"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CIDADES

    Cidade do Piemonte, Italia, capital da provincia de Alexandría, á beira do Tanaro (90.927 h [1997]). Centro comercial, mercado agrícola (cereais, vide) e núcleo industrial (mobles, maquinaria, vidro, fertilizantes, destilación de alcohois). Ten nós de comunicacións (ferrocarril e estrada) con liñas en Xénova, Milán e Turín. Ten notables monumentos dos s XVIII-XIX. Pinacoteca. Punto estratéxico do N de Italia. Construída en 1164-1167, adoptou o nome actual en honor do Papa Alexandre III, xefe da Liga Lombarda. Foi asediada e destruída polo Emperador Federico Barbarrubia no 1174. Baixo dominación francesa (1796-1814), foi capital do departamento de Marengo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Piemonte, Italia ( 3.560 km2; 433.611 h [estim 1997]). A capital é Alexandría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Virxinia, EE UU, preto do Potomaco (111.183 h [1990]). É unha cidade residencial de Washington DF e un centro de investigación industrial, especialmente de construcións metálicas. É porto de tránsito e centro de comunicacións. Leva este nome dende 1749. En 1846 converteuse en cidade libre de Virxinia despois de pertencer ao estado de Columbia. Non está baixo a administración de ningún condado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca fundada en Alexandría por Demetrio de Faleron en tempos de Ptolomeo Soter (ss IV-III a C). Mestres importantes como Euclides, Erasístrato e Herófilo redactaron para ela as súas obras. Reuniu os sabios máis importantes da Antigüidade, sendo dirixida entre outros por Aristófanes de Bizancio; Eratóstenes ensinou alí xeografía e matemáticas. Destacan os poetas como Calímaco, Teócrito, Apolonio de Rodas e Licofron. No 48 a C foi incendiada durante o sitio da cidade por Xulio César. Posteriormente Marco Antonio reedificouna e dooulle 200.000 volumes que fixo traer dende a biblioteca de Pérgamo. Foi arruinada no 389 por Teodosio I, aínda que tradicionalmente veuse dicindo que fora acto do Califa ‘Omar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento iniciado no s II d C no interior da comunidade cristiá de Alexandría. Nun principio foi unha escola catequética que, pola súa importancia, chamou a atención de moitos pagáns cultos. A etapa de esplendor comeza con Panteón e culmina con Clemente (150?-215?) e Oríxenes (185?-255?). Con ocasión da controversia ariana sobresaíu Atanasio (295?-373?) e con ocasión da herexía nestoriana, Cirilo (373-444). Os elementos que a definen son o seu platonismo e a tendencia á interpretación alegórica das escrituras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de científicos e técnicos que, desde a implantación en Exipto da dinastía ptolemaica (s IV a C) se formou arredor do Museo de Alexandría. Alí reuniuse o número máis grande de científicos da historia anterior ao s XX. Herófilo e Erasístrato foron grandes anatomistas. A escola de medicina recolleu as diferentes tendencias da medicina grega anterior. En xeografía, Eratóstenes e Aristarco de Samos fixeron traballos como a medida do radio da terra ou o heliocentrismo. En matemáticas, os libros de Euclides, Apolonio, Ptolomeo e Diofante foron libros de texto ata os ss XVII ou XVIII. Zenódoto de Efeso, Aristófanes de Bizancio, Aristarco de Samotracia, Dionisio o Tracio ou Apolonio Díscolo foron os iniciadores da gramática científica. Herón, Ctesibio e Sóstrato construíron máquinas de vapor e de aire. A alquimia, con Zósimo de Panópole, tamén foi cultivada alí. A partir do s II a C os últimos científicos do helenismo viviron lonxe de Alexandría, pero mantiveron correspondencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade xudía que se instalou en Exipto despois da destrución do templo de Xerusalén (arredor do 586 a C). En tempos de Filón, os xudeus de Exipto chegaron a ser un millón. Foron helenizados como o amosa a súa produción literaria en lingua grega. Esta helenización fixo necesaria a versión da Biblia ao grego, denominada dos Setenta. Outras obras alexandrinas son os oráculos sibilinos, amplamente coñecidos no helenismo, os libros II, III e IV dos Macabeos e o prólogo e versión grega do Libro da sabedoría de Salomón. A vontade de helenización dos xudeus de Alexandría culminou en Filón (20 a C-40 d C) pero vai diminuír coas revoltas e persecucións da época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición dos xefes da igrexa copta e melquita católicas, e cotpa e bizantina ortodoxa (residente no Cairo dende o s XI). A orixe do Cristianismo en Alexandría atribúese a san Marcos segundo unha tradición moi antiga; a relación deste con san Pedro e a importancia civil e cultural da cidade déronlle ao Bispo de Alexandría un lugar preeminente na estruturación eclesiástica de Oriente, recoñecido polo Concilio de Nicea (325), que aceptou a súa autoridade sobre Exipto, Libia e Pentápole. Durante a controversia monofisita e despois do Concilio de Calcedonia (451) o patriarcado foi dividido entre monofisitas e ortodoxos, que recibiron o nome de melquitas; esta división e a ocupación da cidade polos árabes (642) contribuíu a facer minguar o prestixio e a autoridade da sé alexandrina. Durante o dominio árabe a situación dos cristiáns de Alexandría oscilou entre a persecución e a tolerancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a personaxes denominados Alexandre como Alexandre o Grande, o Papa Alexandre VI e outros.

    2. erso polirrítmico formado por dous hemistiquios que, segundo as leis da métrica catalana, francesa e inglesa, é de 12 sílabas; segundo as métricas castelá e italiana resulta de 14.

    3. liña alexandrina

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Alexandría.

    2. arte alexandrina

    3. literatura alexandrina

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente aristotélica italiana centrada en Boloña dos séculos XV e XVI, inspirado en Alexandre de Afrodisia. Caracterízase pola negación da inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de crisoberilo de cor verdosa, que se presenta con moita frecuencia cristalizada, ás veces por xustaposición e outras veces por compenetración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandro González Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Animador cinematográfico francés de orixe rusa. Inventou a pantalla de agullas: imaxes compostas por miles de agullas que, máis ou menos afundidas, modifican a superficie que se filma segundo unha iluminación rasante. Todas as súas películas seguiron unha técnica de filmación imaxe por imaxe. As súas obras máis importantes son Une nuit sur le mont Chauve ( Unha noite no monte Chauve, 1933), o prefacio de Procès (O proceso, 1962) de Orson Welles e Le nez (O nariz, 1963) sobre a obra de Gogol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultiva o relato, a poesía e o ensaio. En 1970 publicou o libro O paseo, mestura de relatos e novela. En 1979 saíu do prelo A palabra da terra, recompilación de poemas publicados en Grial e outros inéditos de tinte intimista, social e político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución do estado onde se rexistran as mercadorías de importación e exportación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do elemento ou persoa relacionados coa alfándega.

    2. Empregado da alfándega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbores ou arbustos do xénero Ligustrum de follas opostas, flores con catro pétalos soldados na base, formando un tubo, brancas arrecendentes en panículas terminais e froito en baia de cor negra. En Galicia atópanse as especies A. lucidum, A. ovalifolium e A. vulgare, ben de forma cultivada -como árbores ornamentais ou como formadoras de sebes- ben de forma naturalizada.

    VER O DETALLE DO TERMO