"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Botánico e citólogo alemán. Fundou o instituto de bioloxía vexetal de Breslau (1866). Foi un dos primeiros en afirmar que o citoplasma das células animais e o das vexetais son idénticos. Estudiou sobre todo a morfoloxía e o desenvolvemento das bacterias, que el consideraba vexetais e denominou esquizomicetos, e tamén a morfoloxía dos vexetais inferiores. Sinalou por primeira vez, en 1853, a analoxía estrutural de bacterias e cianofíceas. Tamén descubriu a capacidade dalgunhas bacterias de producir endosporas resistentes a condicións adversas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. En 1959 instalouse coa súa familia en Alemaña, de onde procedía a súa familia; en 1965 regresou a Francia e comezou os estudios de socioloxía na Université de Nanterre. En 1968, xunto con Jacques Sauvageot e Alain Geismar, fundou o Mouvement du 22 mars, que xogou un papel moi activo nos sucesos revolucionarios de maio de 1968. Por mor destas actividades, as autoridades expulsárono a Alemaña o 25 maio dese ano; e non se lle permitiu a entrada no país galo ata 1978. Instalado de novo en Alemaña, colaborou activamente na articulación dos Verdes. En 1989 foi designado adxunto do alcalde de Frankfurt para as relacións multiculturais (o 25% da poboación da cidade non é alemá de orixe) e en 1994 foi elixido deputado ecoloxista no Parlamento europeo, onde desenvolveu os cargos de presidente do comité para as relacións con Turquía da UE e de coordinador do comité para os Asuntos Estranxeiros, Dereitos Humanos, Seguridade Común e Política de Defensa. Entre outros, é autor dos libros:...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu acudir á Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid) ao tempo que traballou como axudante dun marmorista. Compartiu estudo en Madrid con Reimundo Patiño e relacionouse cos membros do grupo Brais Pinto. A súa obra caracterizouse polo enfrontamento entre a tradición artística e a artesá. Experimentou con troncos de árbore e outros obxectos, como os croios, e desenvolveu formas redondeadas, pulidas, flexibles e opulentas de perfecto acabado e marcada estilización da figura humana que o levaron a achegarse ao informalismo. A natureza e a cultura galegas, xunto ao tema da muller, son unha constante na súa obra. Esculpiu a imaxe da Virxe do Carmo da igrexa parroquial do Hío. Entre as súas obras destacan Loita, Home e Nacemento. No 2001 celebrouse en Vigo unha mostra que recolleu a súa traxectoria artística.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Coimbra ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Coimbra.
-
-
PERSOEIRO
Realizador, guionista e escritor. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e diplomouse en Cinematografía pola Universidad de Valladolid. A súa traxectoria profesional comezou en 1982 como crítico cinematográfico en El Correo Gallego. De 1988 a 1990 foi responsable da Área da Imaxe na consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Foi director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), desde a súa creación en 1990-1991 ata 1997. Foi profesor de Produción de TV na Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña (1997-2000), e con anterioridade, guionista de programas televisivos como Luces da cidade (1989-1990). Traballa como director da sección de novos proxectos na produtora NTR (Noroeste Televisión Radio). Participou nas obras colectivas Historia do cine en Galicia (1996), Dicionario del cine español (1998), realizou un estudo biofilmográfico, Antonio Román. Director de cine (1999) e traduciu a obra Notas sobre o cinematógrafo (1993), de Robert Bresson. Foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Trátase dun templo barroco de tres naves. No exterior, a ábsida refórzase con contrafortes. Na fachada destaca a situación da torre das campás, pegada ao muro sur; consta de dous corpos, o primeiro ten catro arcos de medio punto, mentres que o segundo presenta unha alternancia de ocos e de macizos, e remata nun pináculo con bóla. Sobre a porta principal ábrese unha fornela que acolle a imaxe da titular da mesma.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coirós. Construíuse a finais do s XII ou a principios do s XIII. Consta dunha soa nave, con ábsida de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón apuntado e reforzada cun arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor sostense por dúas semicolumnas con bases de características áticas, adornadas con follas, relevos en zigzag e sogados. A decoración dos capiteis é vexetal e está formada por talos curvos que se unen no extremo superior en forma de piñas ou de volutas. Este modelo repítese nunha das cestas que rematan as columnas que sosteñen o arco faixón, mentres que na outra presenta unha orde de follas anchas, sen nervios e rematadas en pomas. No exterior do testeiro da ábsida, ábrese unha fiestra formada por dúas arquivoltas rodeadas por unha chambrana de billetes, a rosca menor apóiase nun par de columnas acobadadas sobre bases áticas e con capiteis con follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, sobre as que se...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coirós baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coirós. Construída a finais do s XII, conserva unha boa parte da súa estrutura románica. Trátase dun edificio dunha soa nave con ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón lixeiramente apuntada. O arco triunfal, dobrado, tende a ser apuntado. A arquivolta interior está sostida por dúas columnas entregadas sostidas por bases áticas con garras e coas escocias decoradas con zigzags. Os capiteis foron picados pero quedan sombras porque estiveron cubertos de follas e os colariños sogados. No extremo nororiental consérvase un fragmento dunha pintura do s XVI que representa a Cristo atado á columna, que puido formar parte dun ciclo dedicado á paixón. No exterior destaca a porta setentrional cun gran lintel que presenta unha semicircunferencia inscrita, coma se se fose esculpir un tímpano. A porta sur, cun tímpano semicircular sobre machetas, quedou oculta ao lle engadir unha estancia. Os beirís están sostidos por canzorros, pero algúns, como os do lado norte...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carcinoma derivado das vías biliares intrahepáticas ou extrahepáticas. Despois do carcinoma hepatocelular, é o tumor maligno primario de fígado máis frecuente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía das vías biliares previa administración dunha substancia de contraste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción inicial das vías biliares intrahepáticas formada a partir dos capilares biliares. A unión de diversos colanxíolos orixina os condutos biliares intralobelares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
colanxiocarcinoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación, xeralmente infecciosa, dos condutos biliares. Aparece a miúdo despois de procesos obstrutivos das vías biliares, como litíase ou tumores, e está causada por bacterias de procedencia intestinal. Maniféstase con febre alta e arrepíos e, a miúdo, con ictericia e dor na zona hepática.
-
PERSOEIRO
Estadista francés, ministro de Luís XIV. Mazzarino recomendouno ao rei e, en oito anos (1661-1669), acumulou nas súas mans a administración central de Francia: foi nomeado intendente de Facenda (1661), controlador xeral (1665), ministro da Mariña (1668), secretario da Casa do Rei e ministro de Estado (1669). Iniciador dunha verdadeira política económica en Francia, favoreceu a reconstrución do comercio e da industria segundo os principios do mercantilismo, con tarifas proteccionistas e control gobernativo da industria e do comercio. Gracias á súa iniciativa, creáronse varias compañías comerciais monopolistas que lle deron un novo pulo á creación de bases coloniais francesas. Foi un mecenas das artes e das letras, e participou na creación das grandes institucións culturais da Francia moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago de Compostela entre xaneiro e abril de 1813, primeiro na imprenta de Los Dos Amigos e, despois, na de Manuel María de Vila. Defendeu firmemente as doutrinas absolutistas. Foi moi polémico, xa que acollía escritos de carácter político que despois criticaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación da obra de diversos autores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bilingüe da asociación de pais de alumnos deste colexio que saíu en Vigo, Ferrol e Cangas a partir de 1900. O consello de redacción estaba integrado por Nela Castilla, Pim Patiño e Antía López. Acollía, entre outras, as seccións “La Educación Hoy”, “La Voz del Colegio”, “Nuestras Hijas”, “El mundo del niño”, “El adolescente y su circunstancia”, “Opinión Pública” e “El APA Informa”; e varios apartados como “Rincón Gallego” e “La Poesía”, onde se publicaron composicións dos alumnos, ou “Orientación Cultural”, onde se informaba sobre temas de cultura galega.
-
PERSOEIRO
Trompetista norteamericano. Influído por Louis Armstrong, caracterízase por unha grande expresividade e riqueza melódica. Nos EE UU gravou e deu concertos con Fats Waller, Sidney Bechet, Coleman Hawkins e Don Byas, entre outros músicos.
VER O DETALLE DO TERMO