"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de consubstancial.
-
PERSOEIRO
Médico, agrónomo e intelectual ilustrado. Estudiou medicina nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, onde ocupou unha cátedra de Física Experimental e Agricultura. Defendeu o racionalismo, a observación e a experimentación fronte á filosofía escolástica e peripatética, feito que lle ocasionou problemas coa Inquisición; así mesmo, amosou unha gran preocupación polo ensino das ciencias utilitarias e a súa aplicación á realidade económica galega. Centrou a súa análise na industria do liño e achegou importantes recomendacións para o seu desenvolvemento; así, propuxo reformas técnicas, como a difusión da roda de fiar, o branqueo anterior ao tecido, o emprego do liño para lenzos finos e non para panos, etc. Escribiu, entre outras obras, Memoria sobre el conocimiento de las tierras, verdadero y económico método de cultivarlas (1786), Ensayo sobre hidráulica rústica (1788) e Memoria físico-económica sobre el mejoramiento de los lienzos gallegos por todos los medios conocidos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen consulta.
-
-
Que contamina.
-
-
Substancia estraña ou que se dá en exceso nun organismo, nun ecosistema, etc. Poden clasificarse segundo diversos criterios: pola súa procedencia (naturais ou sintéticos); pola súa degradabilidade e pola súa natureza (química, orgánica, acústica, térmica, etc).
-
contaminante de alimentos
Produto químico (metal, insecticida, elemento radioactivo, etc) ou material biolóxico (microorganismos, animais, etc) que se incorpora accidentalmente a un produto alimentario durante a colleita, o transporte, o proceso de transformación ou o de almacenamento.
-
contaminante precursor
Contaminante atmosférico primario que dá lugar, xeralmente por unha transformación fotoquímica, a un contaminante secundario.
-
contaminante primario
Contaminante que conserva a estrutura do momento de ser emitido.
-
contaminante secundario
Contaminante resultante das reaccións espontáneas que sufriron un ou varios contaminantes primarios.
-
-
-
PERSOEIRO
Militar e político guineano. En 1984 encabezou un golpe de estado e proclamouse presidente, cargo no que foi confirmado tras as eleccións presidenciais de 1993 e 1998. Mantivo unha política autocrática e tivo que facerlle fronte a un frustrado golpe de Estado en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1995 baixo o subtítulo “Revista da Asociación de Escritores en Lingua Galega”. O consello de redacción está formado por Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Carlos L. Bernárdez, Luisa Villalta e Rafael Villar. O seu primeiro número titulouse “Poesía galega hoxe: dúas xeracións do século”, e nel insírense, á parte dun estudo de Miguel Mato Fondo, unha escolma poética en galego, francés, inglés e castelán de Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra, Manuel María, Bernardino Graña e Xohana Torres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de contemporáneo.
-
-
Aplícase á persoa ou á cousa que é do mesmo tempo ou época ca outra persoa ou cousa.
-
Relativo ou pertencente á época actual.
-
Na división cronolóxica da historiografía occidental, período que sucede á Idade Moderna. Esténdese dende a época da Revolución Americana (1763-1783) e da Revolución Francesa (1789) ata a actualidade. Trátase dun concepto que, ademais da historia, se aplica ás diversas manifestacións culturais e sociais, entre outras, á filosofía, arte, economía, socioloxía e política.
-
Dende un punto de vista cronolóxico a arte contemporánea esténdese dende finais do s XVIII coa aparición do neoclasicismo, movemento que xurdiu como resposta á exuberancia rococó e que estivo en vigor ata principios do s XIX. No eido da arquitectura destacaron Soufflot, Chambers, R. Adam, K. F. Schinkel, Ventura Rodríguez e Juan de Villanueva. Xunto a eles desenvolveuse a arquitectura utópica de Ledoux e Boullée, que aínda que non foi levada á práctica, foi un referente para a arquitectura dos ss XIX e XX. No eido da escultura sobresaíron A. Canova e B. Thorwaldsen, e na pintura David e Ingres. Coetáneo deles foi Goya, pero a súa pintura non pode encadrarse nun determinado estilo, pois evolucionou dende as formas rococós e neoclásicas ata as impresionistas e expresionistas. A liberdade promulgada polos movementos políticos do s XIX reflectiuse na arte do romanticismo co rexeitamento por parte do artista das normas impostas polas academias. Na arquitectura, o eclecticismo historicista caracterizouse...
-
O s XX iniciouse co desenvolvemento das correntes estéticas que xurdiron nos últimos vinte anos do século anterior (prerrafaelismo, simbolismo, modernismo, decadentismo, saudosismo, etc) que en poucos anos deron paso ás primeiras manifestacións do vangardismo. A poesía finisecular caracterízase pola importancia da musicalidade e do ritmo, reflectido en múltiples innovacións métricas. Entre os seus principais cultivadores destacan en América Latina, entre outros, Rubén Darío, iniciador do modernismo hispánico, Leopoldo Lugones, Amado Nervo ou J. Santos Chocano; en España, Manuel e Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez, nos seus primeiros tempos; en Italia, Gabrielle D’Annunzio, representante do decadentismo; e en Portugal, Teixeira de Pascoaes, cultivador do saudosismo. O simbolismo evolucionou cara á poesía pura, que ten como precursor ao alemán Rainer Maria Rilke, e outros autores, como o francés Paul Claudel, o irlandés W. B. Yeats ou o alemán Stefan George cultivaron estéticas de tipo...
-
No s XX a música participou da influencia das distintas correntes estéticas que naceron ao abeiro do posromanticismo, impresionismo, expresionismo, atonalismo, dodecafonismo e neoclasicismo. Entre os trazos característicos deste período destacan a aparición da música de narrador e orquestra, a diminución da música coral e do lied, o retorno ao contrapuntismo, a difusión da música sinfónica, o nacemento do jazz, a revalorización dos instrumentos de percusión, a aparición da música no cine, a incorporación do ruído á música e o emprego de instrumentos electrónicos e novas fórmulas sonoras. Ata a Primeira Guerra Mundial, a traxectoria de Mahler, Wolf, Richard Strauss e Reger marcou o estilo musical alemán caracterizado, en xeral, por un exceso do uso das modulacións e do cromatismo e por un afán patriótico. Fronte a esta tendencia, empezaron a xurdir reaccións en París e creouse unha escola na que predominaba un maior refinamento e obxectividade, e unha moderación no emprego das figuras musicais....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo poético xurdido en México entre os anos 1917 e 1931 ao redor da revista Contemporáneos (1928-1931). Formado por José Gorostiza, Xavier Villaurrutia, Gilberto Owen, Carlos Pellicer, Bernardo Ortiz de Montellano, Enrique González Rojo, Jaime Torres Bodet e Salvador Novo, entre outros, supuxo unha reacción con respecto ao modelo das vangardas históricas, representado en México polo estridentismo (1921-1927). A publicación de Canciones para cantar en las barcas (1925), de Gorostiza; Reflejos (1926), de Villaurrutia; e Desvelos (1926), de Owen, marcou a liña de actuación estética -á marxe das diversas traxectorias individuais-, que se consolidou coa aparición da Antología de la nueva poesía mexicana (1928), de Jorge Cuevas, considerada o texto fundacional da poética do grupo. Son poetas próximos á poesía pura cultivada en Europa no período de entreguerras, con preocupacións exclusivamente literarias e interese pola Arte Nova, que comparten un mesmo rigor crítico, o afán experimental e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é do mesmo lugar ca outra persoa.
-
-
Relativo ou pertencente aos contestanos.
-
Individuo do pobo prerromano peninsular dos contestanos.
-
Pobo da Hispania prerromana, probablemente ibero, que na época da conquista romana (fin do s III a C), ocupaba gran parte da actual provincia de Alacant e rexións das provincias de Murcia, Albacete e València.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canterbury Tales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de contos populares editada por Laureano Prieto en 1958. Constitúe a primeira recompilación de narracións populares publicada trala Guerra Civil. Consta de setenta e cinco relatos recollidos directamente dos informantes na bisbarra de Viana do Bolo e transcritos con fidelidade á fala vianesa, polo que se converteron nunha fonte importante para o estudo das variantes dialectais da zona. Precédeos un estudo redactado tamén na fala vianesa no que se establecen as coordenadas xeográficas, etnográficas e dialectais que corresponden á zona. A continuación, organiza os relatos en cinco apartados diferentes, baixo as etiquetas de “contos de encantamentos”, “contos exemplares e relixiosos”, “contos de bulra” (divididos en cinco grupos dependendo da clase de burla practicada ou de quen sexa o afectado), “contos varios” (sección de carácter heteroxéneo que engloba textos sen elementos comúns) e “contos de animais” (cinco relatos que se presentan como continuación dunha colección do mesmo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial de grao inmediatamente inferior ao de vicealmirante na mariña de guerra de numerosos países. Equivale ao grao de xeneral de brigada dos exércitos de terra e de aire.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fíos condutores unidos entre eles e illados da terra, colocados sobre unha antena. Forma un plano condutor que reflicte a imaxe da antena e crea un dipolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto fónico que se produce cando nunha rima se manteñen os sons consonánticos e se cambian as vocais tónicas, átonas, ou ambas as dúas. Pode ser simple, se a identidade entre as consonantes se limita ás situadas en posición postónica; ou dobre, se coinciden tanto na posición anterior como na posterior á vogal tónica. Na tradición poética moderna considérase un medio de enlace entre versos ou un recurso para incrementar a variedade estilística, que posibilita a creación de paronomasias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen contraataca.
-
-
Operar coa balanza ata conseguir o equilibrio entre o que se quere pesar e as pesas que se usan de contrapeso.
-
Anular o efecto dunha cousa con outra que produce o efecto contrario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banda dividida en dúas partes iguais e cada unha cun esmalte diferente, unha de cor e outra de metal; sitúase ao contrario da banda, isto é, da dereita á esquerda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo bandado e partido, cortado, tronchado, no que as bandas de cada parte levan opostos os esmaltes para indicar estas divisións.