"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Propiedade dun corpo mesomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de reaccións bioquímicas que se producen dentro das células dos seres vivos. Todos os organismos, desde as formas máis simples ata as formas máis complexas, dependen da realización destas reaccións para o mantemento da vida, o seu crecemento e a súa reprodución. O metabolismo pódese dividir en dous grandes grupos de reaccións metabólicas: o anabolismo, con consumo de enerxía e o catabolismo, con liberación de enerxía, ambos os dous conectados entre si por unha complexa rede de interrelacións. Os seus obxectivos son a obtención de enerxía química en forma de ATP, a formación de materia orgánica a partir da enerxía e das moléculas do medio, e a destrución destas moléculas para a obtención de enerxía.

    2. Consumo mínimo de enerxía para manter as actividades metabólicas, que se expresa en calorías/gramo e que se mide nun individuo que se atopa en repouso físico e psíquico, a unha temperatura de 20°C e en xaxún.

    3. Transformación no organismo da enerxía química dos alimentos, en calor, cando o organismo está en repouso e, en traballo e calor, cando o organismo realiza unha actividade muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación da cor da pel e do pelo a causa da idade ou dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Error de cronoloxía que consiste en atribuír a un feito unha data posterior á real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría monetaria que explica a aceptación do diñeiro en función do valor do metal do que están feitas as moedas. Dá prioridade á función do diñeiro como unha reserva de valor e considera que este só pode ser calculado por comparación con outro valor e que, por tanto, só é posible empregar como medio de cambio os bens dotados dalgún valor material relativamente elevado, respecto ás transaccións normais. Neste sentido constitúe unha variante da teoría nominalista do diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica do Grupo de Liexa ou Grupo , para as figuras retóricas que afectan á lóxica discursiva, pero que non atingue a criterios de corrección lingüística, senón á noción dunha orde “lóxica” de presentación dos feitos ou de progresión do razoamento, como a lítote, o eufemismo, o pleonasmo, a hipérbole, a antítese, a parábola a ironía, o paradoxo, a antífrase ou a prosopografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación da estrutura e da composición mineralóxica dunha rocha en estado sólido en condicións termodinámicas diferentes ás que se orixinou. A composición química da rocha mantense excepto nalgúns casos, feito que recibe o nome de metasomatismo. Entre os axentes que causan as modificacións destacan a presión e a temperatura. A presión pode ser litostática, debida ao peso da columna de rochas supraxacentes, cun valor aproximado de 300 bar/km de profundidade; e a presión debida a esforzos tectónicos, denominada estrés. A temperatura ten no metamorfismo un límite inferior de aproximadamente 200°C (temperatura de deshidratación das arxilas) e un límite superior de 800 a 1.000°C, e ten a orixe no gradiente xeotérmico, na calor producida na mecánica das deformacións tectónicas, ou ben nas intrusións magmáticas. O factor tempo tamén é importante no metamorfismo e, en xeral, o seu aumento favorece a adaptación mineralóxica e estrutural ás novas condicións determinadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio, de calquera tipo, na composición química global dunha rocha mediante procesos que se producen, fundamentalmente, cando a rocha se atopa no estado sólido. Para explicar o metasomatismo emprégase a teoría que afirma que este cambio está producido pola acción do magma que fai penetrar fluídos magmáticos no seo da rocha orixinal, co que se orixinan as transformacións químicas correspondentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avultamento do abdome por gases acumulados no tubo dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de metódico.

      2. Postura favorable ao emprego de métodos.

    1. Doutrina e movemento relixioso que xurdiron no s XVIII, ao redor da predicación do sacerdote anglicano John Wesley. As súas reunións, celebradas entre 1729 e 1735 con outros estudantes da Oxford University, dos que destacan o seu irmán Charles Wesley e George Whitefield, constituíron as bases desta doutrina, contraposta á da predestinación de Xoán Calvino. O metodismo sostén que todo individuo pode lograr a salvación mediante a experiencia relixiosa persoal, que se consegue a través dunha vida escrupulosamente estrita. Aínda que sempre foron rexeitados pola Igrexa Anglicana, os metodistas insistían en non considerarse unha Igrexa diferente, senón a sociedade máis disciplinada do anglicanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do cranio en que persiste a sutura frontal ou metópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción de oscilacións nun aparato provisto de tubos electrónicos, por efecto microfónico.

    2. Produción de oscilacións nun equipo de amplificación de son, a causa do efecto Larsen de acoplamento entre o micrófono e o altofalante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que só pode ser visto mediante unha lupa ou un microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sismo de pouca importancia, ben pola pouca intensidade das súas sacudidas, ben pola área reducida onde chegan os seus efectos sensibles, que adoitan ser non tectónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia política absolutista dos partidarios de Miguel I de Portugal, enfrontada á tendencia liberal dos partidarios de Pedro I e a súa filla María II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que se difundiu entre os cristiáns dos primeiros séculos, que cría nun reino de paz de mil anos de duración e anterior ao Xuízo Final, instaurado e gobernado por Xesús Cristo.

    2. Doutrina dos que crían que a fin do mundo ía acontecer no ano mil da era cristiá.

    3. Calquera movemento relixioso ou político que cre na chegada, ao final da historia, dunha época de xustiza e paz plenas, ou sexa, dun reino novo semellante ao que existía na orixe dos tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dunha nación ou dun estado a outorgar un control sempre crecente sobre a cultura, a educación, os medios de comunicación, a relixión, a política e a economía nacional aos estamentos militares a custa da institución civil.

    2. Poder ou influencia excesiva dos militares, da política militar ou do espírito militar nunha nación ou estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade dalgunhas especies indefensas de copiar a coloración aposemática ou o aspecto externo doutras especies non comestibles ou perigosas para os seus depredadores habituais. O mimetismo batesiano consiste en que a especie mimetizadora, que habita no mesmo biotopo que a especie mimetizada, se confunde con esta, que posúe mecanismos de defensa. O mimetismo mulleriano consiste en que diversas especies non comestibles ou perigosas adoptan coloracións aposemáticas idénticas para progresar na aprendizaxe dos depredadores. O mimetismo mertesiano consiste na adopción dunha coloración aposemática por parte dunha especie indefensa, unha non comestible ou perigosa e outra mortal. A especie mortal é aquela que ao ser atacada polo depredador o mata. O mimetismo preséntase nos insectos e nalgúns peixes sendo un dos principais mecanismos de defensa das especies que o posúen. OBS: Tamén se denomina mimese.

    2. Disposición dunha persoa a cambiar as opinións e o comportamento por adaptarse a quen queira compracer.

    VER O DETALLE DO TERMO