"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Organismo creado en 1928 e domiciliado en Madrid que agrupa todas as caixas de aforro en España, excepto Caja Postal. No 2001 estaba integrada por 47 caixas e dentro do grupo realizaba funcións de coordinación, información e asesoramento, ademais de actividades crediticias e compensadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación patronal fundada en 1977 que representa a maior parte do sector educativo privado de España dos niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que, á súa vez, están constituídas por uns 5.000 centros, a maioría non confesionais, de distintos niveis e modalidades. Conta con federacións e asociacións espalladas por todas as provincias e existe unha representación autonómica das mesmas. Forma docentes e directivos, especialmente a través do Instituto de Técnicas Educativas (ITE), e publica a revista mensual Actualidad Docente (cun suplemento de información europea, Actualidad Europea), ademais de libros e documentos. Tamén integra as seguintes asociacións e federacións sectoriais: Asociación Estatal de Centros de Enseñanzas Musicales (AECAM), Federación de Escuelas de Música y Centros no reglados de Enseñanzas Musicales del Estado Español (FEM), Asociación Nacional de Escuelas de Turismo (ANESTUR), Asociación Nacional de Centros de Peluquería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política creada en Madrid a comezos de marzo de 1933 que agrupou o partido de Acción Popular, de Gil Robles, a Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía e outros grupos monárquicos, mauristas e democristiáns. Nas eleccións de novembro de 1933 foi o partido que conseguiu máis deputados (115), pero non os suficientes para gobernar en solitario. Alcalá Zamora, presidente da República, encargou a formación de goberno ao Partido Radical liderado por Lerroux, que gobernou en solitario ata outubro de 1934. Nese ano constituíuse un goberno radical-cedista que outorgou tres carteiras a membros da CEDA, feito que desencadeou a Revolución de Outubro de 1934. Centraron a súa acción de goberno en frear o reformismo republicano e convertéronse en instrumento dos grandes propietarios agrarios e industriais. O 6 de marzo de 1935 entraron novamente cinco cedistas no goberno, con Gil Robles no ministerio de Guerra. Nas eleccións de febreiro de 1936, a CEDA perdeu o 20% dos seus postos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Colombia entre 1858 e 1861 trala conversión das provincias da República de Nueva Granada en estados federais. O seu presidente, Mariano Ospina Rodríguez, promulgou a Constitución que rexeu o país. Disolveuse en 1861 co inicio da guerra civil que enfrontou a conservadores e liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional constituída na Haia en 1920. Integrada por sindicatos de obediencia protestante e católica, reconstituíuse no ano 1968, cando abandonaron toda referencia ao cristianismo e adoptaron o nome de Confederación Mundial do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión política que agrupou entre 1815 e 1866 os estados alemáns. Creouse no Congreso de Viena (1815) para manter o equilibrio pola influencia de Austria e de Prusia sobre os pequenos estados alemáns, e para evitar que se formase un país unificado baixo a hexemonía prusiana. Formárona 38 estados soberanos: un imperio (Austria), cinco reinos (Prusia, Baviera, Hannover, Saxonia e Württemberg), oito grandes ducados, dez principados, dez ducados e catro cidades libres (Frankfurt do Main, Hamburgo, Bremen e Lübeck). A presidencia honorífica correspondeu ao emperador de Austria. Participaron tamén o rei de Holanda, como duque de Luxemburgo, o de Dinamarca, como duque de Holstein, e o de Inglaterra, como rei de Hannover. O seu órgano de goberno máis importante foi a Dieta de Frankfurt. Austria velou polo mantemento da Confederación e suprimiu con fortes represións toda tentativa liberal. A tendencia dos estados alemáns cara á unificación favoreceuna Prusia; un primeiro paso foi a unión aduaneira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical italiana fundada en 1906 e controlada polos socialistas ata a chegada de Mussolini. Ao rematar a guerra, socialistas, comunistas e democratacristiáns repartíronse equitativamente as tres secretarías, pero en 1948 estes últimos fundaron a Confederazione Italiana Sindicati Lavoratori (CISL). En 1949, unha parte dos socialdemócratas e dos republicanos, separados tamén da CGIL, fundaron a Unione Italiana del Lavoro (UIL). Durante a primeira metade dos anos setenta, a CGIL participou na radicalización sindical pero máis tarde os comunistas e os socialistas moderárona a causa da crise económica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen participa nunha conferencia para resolver un asunto relevante.

    2. Persoa que pronuncia unha conferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen confesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bekennende Kirche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Seguridade daquel que conta co carácter, a capacidade, a boa fe, a discreción de alguén ou confía en si mesmo ou nalgunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A moita confianza trae consigo a mala crianza.”

    2. Disposición positiva para emprender e tentar conseguir algo.

      1. Relación existente entre persoas que se teñen moita amizade, parentesco ou que se tratan dende hai tempo.

      2. Familiaridade excesiva entre persoas. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    3. Convenio polo que unha persoa entrega e pon un ben determinado a nome doutra, que queda obrigada a darlle o destino concertado e a devolvelo cando desapareza a causa que motivou a entrega.

    4. Estipulación testamentaria mediante a que o testador lle confía a unha terceira persoa a realización de determinados actos que fan posible o cumprimento da súa vontade.

    5. Proposta que lle presentan os gobernos ao xefe de Estado ou aos parlamentos para comprobar o grao de confianza que merecen. A súa continuación no cargo depende dun acordo concreto co primeiro ou da votación dos membros do segundo. Formúlase cando o goberno sente a necesidade de contar co máximo apoio posible dos representantes populares a efectos da adopción de medidas políticas especialmente trascendentes.

    6. Dado un parámetro p a estimar, intervalo [p 1 , p 2 ] tal que a probabilidade que o valor verdadeiro de p pertenza a este intervalo é igual a un valor prefixado 1-α. Os valores p 1 e p 2 son os límites de confianza e 1-α é o nivel ou grao de confianza da estimación. A estimación é tanto mellor canto menor é o intervalo de confianza e maior o grao de confianza.

    7. Estar seguro e tranquilo porque se ten confianza en alguén ou en algo. OBS: Constrúese coa preposición en. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que en si confía, erra cada día.”

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Seguridade daquel que conta co carácter, a capacidade, a boa fe, a discreción de alguén ou confía en si mesmo ou nalgunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A moita confianza trae consigo a mala crianza.”

    2. Disposición positiva para emprender e tentar conseguir algo.

      1. Relación existente entre persoas que se teñen moita amizade, parentesco ou que se tratan dende hai tempo.

      2. Familiaridade excesiva entre persoas. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    3. Convenio polo que unha persoa entrega e pon un ben determinado a nome doutra, que queda obrigada a darlle o destino concertado e a devolvelo cando desapareza a causa que motivou a entrega.

    4. Estipulación testamentaria mediante a que o testador lle confía a unha terceira persoa a realización de determinados actos que fan posible o cumprimento da súa vontade.

    5. Proposta que lle presentan os gobernos ao xefe de Estado ou aos parlamentos para comprobar o grao de confianza que merecen. A súa continuación no cargo depende dun acordo concreto co primeiro ou da votación dos membros do segundo. Formúlase cando o goberno sente a necesidade de contar co máximo apoio posible dos representantes populares a efectos da adopción de medidas políticas especialmente trascendentes.

    6. Dado un parámetro p a estimar, intervalo [p 1 , p 2 ] tal que a probabilidade que o valor verdadeiro de p pertenza a este intervalo é igual a un valor prefixado 1-α. Os valores p 1 e p 2 son os límites de confianza e 1-α é o nivel ou grao de confianza da estimación. A estimación é tanto mellor canto menor é o intervalo de confianza e maior o grao de confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao territorio que limita con outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que vai recibir o sacramento da confirmación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen confirma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conforta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Pontenova. Construíuse entre 1662 e 1664 segundo os planos do arquitecto e rexedor de Viveiro Diego Ibáñez Pacheco. Consta dunha nave dividida en tres tramos e con cuberta abovedada. No interior destaca a decoración pictórica das bóvedas de finais do s XVIII. No exterior destaca a portada renacentista formada por un arco de medio punto situado entre pilastras estriadas e cun frontón rematado con acroteras. A torre, pegada á fachada, está formada por catro corpos que rematan nun chapitel.

    VER O DETALLE DO TERMO