"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunicarse dúas ou máis persoas mediante o intercambio de cartas de forma habitual.
-
PERSOEIRO
Político norteamericano, coñecido co nome de Jimmy Carter. Propietario rural, foi senador por Georgia polo partido demócrata (1962-1966), e gobernador deste estado (1971-1974). En 1976 foi elixido presidente dos EE UU. Durante o seu mandato (1977-1981), impulsou os acordos de Camp David entre Israel e Exipto e concertou con Torrijos o tratado que fixaba para 1999 a devolución a Panamá do canal interoceánico. En 1979 firmou con Brežnev os acordos SALT II, que non foron ratificados polo Senado estadounidense, polo que se incrementou a tensión coa URSS, sobre todo despois da invasión soviética de Afganistán. Trala súa retirada da actividade política, interveu como mediador en diversos conflitos internacionais, como aconteceu en Haití en 1994 ou en Rwanda en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carpintexar’ ou ‘traballar de carpinteiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea do xénero Carum, da familia das apiáceas, de follas pinnadas, raiceira de forma fusiforme, flores pentámeras e froito lateralmente comprimido e liso con costelas lonxitudinais. En Galicia están presentes as especies C. verticillatum, de ata 100 cm de altura, con numerosas bractéolas e pétalos brancos, común en ambientes húmidos; e C. carvi, de ata 130 cm de altura, de bractéolas ausentes e pétalos rosáceos, que constitúe unha especie propia de prados e bosque de montaña. Emprégase na elaboración de embutidos e como condimento de sopas, salsas, carnes e outros alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificación situada na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, construída por Clemente Fernández Sarela entre 1747 e 1753 por encargo do cabido compostelán para o mestrescola Diego Juan de Ulloa. Consta dun amplo vestíbulo que funciona como elemento distribuidor das diferentes estancias con dúas alturas; a inferior acolle as dependencias auxiliares da casa, entre elas, as adegas; e na superior sitúanse os apousentos. Na fachada destaca a porta decorada con molduras e pináculos barrocos.
-
-
Conxunto de redes que constitúen o aparello de varias artes, como a veta, o xeito ou a volanta.
-
Conxunto de nasas que se lanzan todas xuntas atadas a un cabo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles herbívoros fósiles da orde dos pelicosauros, de principios do Pérmico. De ata 120 cm de lonxitude, presentan corpo groso e barrigudo, debido aos intestinos moi longos que teñen para permitir a dixestión da súa dieta herbívora, e unha cabeza pequena e cadrada, sen dentes na mandíbula inferior e con dentes grosos de bordos romos e ondulados na superior.
-
PERSOEIRO
Político. Foi presidente do Consello no 1893 e durante esta etapa, tomou duras medidas contra os anarquistas e rexeitou a separación entre Igrexa e Estado. Nomeado presidente da República no 1894, dimitiu un ano despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller de Cefeo, rei de Etiopia, e nai de Andrómeda. Fachendosa coa beleza da súa filla, atreveuse a rivalizar coas Nereidas. Poseidón castigouna pola súa vaidade e enviou un monstro mariño contra o seu país. Para calmar a cólera divina, Andrómeda houbo de ser entregada ao monstro, pero Perseo logrou matalo e quedou coa princesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada ao N da Andrómeda e ao O da Xirafa. Constituída por unhas 30 estrelas visibles a simple vista, a máis brillante (α) ten unha magnitude de 2,1 a 2,6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intradermorreacción que utiliza líquido estéril de quiste hidatídico, realizada para determinar a diagnose da hidatidose. Estableceuna o médico italiano Tommaso Casoni (1880-1933).
-
PERSOEIRO
Escritor. Participou na defensa da República española e na Resistencia francesa. Foi director do Musée National d’Art Moderne de París (1946-1964). Autor de novelas como Éloge de la folie (Eloxio da loucura, 1925) ou Le bel automne (O fermoso outono, 1950), cultivou tamén a poesía e o ensaio. Como crítico de arte publicou Panorama des arts plastiques (Panorama das artes plásticas, 1960) e organizou a exposición Les Sources du XX siècle para o Consello de Europa en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea del Castagno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das fagáceas ao que pertence o castiñeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Montar un animal macho a femia para procrear.
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido (85 km2; 58.000 h [estim 1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Robert Stewart.
-
GALICIA
Mariño, avogado e humanista. Foi o propietario do pazo barroco que alberga o Museo Provincial de Pontevedra dende 1760, construído posiblemente seguindo as trazas que o levaron a mellorar a casa familiar que xa existía neste lugar e que ennobreceu a praza da Leña. O Marqués de la Ensenada nomeouno primeiro auditor da Mariña de Pontevedra e subdelegado da renda das salinas do Reino de Galicia en 1754. Exerceu como avogado na cidade e probablemente como mestre de humanidades e profesor de latín. Está enterrado na capela de San Francisco de Pontevedra. Unha das salas do Museo Provincial leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade xeocronolóxica (non cronoestratigráfica) situada baixo o Arqueozoico. Ten categoría de era e fai referencia a todo o espazo temporal que vai dende a formación ou individualización da Terra como planeta ata a primeira rocha arqueozoica, a máis antiga ata agora atopada dentro do rexistro de datas radiocronométricas. Trátase dunha unidade temporal da que, por exclusión, non se ten testemuño e que abrangue un período de 800 millóns de anos (dende o -4600 Ma ao -3800 Ma). Fai referencia a todos os tempos pre-xeolóxicos dunha Terra en formación e diferenciación xeoquímica, na que despois xurdiron a primeira cortiza e as primeiras segregacións siálicas que deron lugar aos protocontinentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Catarqueano.