"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Aparato que se utiliza para a realización dunha ecografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Integración de conceptos xeográficos e ecolóxicos para o estudo das paisaxes ou de rexións naturais dende o punto de vista da súa orixinalidade, cando as características edáficas, climáticas, hidrolóxicas, zoolóxicas e botánicas son únicas sobre a superficie terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de reprodución de documentos no que o orixinal, mecanografado cunha tinta especial ou en papel carbón, se comprime sobre unha capa de xelatina que pode servir de forma para certo número de copias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en 1843 por Jean-Baptiste Muard e Pierre Boyer en Pontigny (Francia), co fin de remediar a situación de abandono e destrución que vivía a Igrexa gala tralo estoupido da Revolución Francesa e formar un grupo de misioneiros que suplise as necesidades das parroquias da diocese. Desde a expulsión das ordes relixiosas o superior comezou a residir en Hitchin, Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa d’Hainaut. Duque de Cornualla (1337) e príncipe de Gales (1343), combateu contra os franceses na Guerra dos Cen Anos e acadou as vitorias de Crécy (1346) e Poitiers (1356). Recibiu do seu pai extensos territorios na Aquitania (1363), onde emprendeu unha política centralizadora que contou coa oposición da nobreza. Interveu na Guerra dos Dous Pedros (1356-1369) a favor de Pedro I o Cruel e acadou a vitoria en Nájera, pero pactou a repartición de Castela con Pedro IV o Cerimonioso de Aragón e Carlos de Navarra. Desvinculouse da política peninsular logo da morte de Pedro I o Cruel (1369). Por mor da súa mala saúde, cedeulle o goberno de Aquitania ao seu irmán Xoán de Gante (1372) e volveu a Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regurxitación que expulsan algunhas aves depredadoras formada polos restos non dixeridos das súas presas. Cando unha ave, por exemplo unha curuxa, un azor ou unha gaivota, inxire unha presa, esta primeiro pasa ao estómago -onde se extraen dela os nutrientes-, despois chega á moella, que se encarga de seleccionar os elementos que non son útiles (ósos, poutas, plumas, pelos ou restos do exoesqueleto) cos que conforma a egagrópila, que retorna entón ao estómago, almacénase alí un tempo, e antes de que o animal volva comer expulsa estes restos pola boca. Tamén se denominan pelotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saída dalgunha parte.

    2. Acta ou título mediante o que se traspasaba a unha comunidade ou a un particular algún predio ou algún dereito pertencente á coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao son que se articula utilizando a saída do aire interior ao exterior. Oponse a consoantes ingresivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia das ardéidas, ao que pertencen algunhas garzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pola súa elevada categoría ou méritos sae do ordinario ou normal, especialmente referido a persoas da nobreza.

    2. Aplícase a aquilo que sobresae polas súas características e calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Eidián (Agolada). A súa planta orixinal tiña forma de L, pero as reformas posteriores convertérona nun T. Ten dúas alturas, e na fachada destacan os brasóns dos López de Basadre e Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Silva (Pol). Orixinaria do s XVIII, reconstruíuna Eugenio Montenegro en 1816. Ten recinto amurallado e dous brasóns na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das correntes de acción do músculo cardíaco e o método de obtención do rexistro gráfico. A electroxénese cardíaca vai ligada ás modificacións físicoquímicas que ocorren no tecido miocardíaco pola propagación da onda de excitación, que vai seguida dun proceso inverso que restablece as condicións de repouso. A electrocardiografía permite facer un exame da función do corazón, proporciona información sobre a posible existencia de patoloxías cardíacas, e é útil no diagnóstico e control das arritmias, do infarto de miocardio ou da anxina de peito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que se emprega para obter electrocardiogramas. Constitúese, basicamente, por un galvanómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico que representa a actividade do músculo cardíaco. Obtense por medio do electrocardiógrafo, mediante electrodos situados sobre determinadas zonas da superficie corporal do paciente, principalmente nos brazos, nas pernas e no tórax. Consta dunha serie de ondas que se designan, de xeito sucesivo, coas letras P, Q, R, S, T e U, que representan cambios na polaridade das células das cavidades do corazón, aurículas e ventrículos. O electrocardiograma permite analizar e estudar a orixe dos latidos cardíacos, a frecuencia e o ritmo dos mesmos. Os cambios que se producen no patrón normal poden indicar irregularidades ou patoloxías. O primeiro electrocardiograma humano realizouse no ano 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. Os medios sólidos que se empregan son o papel, os pos de celulosa, os xeles de amidón ou as resinas de intercambio iónico, entre outros. Segundo as características físicas do sólido, as separacións fanse sobre tiras de papel, en columnas ou en capas delgadas que se sosteñen con vidro ou plástico. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais. Tamén se emprega para separar antibióticos, ácidos nucleicos, vitaminas, pigmentos naturais, esteroides, aminoácidos, ácidos orgánicos e ións inorgánicos. Esta técnica desenvólvese con capilares, co que a resolución aumenta de xeito significativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obtención e interpretación dos electroencefalogramas, que permite o estudo dos fenómenos eléctricos recollidos no electroencefalógrafo e que teñen lugar no encéfalo en condicións normais e patolóxicas. Foi introducida en 1924 por H. Berger, quen rexistrou por primeira vez o potencial de acción dun conxunto de neuronas cerebrais. Os electrodos colócanse normalmente en contacto coa pel da cabeza interpoñendo un xel condutor e, en condicións especiais, directamente sobre a codia cerebral (electrocorticograma) ou na profundidade do cerebro (estereoelectroencefalograma). Tendo en conta a colocación dos electrodos, distínguense dúas clases de derivacións: as monopolares e as bipolares, segundo haxa un ou dous electrodos activos, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electroencefalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para a obtención do electroencefalograma. Consta dunha caixa de entradas á que se conectan os electrodos, un dispositivo conmutador para seleccionar as diferentes derivacións, un sistema de amplificación diferente para cada canle e un sistema de rexistro sobre banda de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico da actividade eléctrica do cerebro que se constitúe por oscilacións complexas e irregulares, e son o resultado da suma integrada das variacións eléctricas das neuronas, especialmente, das oscilacións do potencial de repouso da súa membrana e dos potenciais de acción. Os rexistros obtéñense mediante electrodos que se colocan no cranio e permiten o diagnóstico da epilepsia, de tumores, da dexeneración cerebral ou doutro tipo de lesións.

    VER O DETALLE DO TERMO