"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • Circuíto eléctrico que produce oscilacións non sinusoidais, xeralmente rectangulares ou cadradas, e que na forma máis simple constitúe un caso especial de báscula en que o equilibrio é sempre inestable, por iso se di que é un circuíto estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, unha torre coa súa homenaxe e unha cadea saíndo polos flancos da homenaxe, ata os pescozos de dous cans, sentados nos flancos da torre, enfrontados sobre unha terraza de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de auga salgada situado ao N de Suez (Exipto), atravesado polo canal homónimo. Anteriormente estaba separado en dous brazos alongados de 22 e de 13 km de lonxitude, case baleiros, pero que durante as obras do canal foron recheos de auga de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto anónimo escrito en latín entre os ss IX-X. Durante a Idade Media circularon numerosas versións, das que destacan as de Benedeit (1200), catro redactadas en Italia (ss XIII-XIV) e dúas conservadas na Biblioteca Nacional de Lisboa. Vinculado coa tradición céltica, narra a viaxe de sete anos de duración de San Brandán, un monxe irlandés que viviu entre os ss V e VI, na procura do paraíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Nebra (Porto do Son). No lugar onde existía o pazo, fundouse en 1524 un morgado. A muralla que o pecha data do s XVIII, sobre o que se colocou un escudo de armas que recolle liñaxes como os Caamaño, Lamas, Soutomaior, Ozores, Correa e Castro. Na fachada conserva outro escudo cos apelidos citados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU (200.350 km; 1.711.263 h [2000]). A súa capital é Lincoln. Estendido pola parte central das Grandes Chairas, constitúe unha chaira ondulada inclinada de O a L. Está atravesado polos afluentes da dereita do Missouri, que bordea o estado polo NL e o L. É unha rexión agrícola moi importante onde destacan o trigo, o sorgo, o centeo, as patacas, a avea e a remolacha, así como a industria conserveira, química e siderometalúrxica. Habitada polas tribos pawnee, omaha e cheyenne, o territorio foi atravesado, infrutuosamente, por Francisco Vázquez Coronado en 1541. A zona caeu baixo a influencia dos franceses da Louisiana, que a venderon en 1803 a EE UU. En 1854 acadou o estatuto de territorio xunto con Kansas. A construción do ferrocarril impulsou a economía, e en 1867 converteuse no trixésimo sétimo estado da Unión e aboliu a escravitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición musical creada por Xoán Montes Capón na última década do s XIX. É unha das obras máis destacadas do nacionalismo musical galego e foi galardoada co primeiro premio nun certame musical celebrado en La Habana en 1892. Incluíuse dentro das seis Baladas galegas, e púxolle música a un famoso poema de Rosalía de Castro inserido en Follas Novas (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático brasileiro. Traballou na Associação Comercial de Pernambuco, no departamento de Estatística de Brasil, e foi Assistente de Selação do DASP (1943) e diplomático (1945) en Rio de Janeiro. Comezou a súa carreira diplomática internacional en 1947 como cónsul en Barcelona; posteriormente foi embaixador en Senegal (1976-1979), Ecuador (1979-1981) e Honduras (1981-1984); en 1986 exerceu como cónsul xeral de Brasil en Porto (Portugal). Durante o goberno de Jânio Quadros foi xefe de gabinete do ministro de Agricultura. Como escritor, comezou coa poesía hermética en Pedra do sono (1942) e O engenheiro (1945), para logo evolucionar cara á expresión da problemática socioeconómica do NL brasileiro, feito que o converteu no poeta con máis sona do seu país. Da súa produción destacan o ensaio Joan Miró (1950) e os libros poéticos O rio (1954), Duas águas (1956), Quaderna (1960), Dois parlamentos (1961) e Educação pela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (89.500 h [1990]). Situada na marxe do lago de Tollense, é un centro industrial. Fundada por Xoán I de Brandenburgo, converteuse nunha fortaleza durante a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648). Conserva as murallas con portas góticas do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pedagogo musical suízo. Despois dunha época dedicado ao teatro, en 1853 reorganizou a academia musical de A. E. Choron co nome de Ecole Niedermeyer para formar mestres de capela e organistas. Escribiu misas, motetes e varias óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. avenoiteira cinsenta.

    2. Calquera ave nocturna.

    3. Falta de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de nubrar ou nubrarse.

    2. Que está cuberto de nubes.

    3. Que presenta unha nebulosidade maior dunha octa e menor de sete octas.

    4. Que non está claro e que leva a confusión.

      1. Aplícase á peza en que os seus bordos exteriores están torcidos imitando as nubes, de maneira que as dun perfil ocupan os espazos baleiros do outro.

      2. Aplícase á peza que está dividida ao longo en dúas partes iguais por un obxecto en forma de nube con esmaltes diferentes.

      3. Aplícase á partición coa liña divisoria que está torcida en forma de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nudibranquios.

    2. Molusco da orde dos nudibranquios.

    3. Orde de moluscos gasterópodos, da superorde dos opistobranquios, que se caracterizan pola presenza no dorso de papilas de forma variable que funcionan como branquias externas. Os adultos non teñen cuncha. A coloración destes animais é moi variada e dunha gran beleza. Habitan entre as algas na zona infralitoral de todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual publicada en Bos Aires a partir de xaneiro de 1954. Subtitulada “Revista mensual de la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Coirós”, promoveuna esta agrupación de naturais do concello coruñés de Coirós que residían en Bos Aires. Incluíu información sobre as actividades da asociación, traballos sobre Galicia e algunhas colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. De gran talento como contista, novelista e autor teatral, revelou o seu enxeño nas comedias e na prosa humorística. Destaca a súa obra Opstinsko Dete (O neno da Comuna, 1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cousa feita ou producida por algo ou alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “A boa obra ao mestre honra.”

      2. Produto que resulta da aplicación da actividade humana desde o ámbito das ciencias, das letras ou das artes.

      3. Libro que constitúe o traballo literario dun autor.

      4. Conxunto da produción artística, literaria ou científica dun autor.

      5. Peza literaria para ser representada nun teatro.

      1. Aquilo en que se traballa, especialmente edificio en construción.

      2. obra a óso

        Lugar ou sitio en que se constrúe algunha cousa.

    1. Reparación, reforma ou calquera outro traballo de albaneis.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO