"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
compaña.
-
-
Asociación, sociedade ou empresa, con fins económicos, industriais ou comerciais.
-
compañía de comercio e navegación
Asociación mercantil, xeralmente en forma de sociedade por accións, xurdida desde o s XVI nos países europeos cun comercio máis activo, especialmente de produtos coloniais americanos ou asiáticos. Estas compañías recibían do Estado o privilexio ou monopolio de comerciar con certas rexións ou produtos. A primeira compañía que cobrou relevancia foi a Compañía das Indias Orientais. En España, nas primeiras décadas do s XVIII, xurdiron sociedades como a Compañía Guipuzcoana de Caracas (1728), que comerciaba co cacao, a Compañía de La Habana (1740), especializada no azucre e no tabaco, a Compañía de Santo Domingo, a de Catalunya e a Real Compañía de Filipinas (1785). Coa xeneralización das doutrinas do liberalismo económico, no s XIX, as compañías privilexiadas desapareceron ou foron perdendo poder.
-
-
Agrupación de actores, técnicos e algún director ou directora que ten como obxectivo fundamental a creación e distribución de espectáculos teatrais. Poden existir outros obxectivos asociados, como a formación, a creación de públicos ou a animación sociocultural, finalidades que conforman, tamén en función das expectativas e intereses dos integrantes, a condición profesional ou afeccionada da mesma. As primeiras compañías profesionais das que hai noticia apareceron en Grecia, mais foi a finais da Idade Media cando colleron un novo pulo, que adquiriu a súa verdadeira dimensión nos ss XVII e XVIII, proceso que recolleu Agustín de Rojas en El Viaje Entretenido (1603). Foi coa aparición do teatro burgués e coa diversificación de públicos e espectáculos, cando as compañías desenvolveron todas as súas posibilidades, sobre todo a medida que se produce a lexitimación social dos profesionais da escena. Nun principio, as compañías estaban asociadas a un actor, a un empresario, a un autor ou a un teatro,...
-
Desde a Idade Media, conxunto de homes armados, mercenarios, a pé ou a cabalo, baixo o mando dun capitán, recrutados polo rei, polos nobres ou polos conselleiros municipais. Actualmente, a compañía é a unidade primaria táctica e administrativa a partir da que se organizan os batallóns.
-
Agrupación relixiosa.
-
Conxunto de persoas que se agrupan para dedicarse á pesca conxuntamente.
-
Asociación familiar constituída, usualmente, de forma tácita e que está integrada, cando menos, por dous matrimonios labregos: o do pai (instituínte) e o do fillo (patrucio). Ten como fin esencial establecer unha ampla comunidade afectiva e de traballo con respecto á explotación colectiva do traballo común e produce, como efecto inmediato, a atribución igualitaria dos froitos e dos gastos ordinarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Madrid en 1918 por Nicolás María Urgoiti, propietario de La Papelera Española. O 1 de xaneiro de 1926 fusionouse coa tamén editora Hijos de J. Espasa, de Barcelona, da que xurdiu a editorial Espasa-Calpe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade petroleira española constituída en 1927 cun capital de 195 millóns de pesetas, subscrito polo Estado (31%) e por un consorcio bancario. Foi a empresa gañadora dun concurso convocado polo goberno de Primo de Rivera para o monopolio sobre a importación e manipulación industrial dos combustibles minerais líquidos. Concibida polo ministro de Facenda José Calvo Sotelo, dedicouse exclusivamente á venda e distribución do combustible por motivacións económicas e fiscais. Empregou as instalacións petrolíferas xa existentes, que foron expropiadas. Permitiu a creación, en 1929, da Compañía Española de Petróleos (CEPSA), coa que contratou o fornecemento e refinado de petróleo, e participou en Asfaltos Españoles S A, Butano S A, Petronor, etc. En 1984, incorporou como asociadas as refinerías públicas e privadas, e adquiriu en propiedade os activos da rede de distribución que pertencían ao Estado. A través da Empresa Nacional de Petróleos Petroliber e do Instituto Nacional de Hidrocarburos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de varias empresas mercantís creadas en Europa occidental durante os ss XVII e XVIII para a explotación do comercio coas Indias Orientais. Tiñan apoio gobernamental e autorización para adquirir territorios e exercer neles funcións de goberno, como lexislar, emitir moeda, declarar guerras, negociar tratados ou administrar xustiza. As principais foron: a Compañía Inglesa das Indias Orientais, con monopolio comercial en Asia, África e América, que estableceu as súas primeiras factorías na India (Madras, Bombai e Calcuta); e a Compañía Holandesa das Indias Orientais, fundada con privilexio dos Estados Xerais holandeses en 1602, que tiña o monopolio do comercio co Océano Índico e que colaborou na Guerra da Independencia contra Castela. A invasión francesa de 1795 cortou a comunicación da Compañía cos seus establecementos coloniais e provocou a súa fin (1798). A Compañía Francesa, constituída en 1664 por Jean Baptiste Colbert, mantivo o monopolio do comercio nos océanos Pacífico e Índico....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1954 e promovida polo actor Fernando Iglesias Tacholas. Representou, entre outras, as seguintes obras: Por borrachíns!, de D. Varela Buxán; O zoqueiro de Vilaboa, de Nan de Allariz; ou Almas sinxelas, de Xabier Prado Lameiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade comercial por accións, constituída en 1733 por iniciativa do comerciante gaditano Manuel de Arriaga, que monopolizou o comercio con Filipinas. En 1783, Carlos III autorizou o banqueiro Cabarrús a ampliar o capital e outorgoulle o privilexio de comerciar con África, as Indias e Filipinas. Trala Guerra da Independencia decaeu ata a súa disolución en 1834.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....
-
ENTRADA LARGA
Orde relixiosa, a primeira feminina dedicada ao ensino, fundada en Bordeos por santa Xoana de Lestonnac e aprobada polo Papa Paulo V en 1607.
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe e evolución
Xoana de Lestonnac (1555-1640), filla de Ricardo de Lestonnac e de Xoana Eyquem de Montaigne, e sobriña do humanista Montaigne, casou con Gaston de Monferrant, señor de Landiras e La Trau, e tivo oito fillos; no 1580 quedou viúva. Despois dunha curta experiencia no císter de Toulouse, traballou a prol das mulleres. Apoiada na súa formación humanista e cristiá, intentou dar unha resposta pedagóxico-apostólica ás necesidades educativas da mocidade feminina. Cun grupo de compañeiras e coa axuda dos xesuítas Xoán de Bordes e Francisco Raymond, fundou a orde da Compañía de María a Nosa Señora. A súa intención era aplicar á educación das mulleres os postulados que Montaigne defendía para a educación dos homes: a educación do “home íntegro”, a instrución en todo o que se refire ao espírito e á recta dirección do... -
VER O DETALLE DO TERMO
ou convento de la Enseñanza Edificio situado no núcleo histórico de Santiago de Compostela. Fundouno o bispo Rajoy y Losada en 1765 como colexio de Señoritas Nobres, baixo a advocación da Nosa Señora da Gracia e san Xudas Tadeo, e co patrocinio do indiano Mateo Vázquez. Reedificouse entre 1821 e 1841 baixo o goberno do arcebispo Múzquiz. Pertence á Compañía de María e funciona como colexio de ensino. O proxecto inicial foi obra de Clemente Fernández Sarela, pero continuou as obras Xoán López Freire. A fachada, obra de Xosé Otero, é neoclásica. Consta de dous corpos laterais rematados en forma de torreón e dun corpo central con fachada dórica que remata cunhas esculturas de Xosé Pernas (1831). A igrexa ten planta de cruz grega e o seu espazo central cóbrese cunha cúpula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade anónima de titularidade pública que xurdiu ao abeiro da Lei de Creación da CRTVG, aprobada polo Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984. Os seus obxectivos principais son a posta en funcionamento, a xestión e a explotación da Radio Galega e da Televisión de Galicia, co que se pretende potenciar a normalización lingüística do galego, a cohesión do tecido social e xeográfico do país, e a divulgación da cultura e dos trazos identificativos de Galicia. Para isto, conta con tres órganos que dirixen o funcionamento do ente público: o Consello de Administración, o Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades, e mais o director xeral. O primeiro destes órganos está composto por doce membros elixidos en cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, que se encargan do cumprimento do disposto pola Lei de Creación da Compañía, á parte da aprobación daquelas materias que enmarcan as principais directrices que rexen o funcionamento da Compañía, como son: a programación e os seus contidos,...
-
ENTRADA LARGA
Orde relixiosa masculina fundada en 1534 polo fidalgo guipuscoano Iñigo López de Loiola (santo Ignacio de Loiola). Recibiu a aprobación pontificia en 1540, data que se adoita tomar como a da súa constitución oficial.
Singularidades e organización internaCarisma e espiritualidade
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos principais trazos que diferenza o carisma xesuítico das demais congregacións cristiás é a exhaustiva preparación intelectual e profesional á que se someten os seus membros para desenvolver o seu labor apostólico: os xesuítas, á parte da formación relixiosa, están obrigados a seguir outros estudios con aplicación civil (aínda que non exclúen a posibilidade de profundar naquelas materias), pois unha das súas principais obras, dende a súa orixe, é o ensino, tanto no nivel elemental coma no superior. Tamén é peculiar dos xesuítas o voto de obediencia ao papa que fan ao ingresar na orde. A base da espiritualidade ignaciana é a oración persoal, segundo o modelo... -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación profesional de teatro creada en 1992 por María Pujalte e María Rodríguez Bouzas, coa finalidade de explorar novas liñas de realización teatral, entre elas o teatro de variedades, ao que incorporaron unha forte dimensión crítica, irreverente e sarcástica, con espectáculos, como Fisterra Broadway (1992) ou Amén (1995), con textos e dirección de Xavier Picallo. Tamén hai que destacar outras propostas como Squash (1994) ou A voda dos moinantes (1996), con dirección de Kiko Cadaval, a partir de textos de Ernesto Caballero e John Millington Synge. Recibiu varios Premios Compostela á mellor interpretación e ao mellor espectáculo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1985 no ámbito do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales, dependente do ministerio de Cultura e con sede en Madrid. Ideouse co obxectivo de manter a vixencia e a actualidade da literatura dramática clásica castelá. Adolfo Marsillach dirixiuna ata 1989, ano no que asumiu a dirección Rafael Pérez Sierra, quen ocupou o cargo ata 1992. Posteriormente, Marsillach volveu ocuparse da dirección ata 1996, función que logo pasou a exercer José Luís Alonso de Santos. Calderón de la Barca, Lope de Vega, Ruíz de Alarcón, Miguel de Cervantes, Tirso de Molina, Fernando de Rojas ou Agustín Moreto son algúns dos autores máis recorrentes nas realizacións escénicas da compañía, desde a que tamén se desenvolveron diversas actividades de promoción e divulgación dos clásicos, como o Festival de Teatro Clásico de Almagro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igrexa da Universidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exército mercenario do s XIV, comandado polo cabaleiro bretón Bertrand Du Guesclin, e formado por aventureiros de diversas nacionalidades que loitaron na Guerra dos Cen Anos. Por instigación de Carlos V de Francia, pasaron a Castela e axudaron a Enrique de Trastámara fronte a Pedro o Cruel (1365-1368).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Se se compara a.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Se se compara con.
-
-
Acción de comparar ou compararse.
-
Examinar atentamente dúas ou máis cousas co fin de determinar os puntos de semellanza ou de diferencia.
-
Establecer unha relación de similitude ou de equivalencia entre dúas cousas ou persoas, baseándose nunha semellanza real ou imaxinaria.
-
Poñerse unha persoa ao mesmo nivel ca outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de comparar ou compararse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente que adicionado a unha solución forma un complexo estable.