales, 1910), Manns kvede (O poema do home, 1915), a triloxía épica Gudbrand Langleite (1913-1927) e as obras de teatro Christophoros (1948) e Den lange bryllupsreisa (A longa lúa de mel, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema cabaleiresco de Matteo Maria Boiardo, que comezou a escribir cara a 1476. As dúas primeiras partes foron publicadas na rexión de Emilia (1486) e o resto quedou incompleto pola morte do autor. A obra debería estar dividida en tres partes que agruparían ao redor de cen cantos, pero o texto publicado quedou en 69. Os elementos esenciais da trama proceden do ciclo carolinxio, pero o espírito épico foi substituído por historias de amor e feitos novelescos. O poema foi completado polo Orlando furioso de Ariosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político italiano. Foi primeiro ministro (1917-1919) e retirouse da vida pública durante o fascismo, pero volveu en 1944 e foi senador. Das súas obras xurídicas destacan Principî di diritto costituzionale (1889) e Principî di diritto amministrativo (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Colaborou, entre outras numerosas publicacións, en Mercure de France, e dirixiu La Nervie. Tivo un papel importante entre os simbolistas, e defendeu a arte pola arte. Das súas obras destacan Hubert Ponscarme (1907), Évolution de la medaille au XIXe siècle (1907), Métabolisme (1921), L’evasión spirituelle (1921) e Véronèse (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento que se utiliza para embelecer unha cousa ou persoa.

      1. Conxunto e colocación das cousas que adornan un lugar.

      2. ornamentación.

    2. Conxunto de notas, improvisadas ou previstas, que figuran nunha partitura musical como engado ou embelecemento dunha liña melódica, sen alterala. O ornamento pode ir indicado por signos na partitura ou estar completamente escrito no texto musical, e pode ser melódico, cando se aplica a notas individuais, ou de transición, cando se aplica a toda a melodía.

    3. estidos propios dos ministros do culto cos que se revisten durante as celebracións litúrxicas. Non se atoparon propiamente no cristianismo ata o s V. A introdución de novas modas coa invasión dos pobos xermánicos estivo na base das prescricións eclesiásticas (ss VII-VIII) sobre o mantemento dos antigos vestidos romanos para o culto. A actual diferenciación dos vestidos litúrxicos apareceu no s XI segundo os diversos graos da orde sagrada. A evolución das formas, debida aos bordados e as pedrerías, provocou que os vestidos fosen ornamentos e perderan a flexibilidade e incluso a mesma forma (s XII). Contemporaneamente volveuse ás formas antigas e nalgunhas comunidades propugnouse a súa abolición. A pesar dunha certa marxe de liberdade en canto ao uso, a forma e a cor, os ornamentos para a misa son: amito, alba, cíngulo, estola e casula ou túnica. O diácono leva a dalmática no canto da casula e nos oficios pontificais, o bispo leva ademais a mitra e o báculo. Noutras accións litúrxicas utilízase...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se emprega para adornar algo.

    2. Conxunto e colocación das cousas que adornan un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘paxaro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de polinización en que a diseminación do pole se efectúa por aves, xeralmente pequenas, como os colibrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á polinización que ten lugar grazas ás aves.

    2. Que se poliniza polas aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que pertence ao xénero Ornithogalum, da familia das liliáceas, e que presenta as follas lineais, estreitas de beira clara e con flores con tépalos de cor amarela ou verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zoólogo que se dedica ao estudo da ornitoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estuda as aves. É unha das ciencias naturais máis desenvolvidas, tanto no nivel científico como no afeccionado. Pódese dicir que, prescindindo de antecedentes clásicos (Aristóteles, Plinio) a historia da ornitoloxía comezou no s XVI co francés Pierre Belon, autor da Histoire de la nature des oyseaux, e co seu contemporáneo Conrad Gesner, de Zúric, autor dun extenso tratado de zooloxía, que contén o Historiae animalum Liber II qui est de avium natura. Do s XVII destaca a obra monumental do italiano Ulisse Aldrovandi e a do inglés Joannes Jonston. Os autores nomeados, ademais das súas observacións directas sobre a fauna europea, baseáronse nas referencias de especies exóticas achegadas polos primeiros viaxeiros exploradores. A primeira fauna rexional europea estritamente ornitolóxica foi a Uccelleria, do boloñés G. P Olina. O s XVIII sinalou o nacemento da ornitoloxía concibida como ciencia, froito da coincidencia entre os grandes sistemáticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ornitoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO