"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión permanente do Congreso dos EE UU, constituída en 1938, para investigar organizacións consideradas subversivas, en xeral, de tendencia esquerdista. Nos anos corenta e cincuenta protagonizou unha auténtica “caza de bruxas” entre actores, guionistas e directores de cine de Hollywood. Aboliuse en 1975.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental, integrada no Comité Olímpico Internacional, fundada o 23 de novembro de 1912 e presidida por Gonzalo de Figueroa ata 1921. O 11 de xaneiro de 1924 declarouse formalmente constituída, coincidindo coa entrada en vigor dos seus estatutos. Ten como principais misións promover no territorio español o espírito do olimpismo e organizar os equipos que participen nos Xogos Olímpicos en representación de España. Para esta última función colabora coas distintas federacións, que son membros do COE, e responsabilízase directamente da selección e dirección técnica dos deportistas nas súas respectivas modalidades. A súa orixe remóntase ao remate do s XIX; o primeiro antecedente corresponde á entrevista entre o barón de Coubertin e a raíña rexente María Cristina, na que o promotor da restauración do olimpismo solicitoulle a designación dun embaixador de España para o Comité Olímpico Internacional. Coa elección do marqués de Villamajor, Gonzalo de Figueroa, España quedou...
-
PERSOEIRO
Poeta e apoloxista cristián. As súas obras, Instrutiones e Carmen apologeticum, representan o primeiro intento de construír unha épica cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de estados creada pola Constitución francesa o 4 de outubro de 1958 que comprendía, ademais do Estado francés, as doce antigas colonias de África que optaran polo estatuto de estado membro e que aceptaran entrar na Communauté, é dicir, no Estado francés, con autonomía interna, pero sen soberanía nin independencia internacional. De feito, podían saír da Communauté cando o desexasen reivindicando a súa independencia. A súa existencia foi moi efémera, porque os estados africanos da Communauté accederon á independencia entre 1959 e 1960. Oficialmente non foi nunca disolta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que deixa algunha cousa en comodato.
-
PERSOEIRO
Crítico e realizador cinematrográfico alxeriano. Especializouse no documental político coas producións Les deux marsellaises (As dúas marsellesas, 1968), La Cecilia (1975), Carnets de bal (Carnés de baile, 1980) e L’ombre rouge (O ombreiro vermello, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás Comores, aos seus habitantes ou á lingua comoriana.
-
Natural ou habitante de Comores.
-
Lingua pertencente á familia lingüística níxer-congo, que se fala en Comores e en Madagascar.
-
-
-
Acción e efecto de acompañar. Na tradición recóllense ditos como: “Compaña, coa muller; i iso inda o hai que ver. Compaña de malos veciños, poucos e mal avidos. Compaña de tres, mala é. Compaña de un, compaña de ningún. Da mala compaña fuxe; e gárdate do ruxe-ruxe. De malas compañas, moitos perigos manan”.
-
Circunstancia de ir acompañado a algún lugar ou de estar acompañado.
-
Aquilo ou aquel que acompaña.
-
Conxunto de persoas.
-
Conxunto de especies vexetais que forman parte da mesma comunidade caracterizada por unha ou varias especies predominantes de árbores ou, nalgúns casos, arbustos. É froito da historia bioxeográfica da comunidade; por exemplo, no caso das carballeiras a compaña florística dos carballos está constituída, entre outros, por cancereixos, estripeiros, acivros, sabugueiros, abeleiras e anémonas. As masas forestais de repoboacións non adoitan presentar ningún tipo de compaña florística propia.
-
Procesión de almas en pena que saen do adro arredor das doce da noite e que percorren os camiños da parroquia. Como en todas as procesións, vai á cabeza da comitiva unha persoa coa cruz que leva tamén un recipiente de auga bendita co correspondente hisopo. É unha persoa viva que non pode mirar o cortexo de almas, nin revelar nada do que ve. Debido a este labor nocturno e ao contacto cos mortos, a persoa enfraquece, colle mala cor e perde a saúde. Para librarse, ten que pasarlle a cruz e a auga bendita a alguén que atope polo camiño durante a marcha. Esta crenza non é exclusiva de Galicia e conservouse tamén en Asturias e noutras partes de Península; mesmo chegou a existir noutros países europeos. A Compaña está formada por defuntos, pero non todos os que se lles aparecen aos vivos forman parte da mesma. Están, por exemplo, os aparecidos solitarios e os condenados que piden que lles rachen o hábito. A crenza na aparición dos mortos existiu na Antigüidade e en todas as culturas; cumpre a...
-
-
-
Bo comportamento ou boa relación que existe entre compañeiros.
-
Disposición de solidariedade cos compañeiros.
-
-
-
-
Persoa que acompaña a outra no desenvolvemento dalgunha actividade, comparte con ela a pertenza a algún grupo ou está na súa compañía habitual ou circunstancialmente, por elección ou por casualidade.
-
compañeiro de preito
Persoa que preitea xunto con outra na mesma causa.
-
-
Cousa que conforma unha parella con outra ou un conxunto con outras.
-
Persoa, casada ou non, que convive con outra.
-
Aplícase aos taxons e, en particular, ás especies que están presentes nunha comunidade vexetal determinada pero que non manifestan predilección por esta comunidade.
-
Cada unha das persoas que se xuntan co fin de explotar a pesca en común e que contribúe coa súa forza de traballo e cos medios de que dispón.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en 1976 nas Pontes de García Rodríguez co subtítulo de “Voceiro do Sindicato Obreiro Galego, S.O.G.”. No seu primeiro editorial afirmaban o seu carácter de voceiro dos traballadores das Pontes, no que tanto estes coma as agrupacións que os representaban chamaban a atención sobre os principais problemas do sector. Compúñase principalmente de artigos de denuncia ou de apoio a Galicia ou á súa lingua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor e impresor. Primeiramente adquiriu unha librería en Santiago de Compostela. En 1830 mercou a imprenta de Ramón Temes Gil e transformouna nunha das de máis produción e de mellor calidade do seu tempo. Nas cidades de Santiago de Compostela, Ourense e Vigo editáronse libros e traballos que foron eloxiados pola súa calidade tipográfica. Entre as obras impresas por Francisco Compañel figuran Observaciones al Código Penal (1834), de Bermúdez del Villar, e Estorbos que padece la agricultura, aínda que esta última vai firmada co selo Viuda e Hijos de Compañel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imprenta herdada pola viúva e polos fillos de Francisco Luís Compañel. Nesta etapa editáronse unha gran variedade de libros, folletos e periódicos, como é o caso do semanario El Idólatra de Galicia (1841-1842) ou a Revista Médica da Academia Médica de Emulación. Unha das últimas obras impresas é Monografías de Santiago (1850), de Antonio Neira de Mosquera. No ano 1840, Pedro Lozano dirixiu parte da imprenta que se instalou en Ourense co mesmo nome, onde imprimiu Reseña Breve y Compendiosa del Santuario de Nuestra Señora de las Hermitas e a Refutación de la Reseña Histórica del señor Do-Porto. Cando Lozano adquiriu a imprenta, Xoán Compañel mudouse a Vigo, onde editou o periódico La Oliva a partir de febreiro de 1856 e diversas novelas.
-
PERSOEIRO
Editor e impresor, fillo do impresor Francisco Luís Compañel. Trala morte de seu pai pasou a ocuparse da empresa familiar baixo o pé de Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a Vigo, onde comezou a publicación do periódico La Oliva xunto con Uxío Carré Aldao e Manuel Murguía. En abril de 1857 o goberno suspendeu a edición desta publicación que tomou o nome de El Miño para volver á súa primeira denominación en 1868. Entre as obras publicadas pola súa imprenta destacan La primera luz. Libro de lectura para uso de las Escuelas de primeras letras de Galicia en 27 lecciones escrito por M... (1852?), Desde el cielo (1856), Mi madre Antonia. 1ª parte del libro de un loco (1856) ou o Dicionario de Escritores Gallegos, que se comezou a publicar por entregas no ano 1862, todas elas de Manuel Murguía; Tratado de Química Analítica (1858), de Juan Rodríguez Bustillo; Ligeras indicaciones sobre la enfermedad de la vid llamada Oidium tukeri (1858), de M.P.R;...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza entre dúas ou máis persoas de forma secreta e cunha finalidade inmoral ou ilícita.
-
-
Comer o pan acompañado de compango.
-
Ordenar ou concertar algunha cousa dunha forma determinada.
-
Tratar de quedar ben con toda a xente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera vianda sólida que se come acompañada de pan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen pretende, por todos os medios, estar a ben con todo o mundo.