"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Botánico alemán. Profesor de botánica nas universidades de Friburgo, Giessen e Berlín. Moi influído polas concepcións idealistas da filosofía alemá do seu tempo, escribiu obras teóricas sobre as relacións do individuo coa súa especie e coa sucesión das xeracións. En 1864 estableceu por primeira vez un sistema botánico que tiña relacións filoxenéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tübingen. Describiu as propiedades rectificadoras de certos cristais binarios e aplicounas á detección das ondas de radio. Inventou un tipo de tubo de raios catódicos. En 1909 recibiu, xunto con Marconi, o Premio Nobel de Física polos seus inventos relacionados coa radio e a telegrafía sen fíos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, actor, locutor de radio e guionista. Como poeta, vinculado á Xeración poética dos 80, participou nos volumes De amor e desamor I (1984), De amor e desamor II (1985) e Igor de Albatros en Selene (1985); publicou os poemarios Banquete (1990), Entre ruinas (1996), Poemas obxeto e visuais (1999), O sangue dos árabes (1999) ou A caricia da serpe (1999). Escribiu a peza de prosa teatral A promesa (1991); A actriz (1993), coa que gañou o XII Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega e o diálogo O amargo camiño de Walter do Outono, incluído no volume colectivo O camiño das estrelas (1993). Como actor participou en diversos espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993), Nin me abandonarás nunca (1995), Hostia (1996), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O Bufón de El-Rei (1997) ou Memoria de Antígona (1998)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña. É secretario das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e pertence aos consellos de redacción das revistas O Ensino, Cadernos do Povo e Nós, onde publicou artigos sobre literatura e sociolingüística. Investigador da literatura medieval galego-portuguesa, especializouse nos xéneros menores. Publicou dúas edicións anotadas de Queixumes dos Pinos e de Cantares Gallegos, de Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, respectivamente, e os poemarios Livro do caminho (1989), e O País dos Nevoeiros (1995). Xunto con Roberto Cordovani e Iolanda Aldrei, escribiu a peza teatral Eva Perón (1994), Premio Compostela de Teatro en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fundado en 1961 en Nova York por Peter Schumann. Desde os seus inicios o grupo adoptou unha posición fondamente crítica fronte a unha sociedade dominada pola guerra, o consumismo e a perda de identidade. Os seus espectáculos, realizados en rúas e parques, construíanse a partir de grandes monecos que lembraban a iconografía relixiosa, coa capacidade suxestiva das imaxes que estes provocaban e coa renuncia á narratividade. Entre as súas propostas, sempre provocadoras e heterodoxas, hai que sinalar A Man Says Goodbye to his Mother (Un home di adeus a súa nai, 1968), The Cry of the People for Meat (O berro da xente pola carne, 1969) ou The Domestic Resurrection Circus (O circo da resurreción doméstica, 1970). A principios da década dos setenta o grupo disolveuse inda que parte dos seus integrantes volveron reunirse para realizar funcións ou propostas concretas como a Anti-Bicentennial (1975), espectáculo presentado na Universidade de California que...
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Influído pola narrativa española e francesa, escribiu farsas populares e comedias. Entre outras obras publicou De klucht van de Koe (A farsa da vaca, 1612) e comedias como Het moortje (O mourisco, 1615) sobre O Eunuco de Terencio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo ucraíno. Fixo estudios sobre a orixe dos meteoros e describiu a súa estrutura. Perfeccionou os estudios de Bessel sobre as colas dos cometas e estableceu tres tipos distintos segundo a curvatura e a composición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Traballou esencialmente en Roma, onde desenvolveu a súa actividade escultórica en monumentos funerarios como o do cardeal Ludovico Lebretto (1465), en Santa Maria in Aracoeli, de Roma, e os de Pietro Riario (1475-1477) e de Raffaello della Rovere, ambos na igrexa dos Santos Apóstolos, tamén na capital italiana. No campo arquitectónico atribuíuselle o palacio de Giovanni della Rovere ou da Cancelleria, en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Realizou estudios musicais en Madrid da man de Emilio Arrieta e, posteriormente, dirixiu a Ópera del Teatro Real e a Ópera de la Unión Artística Musical, e foi director do Conservatorio de Madrid. A súa produción comprende óperas (La Dolores, Guzmán el Bueno), gran número de zarzuelas (La verbena de la Paloma, La bien plantá, El clavel rojo), un oratorio e diversas obras de música sinfónica, de cámara e vocal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. De tendencia surrealista, publicou en 1919 a primeira recompilación de poemas titulada Mont de piété (Monte de piedade) e fundou xunto con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, órgano do dadaísmo, onde publicou Les champs magnétiques (Os campos magnéticos). En 1924 dirixiu a revista La révolution surréaliste e publicou Manifeste du surréalisme (Manifesto do surrealismo). As obras Légitime défense (Lexítima defensa, 1926) e Second manifeste du surréalisme (Segundo manifesto do surrealismo, 1930), foron a reacción fronte á tendencia inicial a unha socialización do surrealismo e ao control marxista en poesía, reacción que en 1935 lle fixo romper co partido comunista francés. En 1941 ante a prohibición de Anthologie de l’humour noir (Antoloxía do humor negro, 1940), marchou a América. Volveu a Francia en 1946, combateu contra o realismo socialista e contra Albert Camus, e fundou diversas revistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Socialista activo, dirixiu a Lanterne e foi cofundador de L’Humanité. En 1901 accedeu á secretaria xeral do Partido Socialista Francés; un ano despois foi elixido deputado e promoveu a lei de separación do Estado e da Igrexa. No 1909 sucedeu a Georges Clemenceau como presidente do Consello. Entre 1912 e 1914 foi ministro de Xustiza e, entre 1915 e 1917, de Asuntos Exteriores. Defendeu a unión dos partidos durante a Primeira Guerra Mundial e na posguerra recomendou unha política flexible con Alemaña. Dimitiu no 1922, aínda que volveu á presidencia do Consello en 1925 e ao ministerio de Asuntos Exteriores entre 1926 e 1932. Foi un personaxe clave, xunto co alemán Stresemann, na elaboración dos tratados de Locarno (1925) e do Pacto Briand-Kellogg (1928). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo multilateral asinado en París o 27 de agosto de 1928 polo que se renunciaba ao recurso da guerra como medio para resolver os conflitos internacionais. Asinado polos representantes de 15 nacións, conseguiu a adhesión doutros 54 estados ata finais de 1929. O documento foi promovido e elaborado polo secretario de Estado para Asuntos Exteriores de EE UU, Frank Billings Kellog, e polo ministro de Asuntos Exteriores francés, Aristide Briand. O pacto non cumpriu os obxectivos previstos, dado que non conseguiu evitar os conflitos que se sucederon na década dos trinta e que culminaron co descrédito total tralo estoupido da Segunda Guerra Mundial.
-
PERSOEIRO
Pintor ourensán. Concorreu á Exposición de Bellas Artes de Madrid no ano 1892 con dous bodegóns de obxectos de China e Xapón de pequeno tamaño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Moi influído polo nouveau roman, escribiu novelas e pezas teatrais de contido psicoloxista e de feitura experimental en lingua afrikaans e inglesa. Publicou Kennis van die Aand (Coñecemento da noite, 1973), prohibida polo goberno do seu país durante anos, An Instant in the Wind (Un momento no vento, 1976), Rumours of Rain (Rumores de chuvia, 1978), A Dry White Season (Unha estación seca e branca, Prix Médicis, 1979) e The Wall of the Plague (O muro da praga, 1984), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica de construción de automóbiles, camións, motores diesel, enxeños marítimos e industriais e maquinaria diversa, fundada no 1952 baixo o nome de British Motor Corporation, que cambiou no 1966 -ó fusionarse coa Austin Motor Company Limited, a Jaguar Cars Limited e a Morris Motor Limited- polo de British Motor Holdings Limited. No 1968 tomou o actual nome ao fusionarse coa Leyland Motor Corporation. En 1974 o estado tomou o control da empresa, que foi reestruturada no 1979 debido á forte crise do sector.
-
PERSOEIRO
Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romántico, editor e folclorista. Propugnou o uso exclusivo do catalán na produción literaria, e foi un dos iniciadores do movemento catalanista. Entre outras obras publicou: La masia dels amors (O casarío dos amores, 1866), Lo coronel d’ Anjou (O coronel de Anjou, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de transmisión no que o intervalo de frecuencias de transmisións se divide en canles separadas e cada canle emprégase para enviar un sinal diferente. Habitualmente se utiliza para enviar diferentes tipos de sinais simultaneamente.
-
PERSOEIRO
Escultor checo. Fillo do escultor de orixe alemá Jan Brokof. Estudiou en Praga e Viena. Realizou esculturas monumentais de pedra como a ponte de San Carlos de Praga, esculpiu os atlantes do palacio Morzin e o sepulcro de Jan Václav Vratislav de Mitrovice (Praga). Desenvolveu un estilo caracterizado pola placidez monumental e o equilibrio nobre e serio. Traballou tamén a madeira policromada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista e xeólogo. Foi director da Manufacture de Sèvres (Manufactura de Sèvres, 1800) e profesor de mineraloxía na Sorbonne (1808). É autor dun Traité élémentaire de minéralogie (Tratado elemental de mineraloxía, 1807) e, con Cuvier, dunha Description géologique des environs de Paris (Descrición xeolóxica dos arredores de París, 1822).
VER O DETALLE DO TERMO