"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Planta herbácea de follas espiñentas, que serven como protección fronte aos herbívoros, á vez que reduce a superficie foliar e minimiza a transpiración. Pertence á familia das asteráceas, das apiáceas ou das dipsacáceas. Os cardos poden presentar espiñas no talo e nas brácteas dos capítulos. En Galicia as plantas denominadas como cardos da familia das asteráceas pertencen aos xéneros Carduus, Carlina, Carthamus, Cirsium, Cnicus, Cynara, Galactites, Onopordum, Picnomon, Scolymus, Silybum e Xanthium. O xénero Carduus está constituído por plantas de ata 150 cm de altura, con capítulos en grupos terminais de flores, en flósculos violáceos globosos con numerosas brácteas rematadas en espiña e froitos con pelos que portan pequenos dentes. En Galicia son comúns en terreos incultos e nas beiras dos camiños as especies: C. carpetanus, planta perenne de follas cubertas de tomento polo envés; e C. tenuiflorus, planta anual de follas sen pilosidade aparente. O xénero Carlina está formado por...
-
Motivo decorativo característico do gótico que reproduce as follas do cardo.
-
Persoa de temperamento arisco e intratable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ía central lonxitudinal, localizada nas cidades e nos campamentos romanos, orientada de N a S, e atravesada perpendicularmente polos decumani. As vías menores paralelas ao cardo maximus chamábanse cardines, do mesmo xeito que os decumani eran vías menores paralelas ao decumanus maximus.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, á beira do río Cardener (5.882 h [1996]). A súa principal actividade económica é a minería. En 1912 descubríronse xacementos de sal potásico. As minas desta zona empezaron a producir silvinita e carnalita en 1929. A explotación da Unión de Explosivos Río Tinto chegou a producir máis dun millón de toneladas de materia bruta. En 1990 a mina parou oficialmente, aínda que segue a extracción de sal industrial. Tamén é importante a gandería porcina, ovina, cabrúa e de animais de granxa. Hai tamén fábricas téxtiles e de fíos metálicos. Sobre un outeiro está o castelo de Cardona, coa igrexa románica de San Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador. Descubriu con Joan M. Mundó o Salto del Ángel en 1928 e, en solitario, as fontes do Canoní. Trala morte do seu compañeiro, proseguiu as exploracións na selva coa finalidade de fixar puntos xeodésicos para a cartografía de Venezuela. Participou, traballando como guía, na expedición franco-venezolana para o descubrimento das fontes do Orinoco (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. As súas composicións son heteroxéneas, cheas de rostros humanos, elementos caligráficos e inscricións. Estivo relacionado co Grup Parpalló e formou parte dos grupos plásticos Crónica de la Realitat e Intrarealisme. Entre as súas obras salientan: Retaules de la gent (Retablos da xente, 1956), Massacres (Masacres, 1967) e Naufragis (Naufraxios, 1979). En 1971 obtivo o premio de debuxo Ynglada-Guillot.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobiliaria catalá de finais do s X orixinaria do castelo de Cardona. A extensión dos seus dominios pola Catalunya central e a explotación das minas de sal convertérona económica e politicamente na familia máis poderosa da Catalunya medieval. Iniciouse con Ramon Folc I (? 1040-Maldá 1086), primeiro vizconde de Cardona; entre os seus sucesores cómpre salientar a Hug Folc II (1334-1400), para quen Pedro IV de Aragón creou, en 1375, o condado de Cardona, e Joan Ramon Folc IV (1486-1513), home de confianza de Fernando o Católico, investido en 1491 co ducado de Cardona. A extinción da liña masculina e os sucesivos enlaces matrimoniais uniron a casa de Cardona coa de Aragón, cos Fernández de Córdoba e cos duques de Medinaceli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘maceira’.
-
-
De cor morada.
-
Aplícase a cor parda e algo clara do gando vacún.
-
Que é áspero como a textura dos cardos.
-
-
PERSOEIRO
Pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa e en 1906 trasladouse a París onde traballou como debuxante e caricaturista. Coñeceu as propostas de Modigliani e do cubismo. Baixo a influencia de Delanunay, evolucionou cara á abstracción decorativa e colorista plasmada en Cavaleiros. En 1913 participou nos EE UU, xunto con outros artistas cubistas, na mostra Amor e Show. Regresou a Portugal en 1914 e axiña entrou en contacto co grupo futurista. As súas últimas obras estiveron marcadas pola mestura das propostas vangardistas europeas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Cultivou a pintura mural, o retrato e as escenas de xénero. Entre as súas obras destaca A Morte do boi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Especializado na construción de pontes realizou, entre outras, a da Arrábida (1963) e a de São João (1991), ambas as dúas no Porto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e político. Profesor da Universidade de São Paulo, exiliouse tralo golpe de Estado de 1964. Traballou en Francia, Arxentina e Chile como director adxunto da Comisión Económica para América Latina (1964-1969). Xa de volta no seu país, fundou o Centro Brasileiro de Planificación e Análise (CEBRAP), do que foi director desde 1969 a 1982. Entre 1983 e 1992 foi representante por São Paulo no Senado brasileiro. En 1988 fundou o Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB). Como ministro de Facenda (1993-1994), promoveu un plan de estabilización económica cunha nova unidade monetaria (o real), dolarizou a economía brasileira e reduciu a taxa de inflación mensual do país. Nas eleccións de 1994 foi elixido presidente da República e durante o seu mandato Brasil adheriuse ao Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares (NPT). Foi reelixido presidente en 1998. Entre outras obras, publicou: Dependência e desenvolvimento en América Latina (1969), Política e desenvolvimento em América Latina...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Exiliouse a México onde realizou a súa obra. Publicou os libros de poemas Luna Park (1924) e El hombre y la encrucijada (1950), e diversas obras de ensaio como Guatemala, las líneas de su mano (1955) e Guatemala con una piedra adentro (1983), nas que expresaba a nostalxia do seu país. Recolleu as súas ideas estético-literarias en Perfiles (1964) e Dibujos de ciego (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e arqueólogo. Estudiou na escola militar e acadou o grao de coronel. No eido da arqueoloxía, destacou no estudo dos castros do Ferro, como o de Briteiros e Sabroso, e na investigación sobre a ourivería prehistórica e sobre as relacións entre Galicia e Portugal na época castrexa. Foi director do Museo Arqueológico da Sociedade Martins Sarmiento en Guimarães. Colaborou en publicacións galegas como Nós e publicou Notícia resumida das ruínas arqueológicas de Briteiros e Sabroso (1929) e Citânia e Sabroso (1930), entre outras obras. Foi membro e presidente da Sociedade Martins Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Artistas italianos establecidos en España dende 1585, coñecidos como Carducho. Bartolomeo Carduci (Florencia 1560 - Madrid 1610), pintor, arquitecto e escultor. Chegou a El Escorial como axudante de Federico Zucaro, con quen traballou no retablo maior da igrexa. Realizou tamén pinturas na biblioteca e en 1598 foi nomeado pintor de cámara. O seu irmán, Vincenzo Carduci (Florencia 1576 - Madrid 1638), tamén pintor, chegou á Península na súa compaña e converteríase co tempo en discípulo seu. Nomeado pintor de cámara en 1609, a súa obra evolucionou cara a un realismo acusado plasmado na obra Predicación de San Juan Bautista (1610) e introduciu un espírito cada vez máis impoñente e monumental, como se reflicte no retablo maior de Guadalupe. Seguiu as premisas dun naturalismo pouco extremo, do concepto cromático veneciano e da preocupación polos contrastes lumínicos pouco violentos, características que se amosan nos lenzos realizados para...
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario italiano. En 1853 trasladouse á escola normal de Pisa, onde se graduou en 1855. Exerceu a docencia e traballou co editor Barbera na edición de clásicos, ata que en 1860 obtivo a cátedra de Literatura Italiana na Universidade de Boloña, posto que ocuparía ata o ano 1904. Nun principio profesou ideas republicanas, pero posteriormente optou pola monarquía e foi nomeado senador en 1890. Concibiu a poesía como unha volta á propia tradición clásica, como un canto, oposto ao sentimentalismo popularista dos últimos románticos. Opúxose ao verismo e a todo tipo de esteticismo influído por correntes alleas á tradición propia, como o decadentismo ou o parnasianismo. A súa poesía ten como base unha adhesión aos obxectivos da revolución garibaldina e exalta o heroísmo dos homes e os feitos relacionados co pasado histórico. Na súa produción destaca Juvenilia (1850-1860), onde recolle os poemas de xuventude; o célebre poema A Satana (A Satanás, 1863), no que...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade galesa, considerada na tradición literaria da materia da Bretaña como residencia frecuente do rei Artur. Aparece, sobre todo, nos textos franceses máis antigos e adoita identificarse con Carliste, cidade de Cumberland, ao norte de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos frinxílidos ao que pertencen os liñaceiros, os úbalos, os verderolos e os xílgaros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de peixes, maioritariamente da mesma especie e idade, que se desprazan e alimentan xuntos para aproveitarense do beneficio mutuo que supón a cooperación en grupo á hora de detectar depredadores e alimento. As máis das veces, os peixes que forman cardumes son de cor prateada. OBS: Aplícase, fundamentalmente, ás sardiñas ou aos atúns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas á que pertencen algúns cardos.