"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo do Estado español durante o franquismo, adscrito á Delegación Nacional de Sindicatos, dependente primeiro do Ministerio de Gobernación e desde 1957 do Ministerio de Vivenda. Foi creado en 1942 para fomentar e administrar a construción e o prezo das vivendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra que serve de apoio ao rodicio en distintos aparellos hidráulicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde traballa alguén nos labores dunha arte, dun oficio, dunha industria ou dun comercio, especialmente onde se fai algún traballo manual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir de febreiro de 1975. Subtitulouse “Voceiro obreiro de Ourense e a súa comarca”. De tendencia nacionalista, foi editado por un sector de traballadores próximos á Unión do Pobo Galego (UPG). Baixo o lema “Pola unión dos traballadores galegos”, avogou pola creación dun sindicato galego único. Editouse durante pouco tempo pois os seus promotores integráronse dentro do Sindicato Obreiro Galego (SOG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de xuño de 1978. Baixo o subtítulo “Revista de Arquitectura. Colexio de Arquitectos de Galicia”, funcionou como voceira desta entidade. Dirixida por Juan González Cebrián, o seu consello de redacción estivo composto por Xosé L. Martínez Suárez, Justo G. Beramendi, Pedro de Llano, Xerardo Estévez e Manuel Castro Vila. Incluíu colaboracións literarias asinadas por Antón Baamonde, Manuel Rivas, Lois Diéguez, Manuel Guede, Suso de Toro, Miguel Á. Garcés, Paco Pestana ou Xurxo Souto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Caracas a partir de xuño de 1980. Subtitulouse “Órgano de difusión do Partido Galeguista de Venezuela” e funcionou como voceiro desta organización política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto fundado en 1970 en Santiago de Compostela, que ascendeu á División de Honor en 1982. Anos despois de perder a categoría, entrou nun conflito xudicial coa ACB (Asociación de Clubs de Baloncesto) polo feito de reclamar a aliñación indebida dun xogador rival na eliminatoria de ascenso. Despois de varios anos de litixio, a entidade desapareceu como estamento deportivo e só existe como nome xurídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praza monumental situada en Santiago de Compostela. Fórmana as fachadas dos principais edificios da cidade, en que se mesturan elementos arquitectónicos clásicos e barrocos. Débelle o nome ao obradoiro que se instalou nela para as obras que alí se realizaron durante séculos, e en que escultores e canteiros traballaban a pedra dos edificios que están ao seu redor e que conforman a representación do poder eclesiástico e civil, co concello, a catedral e a universidade. Está presidida pola fachada barroca da catedral de Santiago de Compostela (Ben de Interese Cultural, BIC, 1896), iniciada por Fernando de Casas Novoa en 1739, así como pola galería do claustro á súa dereita, que alberga o museo, e o pazo de Xelmírez (BIC, 1931) á esquerda. No lado S péchaa a portada gótica do pazo de San Xerome (ss XV-XVI) e no lado O o pazo de Raxoi (s XVIII), de estilo neoclásico e que alberga as dependencias da casa do concello. No lado N atópase o Hospital Real (BIC, 1931), mandado erixir polos Reis Católicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de produción creada en París polo goberno provisional revolucionario en febreiro de 1848, que se inspirou, aínda que desvirtuándoos, nos ideais sociais de Louis Blanc. Para combater a crise social e económica, os obreiros desocupados colocáronse en obras públicas pero o seu traballo estivo mal organizado e non foi rendible. A súa disolución en xuño do mesmo ano, ocasionou violentos enfrontamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. Máximo expoñente da Ilustración no seu país, está considerado o creador da prosa moderna serbia. En 1760 renunciou á vida monástica e viaxou por diversos países. Encargouse da organización das escolas de Serbia e converteuse nun defensor do afrancesamento e da educación do pobo. Da súa obra destaca a tradución das fábulas de Esopo, publicadas baixo o nome de Basne (1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador e adestrador de baloncesto serbio. Como xogador conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi campión do mundo en Arxentina (1990), e como adestrador gañou varias ligas en Serbia e Montenegro e Grecia, cinco Copas de Europa (1992, 1994, 1995, 2000 e 2002), dúas Copas Saporta (1997 e 1999), o Eurobasket de Barcelona (1997) e o campionato do mundo de Grecia (1998). Tamén obtivo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e a medalla de bronce no Eurobasket de París (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Realizar unha actividade ou actuar dunha determinada maneira.

      2. Producir un determinado efecto algunha cousa.

    1. Facer unha obra de construción ou calquera outro traballo de albanelaría.

    2. Evacuar os excrementos.

    3. Producir unha persoa algunha cousa ou ser a causa dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano rusa. Na década de 1970 logrou o éxito en EE UU coa súa actuación en Il Trovatore e na ópera de Molshanov Zori, zdes’ tikhiye (Aquí os amenceres son tranquilos, 1975). Da súa discografía destacan o Sansón e Dalila dirixido por D. Baremboim ou a obra Adriana Lecouvreur. Gañou o Festival Mundial da Xuventude de Helsinqui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de realizar algún traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos murícidos, que presentan unha ornamentación moi prominente na que destacan as costelas avultadas e numerosas cristas. Nas costas galegas pode atoparse a especie O. erinacea, de ata 6 cm de lonxitude e de forma irregular, que habita en zonas de lodo, area ou rochas, desde zonas sublitorais ata profundidades duns 100 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo e cosmógrafo. Foi cartógrafo oficial da corte de Filipe II desde 1575. Publicou un atlas en 1570 que serviu de base a outros cartógrafos a partir de 1580 e ao longo do s XVII. Foi o primeiro cartógrafo que debuxou un mapa da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Oímbra, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca de Verín, situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no S da provincia de Ourense ( 41° 53’ 00” de latitude N e 7° 28’ 00” de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Monterrei e Verín (comarca de Verín), ao L co de Verín (comarca de Verín) e ao S e ao O con Portugal. Abrangue unha superficie de 71,9 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.996 h (2001) distribuídos nas parroquias de Bousés, As Chás, A Granxa, Oímbra, Rabal, San Cibrao e Videferre. A súa capital está no lugar de Oímbra, na parroquia homónima, situada a 80 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Verín.
    Xeografía física
    Topograficamente está condicionado pola transición entre a depresión de Verín e as aliñacións montañosas que a delimitan. As terras máis orientais, que forman a ribeira do río Támega, pertencen a esta depresión, presentan altitudes entre os 350 e 500 m e caracterízanse polas escasas pendentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. Debutou como profesional en 1992. Foi campión de España de fondo en estrada (1994), campión de España contrarreloxo (1994), campión do mundo de fondo en estrada (Tunja, Colombia 1995), campión do mundo contrarreloxo (Valkenburg, Países Baixos 1998) e conseguiu a vitoria final na Volta a Galicia (1996) e na Vuelta a España (1998). Nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) obtivo a medalla de prata na proba contrarreloxo.

    VER O DETALLE DO TERMO