"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Militar. Desde 1920 a súa carreira militar desenvolveuse na Coruña. En 1936, sendo comandante, coordinou as tropas sublevadas en Galicia e, en 1937, ascendeu a xeneral de brigada. Realizou traballos de topografía, óptica e astronomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos primeiros libros poéticos de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) editado, xunto con Poemas do sí e non, en Santiago de Compostela en Ronsel polo alacantino Arturo Cuadrado en 1933. Neste poemario recolle vinte cantigas que o autor declarou ter escrito “en Compostela por Páscoa Frolida do mil novecentos trinta e tres” cando ademais estreaba “nunha primavera feliz, un corazón novo do trinque”. Ao parecer os poemas foron polo menos soñados nunha mesma xornada e levados ao papel en poucos días. O autor sentiuse influenciado polo que denominou “aquel fermosísimo vento da nosa literatura medieval”, un vento que mobilizou a outros escritores da súa época e que estaba en sintonía con importantes edicións dos anos 20 e 30 das cantigas de amor e de amigo, e tamén coas aulas que impartía o catedrático Armando Cotarelo Valledor. A pesar disto, o propio autor renegaba de ser reducido como poeta á categoría de neotrobadoresco, aínda que a súa poesía sempre se considerou fresca e lixeira, desprovista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore duns 30 m de altura e de pólas moi desenvolvidas, estendida por todas as zonas intertropicais, aínda que é orixinaria de América. Do seu froito obtense o capoc e das súas sementes extráese un aceite que ten aplicación na fabricación de xabóns e na alimentación.
-
-
Relativo ou pertencente á caquexia.
-
Que padece caquexia.
-
-
RIOS
Río da Amazônia, afluente do Amazonas (2.800 km), que nace na Cordillera Oriental, en Colombia, e entra na chaira do Amazonas salvando os últimos contrafortes da cadea andina. Posúe afluentes moi caudalosos como o Caguán. É de difícil navegación, xa que no seu percorrido hai numerosos rápidos e fervenzas. Preto da fronteira con Brasil, en Tefé, toma o nome de Japurá.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (88.965 km2 ; 311.464 h [1997]). A capital é Florencia (114.848 h [1997]). A división administrativa está formada por cinco municipios. Esténdense desde o monte andino ata o Araracuara, en plena selva amazónica. Está drenado por numerosos ríos, como o Ajajú, o Yari e o Orteguaza, todos afluentes do río Caquetá. A composición principal do solo baséase en rochas metamórficas, areeiras do Cretáceo e rochas sedimentarias do Cenozoico. O territorio, ocupado pola selva tropical, está practicamente deshabitado, agás algunhas zonas onde viven comunidades indíxenas. A temperatura media anual oscila entre os 27°C e os 29°C. A principal actividade é a agricultura, sobre todo o cultivo de plátano, cacao e cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado patolóxico froito dunha alteración profunda do organismo como consecuencia do funcionamento deficitario dos sistemas metabólicos nos que o catabolismo predomina sobre o anabolismo. O paciente sofre un adelgazamento importante ao minguar primeiro a graxa e despois a masa muscular do organismo. A pel engúrrase e palidece, o cabelo cae e a forza muscular diminúe. Presenta graos variables de anemia, trastornos dixestivos, edemas, amenorrea e impotencia sexual. A caquexia chámase primaria cando se orixina pola falta de inxesta de alimentos, e secundaria cando está provocada por certas enfermidades. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
-
Aplícase á cor entre o ocre amarelado e o verde agrisado.
-
Tecido de algodón ou la desta cor, empregado para a confección de uniformes militares.
-
-
-
Árbore caducifolia de 10-15 metros de altura, de copa redonda, con follas ovaladas elípticas, grosas e de reverso pubescente. Presenta flores amarelas e froito comestible, esférico ou cordiforme, con pel dun amarelo encarnado e polpa micilaxinosa, de cor laranxa. Orixinaria de China e Xapón, estendeuse polos países mediterráneos e por California, Florida, etc. Plántase polos seus froitos e pola madeira, densa, elástica e resistente, empregada para facer lanzadeiras, paos de golf, etc. É unha árbore de climas meridionais e temperados, pero pode resistir fríos intensos se se cultiva en rexións secas.
-
Froita comestible da árbore do mesmo nome. Ten cor encarnada, a pel moi fina, o tamaño dunha laranxa e un sabor moi doce. A polpa, carnosa e moi delicada, é de difícil conservación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Carrillo de Toledo y Chacón.
-
-
Relativo ou pertencente a Caracas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Caracas.
-
-
GALICIA
Avogado e xornalista. Despois de licenciarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, gañou a praza de catedrático de Dereito Administrativo e Economía Política da Universidad de San José de Costa Rica. Alí exerceu como redactor da revista El Foro. Ao seu regreso a Ourense, obtivo o cargo de tenente fiscal da Audiencia Provincial e ingresou no Partido Republicano. Dirixiu o semanario La República. Despois dese período, en 1910 marchou novamente a Bos Aires como correspondente de Vida Gallega e Noticiero de Vigo. Ademais colaborou en Acción Gallega, Suevia e Correo de Galicia e traballou como redactor en La Nación. Vinculado á Casa de Galicia, fundou a agrupación antiforal A Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e político. Profesor da Universidade de São Paulo, exiliouse tralo golpe de Estado de 1964. Traballou en Francia, Arxentina e Chile como director adxunto da Comisión Económica para América Latina (1964-1969). Xa de volta no seu país, fundou o Centro Brasileiro de Planificación e Análise (CEBRAP), do que foi director desde 1969 a 1982. Entre 1983 e 1992 foi representante por São Paulo no Senado brasileiro. En 1988 fundou o Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB). Como ministro de Facenda (1993-1994), promoveu un plan de estabilización económica cunha nova unidade monetaria (o real), dolarizou a economía brasileira e reduciu a taxa de inflación mensual do país. Nas eleccións de 1994 foi elixido presidente da República e durante o seu mandato Brasil adheriuse ao Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares (NPT). Foi reelixido presidente en 1998. Entre outras obras, publicou: Dependência e desenvolvimento en América Latina (1969), Política e desenvolvimento em América Latina...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre a Popa, a Vela, o Centauro, o Camaleón, o Peixe voador e o Cabalete de Pintor. Está formada por 206 estrelas visibles para o ollo humano, entre as que están unha de primeira magnitude, tres de segunda e tres de terceira. A principal é α-Carinae ou Canopus, que é unha estrela superxigante de magnitude aparente -0,86 e situada a unha distancia de 365 anos luz. Antigamente se consideraba parte da constelación de Argón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de excreción ou de exosmose dalgúns elementos do núcleo celular.
-
PERSOEIRO
Político. Conde de Peña Ramiro e membro do Partido Conservador, exerceu como deputado por Palma de Mallorca (1866) e Becerreá (1907). Foi tamén senador vitalicio desde 1897 e gobernador civil de Madrid en dúas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aftas de pequena dimensión que se producen na mucosa bucal das persoas, especialmente na lingua dos meniños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Chama
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar cunha alta densidade de carqueixas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carqueixal.