"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende odres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ofrenda anual que realizan ao Santísimo Sacramento na catedral de Lugo as cidades que formaron o Antigo Reino de Galicia: Tui, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. Esta tradición xurdiu por acordo da Xunta do Reino de Galicia en 1669, co fin de doar unha cantidade de diñeiro para dotar o altar da catedral lucense da cera ou velas que necesitara durante o ano para iluminar as reliquias de Xesús Cristo. Realízase desde 1672, efectúase o domingo seguinte á festividade do Corpus Christi e preséntaa o alcalde dunha das sete capitais históricas, que só entregan unha cantidade simbólica.
-
PERSOEIRO
Biólogo molecular xaponés. Profesor na Universidade de Nagoya, descubriu os segmentos de Okazaki, cadeas curtas de ADN que na súa duplicación se sintetizan por separado e se unen despois para formar a cadea seguida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. Colaborador das revistas A Águia, Atlântida, Ave Azul e Seara Nova, foi un dos principais representantes do saudosismo, que reflectiu nas súas composicións. Da súa abondosa obra destacan Alma religiosa (1910), Verbo ser e verbo amar (1926) e os sonetos Saudade nossa (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tira, cordón ou franxa que se pon por riba dos ombros nas pezas de roupa, especialmente nos uniformes, como adorno ou distintivo do nivel de xerarquía ou grao profesional.
-
Anaco de tea acolchada que se coloca na parte interior dos ombreiros dalgunhas pezas de roupa para marcalos ben.
-
Parte da indumentaria deportiva ou militar que ten a función de protexer os ombros.
-
-
-
Rexión superior e lateral do corpo, situada a cada lado do pescozo, que inclúe a articulación escapoumeral. Está formada por tres ósos: a extremidade externa da clavícula, a parte superior da omoplata e o extremo do úmero, e polos músculos que os recobren.
-
Parte dunha peza de roupa que cobre o ombro.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño en Ombreiro (Lugo) na estrada a Vilalvite. Realizada no s XIX en cantaría, ten catorce vans con tallamares arredondados e arcos rebaixados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia constituída no Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) entre 1919 e 1921. Os seus dirixentes máis destacados foron Aleksandra M. Kollontaj, A. G. Šliapnikov e S. P. Medvedev. Denunciaba a burocracia no seo do partido e do estado soviético, e reivindicaba un papel máis importante dos sindicatos na sociedade e na economía. Combatidas as súas teses no XI Congreso do PCUS, o grupo disolveuse pouco despois.
-
-
Apelido de orixe galega.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, unha flor de lis, de ouro, cantonada de catro torres, de prata. Outros traen, en campo de ouro, un salgueiro, de sinople, cargado cunha panela, de goles, perfilada de prata.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato escindido de Comisiones Obreras entre 1972 e 1979. Foi unha organización comprometida coa problemática nacional galega e xurdiu para loitar por un cambio social e político profundo. Axudou a que a Unión do Pobo Galego (UPG) e o Sindicato Obreiro Galego (SOG) tiveran o seu espazo dentro da clase obreira. A súa estrutura estaba formada por un comité executivo e varios comités de zona, onde se integraban células de militantes e simpatizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica fundada en 1847 en Viena polo emperador Fernando I, que xa fora proxectada en 1676 por Leibniz. Ten 113 membros e consta de dúas seccións, unha de ciencias matemáticas e naturais e outra de historia e filosofía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca fundada en Viena en 1526 por Fernando I. Instalada desde 1623 no antigo palacio imperial, en 1727 pasou a ocupar o edificio de estilo barroco construído por J. B. e J. E. Fischer von Erlach. Foi sucesivamente enriquecida por bibliotecas como a da familia Fugger (1656) e a do príncipe Uxío (1737), e tamén polas achegas obtidas pola secularización de bibliotecas eclesiásticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ostra’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cultivo de ostras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten viveiros de ostras e as cría industrialmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte do cultivo e a cría de ostras, especialmente a grande escala. Os ovos fecundados que se desenvolveron nas galadas da ostra saen ao exterior como larvas trocóforas planctónicas e mantéñense en recipientes, onde se desenvolven. Despois fíxanse nun substrato idóneo ata que acadan de 2 a 3 cm, que é cando se trasladan aos parques de cultivo e se fixan ás cordas con cemento ou postas dentro da auga en bolsas de rede penduradas de armazóns, ata que acadan o desenvolvemento total.
-
-
Relativo ou pertencente aos ostreidos.
-
Molusco da familia dos ostreidos.
-
Familia de moluscos, da subclase dos lamelibranquios, que son xeralmente monomiarios ou moi anisomiarios, hermafroditas e sen sifóns, pé nin glándula do biso. As dúas valvas son diferentes e a charneira non ten dentes. En Galicia está representada polo xénero Ostrea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a forma dunha ostra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se crían ostras ou onde hai unha gran cantidade. En ostreicultura, escóllense os lugares máis protexidos da costa para facer alí as instalacións necesarias, que consisten basicamente en series de paus paralelos dos que se penduran as bolsas de rede que conteñen as ostras ou ben as cordas onde son enganchadas con cemento. Antes da comercialización das ostras hai que proceder á súa depuración.