"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Maceda. Non se sabe con certeza se tivo unha orixe defensiva ou se foi unha residencia fortificada. Trátase dun edificio de planta cadrada rodeado dun recinto amurallado de forma poligonal no que sobresaen dúas torres de planta semicircular. Na vivenda destaca a portada principal cunha solaina balconada. Está documentado que o castelo se entregou en dote a dona María Fernández, filla do conde de Traba Pedro Froilaz, polo seu casamento con don Xoán de Ares de Novoa.
-
PERSOEIRO
Poeta. Emigrante na Arxentina, colaborou en diversos xornais e cofundou, xunto con Teodoro Campos e Eliseo Alonso, a revista Mundo gallego. Pertencente á Xeración do 36, publicou, Penas son cantares (1951), Nouturnio de soedades (1952), Muiñada noitébrega (1955), Canto y grito (1956), Terra aluciada (1959), Desde el tiempo (1966), Otoño en soliloquio (1972) , España en lonjas (1975) e Os meus cantiles (1981). Como pintor, expuxo na Galería Lucense de Bos Aires. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, está considerado como un dos introdutores do racionalismo en Ourense, cidade onde foi arquitecto municipal desde 1925. Contribuíu ao desenvolvemento urbano da cidade e durante a década de 1920 e 1930 realizou a igrexa de Fátima no barrio do Couto, a Praza de Abastos (1929) e o traslado da igrexa de San Francisco ata o Parque de San Lázaro e a súa ordenación, entre outras obras. Nas súas creacións de carácter privado empregou elementos eclécticos ornamentais próximos ao clasicismo e ao art decó, aínda que cada vez máis abertos ao racionalismo arquitectónico; exemplo disto foi a Casa de los Conde (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e empresario. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en asuntos marítimos en Alemaña, Francia e Inglaterra. Axente de aduanas, titulouse en dirección de empresas e actividades turísticas. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vigo (1984-2001), vicepresidente da Xunta do Porto e Ría de Vigo, do primeiro comité executivo da organización territorial pontevedresa da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e do Grupo Corporación Noroeste. Desenvolveu a súa actividade empresarial en Fernando Conde y Compañía, Antonio Conde Hijos-Canarias, S A e Promociones Vigo, S A, e pertenceu aos consellos de administración das empresas do Grupo Corporación Noroeste, S A. Fundou a Asociación Provincial de Agencias Marítimas (1977) e colaborou na fundación, en 1977, da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Medicina e Radioloxía. Foi presidente do pavillón España da Facultad Universitaria de Ciencias Médicas do hospital Miguel Enríquez, antes coñecido como La Benéfica, pertencente ao centro galego de La Habana, secretario de propaganda da Federación de sociedades galegas de Cuba e presidente da comisión nacional de docencia de posgrao de radioloxía. Ademais, deseñou o novo plano de estudios de medicina de Cuba. É o fundador e editor das revistas Archivos del hospital Universitario Calixto García e Archivos de la nueva medicina La Benéfica. Realizou diversos estudios científicos sobre a saúde da comunidade galega en Cuba. É autor de Tumores de fibra muscular del estómago, Clínica y terapéutica quirúrgica del profesor Vicente Banet e Enseñanza problemática en medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987). Director de publicacións do Consorcio de Santiago, é autor, documentalista histórico e coordinador de varias publicacións e artigos relacionados coa cidade de Santiago: Voces en Compostela (1993), Edificios nobles y pazos urbanos (1993), Claustros de Compostela (1993), Compostela ciudad histórica y universitaria (1993), Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España (1994), Santiago de Compostela (1995), Cotiá Compostela (1999) e Descubre Compostela en 7 días (2000). Exerceu como comisario e director de exposicións de arte (Artistas Noveis. Suso Noya, 1995; Prata sobre pedra, 1996; Dúas culturas, unha arte. O realismo xaponés no occidente europeo, 1997; Villafínez/Vilafíns. A cor e a luz, 1998; Villafínez 1892-1970, 1998; Ramón Vázquez Molezún, pintor, 1998; e Fauna (esculturas de José Francisco López Noya...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou nunha fábrica de curtidos en Inglaterra antes de regresar á súa vila natal para facerse cargo da empresa de curtumes do seu pai. O primeiro proxecto que acometeu foi a modernización da fábrica familiar e a creación dunha importante explotación gandeira de carácter industrial. Non obstante , a súa obra máis coñecida é a dotación de electricidade á cidade de Ourense para o que construíu a estación térmica do Campo dos Remedios, no Miño. Tamén foi o construtor dos saltos dos ríos Loña, Arnoia e Mao. Exerceu, ademais, como membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e como secretario da Comisión de Monumentos de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ferreiro. Realizou unhas reixas de ferro para o mosteiro de Vilanova de Lourenzá en 1650.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras. En 1825 proxectou e dirixiu a construción da fonte da praza das Praterías e realizou a escaleira da praza da Acibechería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Manuel López Conde.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que condiciona.
-
PERSOEIRO
Escultor, pintor e escritor italiano. Discípulo de Michelangelo, publicou Vita de Michelangelo Buonarroti (Vida de Michelangelo Buonarroti, 1553), concibido como corrección ás afirmacións realizadas por Giorgio Vasari en Le Vite de’piú eccellenti architetti, pittori et scultori italiani (Vidas dos máis eminentes pintores e escultores italianos, 1550).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cranio de tipo cartilaxinoso que aparece en todos os vertebrados en estado embrionario e que persiste no estado adulto nos agnatos e condritios.
-
-
Compoñente real do vector admitancia Y nun circuíto de corrente alterna. Simbolízase por G, e vale G=RY 2 , onde R é a resistencia. No caso de corrente continua, a condutancia é a inversa da resistencia: G=1/R. A súa unidade de medida no SI é o siemens.
-
admitancia.
-
Condutancia dun electrólito que contén un equivalente gramo da substancia disolta, medida entre dous electrodos paralelos situados á distancia de 1 cm e de superficie suficiente para conter o volume necesario.
-
condutividade eléctrica.
-
permeancia.
-
transcondutancia.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Treviso, Veneto, Italia (34.764 h [1991]). A base da súa economía é a industria, principalmente a produción de viño e algodón. Pertenceu á Serenissima Republica di Venezia (1420-1797). Durante o s XIX estivo dominada polas tropas francesas e austríacas. Do seu patrimonio destacan o Duomo (ss XIV-XV), a igrexa de San Rocco (s XVIII), cunha fachada inaugurada en 1901, o Palazzo Municipale (s XVIII) e o Teatro Accademia (s XIX).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo. Traballou en numerosas montaxes de grupos galegos como Teatro da Mari-Gaila, a Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, así como no Centro Dramático Galego. Entre as súas escenografías poden contarse as dos espectáculos Woyzeck (1984), Xoana (1985) e Rei Lear (1990). No ano 1997 recibiu o Premio María Casares á mellor escenografía polo espectáculo Noite de Reis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión política que agrupou os estados alemáns setentrionais entre 1867 e 1871, e que substituíu a Confederación Xermánica trala derrota de Austria por Prusia na Batalla de Sadova (1866). A creación desta nova Confederación por Bismarck illaba a Austria do conxunto de estados alemáns e consagraba a hexemonía prusiana. Formada por 22 estados, a súa Constitución dotouna dunha estrutura federal e centralista. Guillerme I de Prusia detentaba o poder executivo e Bismarck era o seu chanceler federal. O poder lexislativo articulábase en dúas cámaras: o Reichstag ou parlamento, elixido por sufraxio universal pero con poderes limitados, e o Bundesrat ou consello federal, formado polos representantes dos estados. O goberno común controlaba as forzas armadas, as comunicacións, as aduanas e dirixía o comercio e a política exterior. Os soberanos locais tiñan autonomía administrativa, xudicial e financeira. Os catro estados de Alemaña do Sur (Baden, Baviera, Hessen-Darmstadt e Württemberg) mantivéronse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización integrada por 47 federacións e confederacións provinciais ou autonómicas, compostas por 12.000 asociacións de pais de alumnos, que operan nos centros públicos de ensino e algunhas no sector privado. Está representada no Consejo Escolar del Estado. En Galicia integra un número considerable de asociacións agrupadas, á súa vez en varias federacións provinciais e comarcais.