"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

    1. Acción e efecto de romanizar ou romanizarse.

    2. Proceso histórico de implantación da organización e da cultura de Roma en todo o Imperio Romano. A unidade política foi seguida da unidade cultural, facilitada polo uso do latín. Só Oriente, provisto dunha cultura superior e helenística, mantivo a lingua e a civilización gregas e alí o proceso foi menos intenso. A verdadeira romanización caracterizouse pola latinización e foi propia de Occidente no Mediterráneo. A pesar dun certo bilingüismo, o latín foi a lingua oficial nas provincias occidentais, imposta pola administración, a escola, a xustiza, o exército e o comercio. En moitos lugares, porén, debeu ser a penetración cristiá a que finalizou o proceso de latinización. Deste xeito, a literatura latina deixou de ser axiña unha creación exclusiva de Roma e de Italia. Pero, máis que a literatura escrita, foi o repertorio teatral o procedemento que tivo unha influencia superior na educación das masas. Tamén cumpriron funcións específicas neste proceso a concesión do dereito de cidadanía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen romaniza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Difundir a civilización, as leis, os costumes e a lingua romana, especialmente con relación á expansión da antiga Roma.

      2. Impor a Igrexa Romana os seus usos, costumes ou ritos a outras igrexas non latinas.

    1. Adoptar os usos, a lingua ou os costumes dos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (897). O seu pontificado só durou uns meses e pénsase que preparou a rehabilitación do Papa Formoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Roma ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Roma.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo romano.

      2. Individuo do pobo romano.

      3. Pobo de raza indoeuropea que habitaba a cidade de Roma. De procedencia incerta, os testemuños arqueolóxicos proban que, xa desde o s X ao VII a C, sobre os outeiros romanos, se foron formando unhas comunidades que, co tempo, obtiveron unha certa unidade política e participaron das leis do pobo latino. Sábese que, de entre todas as comunidades, Alba exerceu a supremacía ata que foi derrotada por Roma, que pasou a ostentar a hexemonía da Liga Latina. Séculos máis tarde, cando a urbe se converteu en imperio, convertéronse en romanos os habitantes de Roma e tamén todos os habitantes das terras que esta conquistou.

      1. Relativo ou pertencente aos territorios do Imperio Romano ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante dos territorios do Imperio Romano.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e medalleiro. Activo en Lombardia, as súas obras mostran a incorporación ás tendencias do Renacemento. Realizou a Arca di Gian Galeazzo Visconti (1463-1497), relevos para unha porta do Palazzo Ducale de Mantua e diversas medallas (Xulio II, Isabel de Aragón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia romana que se inicia despois das guerras civís e dos triunviratos. Foi unha fórmula de goberno concibida por Caio Xulio César, e inaugurouna Octavio Augusto. A institución descansa sobre dous feitos: a concentración das dignidades e dos poderes republicanos, políticos e relixiosos nas mans dun só home, e a creación de novos órganos da administración dimanados só del. Adóitase dividir en dous grandes períodos: o principado ou Alto Imperio, respectuoso, ata certo punto, coas institucións republicanas; e o dominado ou Baixo Imperio, de carácter militarista e absolutista, a partir de Diocleciano. O s III que os separa foi un século de transición. O primeiro período comeza coa etapa dos doce césares (27 a C-96 d C), que pertencen, agás dun período de crise, a dúas dinastías, a xulio-claudia (27 a C-68 d C) e a flavia (69-96). Augusto (27 a C-14 d C), restaurador da relixión e creador dunha sociedade xerarquizada e dun novo exército, esforzouse, en primeiro lugar, en asegurar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a calquera feito lingüístico, histórico, artístico e cultural determinado polo encontro das civilizacións bárbaras coa civilización romana e cristiá.

    2. Leis romanas, recollidas polos bárbaros no s VI, para o uso das poboacións subxugadas nos estados fundados polos pobos xermánicos en terras do Occidente romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Sacro Imperio Romano-Xermánico.

    2. Nome co que se coñece o soberano do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O seu título oficial era o de emperador dos Romanos (ou emperador romano). O título de emperador romano empregábase despois da coroación como tal feita polo papa. Antes recibía o título de rei de Romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Romaña, aos seus habitantes ou á súa variedade lingüística.

    2. Natural ou habitante de Romaña.

    3. ariedade lingüística galoitálica que, xunto co emiliano, forma o emiliano-romañolo, que se estende pola rexión de Emilia e Romaña. Ademais dos trazos propios das variedades galoitálicas, destacan o paso de A > ä (säl ‘sal’), o enmudecemento de certas vogais (sbdal ‘hospital’; ital ospedale), ditongacións particulares (fiaur ‘flor’) con reducións (des, dis ‘deus’), ou a metafonía (quest, quist).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvaro de Figueroa y Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia que deu nome a unha dinastía que reinou en Rusia desde 1613 ata a Revolución Rusa en 1917. O xefe da liñaxe foi Andrej Ivanovič Kobyla ou Kambila, un boiardo moscovita do reinado do gran príncipe Iván I de Moscova (1304?-1341). O seu bisneto Zakharija foi avó de Roman Jurevič (?-1543), e os descendentes deste apelidáronse Romanov. A filla de Roman, Anastasia Romanov (?-1560), foi a primeira muller do Tsar Iván IV de Rusia e irmá de Nikita Romanov (?-1585), que foi presidente do Consello de Rexencia do Tsar Teodoro I. En 1613 o seu neto Mikhail F’odorovic Romanov foi elixido tsar co nome de Miguel III de Rusia. Este foi sucedido polo seu fillo Aleixo I de Rusia , e este polo seu fillo Teodoro II de Rusia , cuxa morte provocou as disputas do trono dos seus fillos, Iván e Pedro. Unha asemblea nacional, o Zemskij sobor, elixiu a Pedro I de Rusia como novo tsar, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de romántico.

    2. Movemento artístico e espiritual que, nos últimos decenios do s XVIII e durante o s XIX, se estendeu por Europa e determinou unha renovación profunda, sobre todo na literatura, pero tamén noutras manifestacións da arte e da vida. O termo romántico apareceu primeiro en Inglaterra durante o s XVII, e a complexidade dos aspectos da vida e das actitudes que revestiu o romanticismo, xunto á diversidade das tradicións nacionais en que se inseriu, dificultan unha definición. Así, aparece ás veces como un movemento revolucionario e outras veces como un movemento de restauración. Tamén se estableceu unha distinción entre o romanticismo da primeira xeración e o da segunda, e fíxose constar que a evolución seguiu direccións diferentes en Alemaña e no resto de Europa occidental. Mentres o romanticismo alemán partiu dunha actitude revolucionaria e foi parar a unha posición reaccionaria, o europeo occidental partiu desde unha posición conservadora e monárquica e evolucionou cara a unha actitude puramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Romanticismo.

      2. Seguidor do Romanticismo.

    1. Que ou quen é propenso á exaltación do sentimento, da fantasía ou da paixón.

    2. Que provoca unha actitude sentimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición musical, xeralmente de carácter instrumental, dun elevado ton lírico. Destacan as romanzas de Beethoven para violín e orquestra (opus 40 e 50).

    2. Canción lírica introducida dunha maneira destacada no contexto dunha ópera ou dunha zarzuela.

    3. Canción estrófica breve, de carácter lírico, propia da música francesa. Apareceu no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arremeter cos cornos, un animal.

    2. Tropezar ou bater con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Festa popular arredor dun lugar santo.

    2. Afluencia continuada de xente a un lugar.

    3. iaxe de peregrinos, especialmente a feita por devoción a un santuario. Tradicionalmente distinguiuse entre romeiro, o que visita as tumbas dos santos apóstolos Pedro e Paulo en Roma; palmeiro, o que visita os lugares santos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo en Xerusalén; e peregrino, o que visita a tumba do apóstolo Santiago en Compostela. Desde o punto de vista histórico-relixioso, trátase da viaxe emprendida, individual ou colectivamente, para visitar un lugar santo, onde se manifiesta dun modo particular a presenza dun poder sobrenatural. Considerada desta maneira, atópase desde a prehistoria en case todas as relixións, agás no brahmanismo máis antigo e na primitiva doutrina búdica. No mundo prehistórico e clásico a súa meta podían ser lugares naturais, ríos, fontes, montañas, cavernas ou grutas en cuxa proximidade, en moitos casos, se levantaron posteriormente santuarios dedicados a algunha divindade. Tamén tiña por obxecto cidades ou templos consagrados polo recordo ou a presenza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rendar (O Incio). Realizada con muros de cachotaría de lousa, presenta planta rectangular e cuberta a catro augas. Nun dos ángulos sitúase unha capela acaroada amodo de torre e cuberta cunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO