"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Conxunto de normas e convencións que rexen a escritura dunha lingua mediante os signos tipográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en ortotipografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conserva o seu acento, ocupe o lugar que ocupe dentro da frase, contrariamente ao que pasa coas palabras enclíticas e proclíticas, que o perden e adoptan o da palabra precedente ou seguinte respectivamente, coa que forman como unha soa palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espasmo tetánico que se caracteriza pola contracción equilibrada dos músculos extensores e flexores, que manteñen o corpo completamente recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno relativo aos órganos ortótropos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ortotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo no que a planta ou o órgano se orienta segundo a dirección do estímulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao rudimento seminal en que o micrópilo, a calaza e o fío están aliñados.

    2. Que presenta ortotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia evolutiva das liñas filéticas a seguir camiños fixos e determinados sen intervención da adaptación. Para uns é unha tendencia xeral de todo o proceso de evolución; para outros describe algúns casos de evolución nun sentido moi determinado; outros din que a evolución está predeterminada por un principio vital (vitalismo) e outros ven a acción do medio (lamarckismo). Por outro lado tamén se utiliza o termo ortoxénese en sentido darwinista, e moitos autores úsano para designar procesos de crecemento alométrico que conducen a hipertelias non adaptativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ortoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos lagomorfos, da familia dos lepóridos, ao que pertence o coello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1967-1969). Nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira (1982-1985), foi conselleiro de Economía e Facenda desde 1990 e deputado no Parlamento de Galicia polo PP (1997-2001). Escribiu varios artigos en revistas especializadas de economía, entre os que destacan “Administración autonómica e control externo público” (2000) e “O futuro da economía galega” (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cómputo anticipado do que custará unha obra ou un servizo que se vai facer.

      2. Cómputo anticipado dos gastos e dos ingresos dunha unidade económica ou entidade por un período de tempo determinado. Na planificación económica interna da empresa distínguense tres niveis: os orzamentos estratéxicos ou a longo prazo, os orzamentos operativos, a curto e medio prazo, e os orzamentos organizativos.

      3. orzamento de base cero

        Método de planificación orzamentaria dunha entidade polo que se reconsidera toda a súa actividade, xeral e por áreas, co suposto de que, para recibir asignacións orzamentarias, cumprirá xustificalas debidamente. Este método implica unha racionalización económica anual, dentro dunha perspectiva plurianual.

    1. Cantidade de cartos que se destina para unha finalidade concreta.

    2. Documento que recolle, con máis ou menos detalle, os ingresos e os gastos que terá unha entidade pública durante un período determinado, que xeralmente é anual ou bianual. Cando a diferenza entre os ingresos e os gastos é positiva, presenta superávit, mentres que se, pola contra, os gastos son superiores aos ingresos, a situación é de déficit orzamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Evanxelizador de Suecia e Dinamarca, considérase o grande apóstolo do cristianismo entre os escandinavos. Trasladouse a Alemaña e o Rei Harold de Dinamarca, que se convertera ao cristianismo, levouno coa idea de evanxelizar o seu pobo. Tivo pouco éxito e foi evanxelizar Suecia. Posteriormente foi bispo de Hamburgo e, tras o saqueo desta cidade polos viquingos, o Papa Nicolao I nomeouno arcebispo de Hamburgo e Bremen, e delegado para Dinamarca, Noruega e Suecia. A súa festividade celébrase o 3 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que oscila.

    2. Perturbación progresiva que se propaga nun medio material a causa da vibración periódica das partículas que o forman. É un caso de movemento ondulatorio. Ao vibrar, segundo as partículas se despracen nunha dirección perpendicular ou paralela á propagación do movemento ondulatorio, denomínase transversal ou lonxitudinal, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal que deriva dos hipotéticos ácidos ósmicos e que se obtén pola acción de solucións fortemente alcalinas sobre o tetróxido de osmio [osmiato (+VIII)], ou pola fusión alcalina oxidante do osmio [osmiato (+VI)], que en solución acuosa orixinan os anións octaédricos [OsO4(OH)2]2- e [OsO2(OH)4]2-, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á terminación nerviosa sensible a variacións da presión osmótica. No home son os núcleos supraóptico e paraventricular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, sobriño de Guillerme I de Inglaterra. Foi chanceler (1072) e bispo de Salisbury (1078), e redactou unha consueta, Use of Sarum, que estivo en vigor ata finais do reinado de María Tudor, onde mesturaba as tradicións romana e saxona. Foi canonizado en 1457 e a súa festividade celébrase o 4 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Coñecido como Antonio de Acuña, foi nomeado bispo de Zamora por Xulio II. Coa oposición do Consello de Castela, apoderouse da cidade e pouco despois acadou o recoñecemento da monarquía. Participou na Revolta das Comunidades de Castela e conquistou Toledo en 1521, onde o pobo o proclamou arcebispo. Capturárono e morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou en San Martiño Pinario como mestre de obras e tomou alí o hábito en 1651. Foi arquiveiro neste mesmo mosteiro e prior de San Lourenzo de Carboeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO