"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que contrasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen contrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións afectuosas ou hostís do psicanalista cara ao individuo analizado e particularmente cara á transferencia deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Proceso de movemento desconcentrador de persoas e actividades económicas dende as áreas urbanas cara ás áreas rurais e dende as metrópoles e cidades cara ás vilas e aldeas.
    Desenvolvemento conceptual
    O concepto de contraurbanización xurdiu nos EE UU na década de 1970 para denominar un proceso contrario ao da urbanización tradicional: fronte á urbanización clásica definida por movementos centrípetos de poboación e fluxos económicos cara ás principais cidades e grandes áreas metropolitanas, apareceu un proceso de sentido contrario, de movementos centrífugos dende as grandes cidades cara a pequenos asentamentos urbanos e rurais. Representa unha inversión do sentido dos fluxos demográficos e económicos nos sistemas de asentamento dos países máis desenvolvidos, que a partir dela se verifican fundamentalmente en sentido descendente, dende os asentamentos de poboación de maior volume cara aos menores. Os fluxos de poboación urbana cara ás áreas rurais caracterízanse pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás coordenadas que están determinadas mediante paralelas aos eixes, nun sistema de coordenadas oblicuas.

    2. Aplícase aos tensores de orde superior a 1 nos que as compoñentes se transforman, nun cambio de coordenadas, segundo a matriz inversa do cambio de base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de bandas militares. Realizou estudios musicais con Rafael Salazar e foi músico do rexemento de Castela na campaña de Marrocos (1859-1860). Recibiu o título de Cabaleiro da Orde de Carlos III e a Medalla de Honor da Guerra de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director. Titulado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona, iniciou a súa carreira profesional coa Compañía de Teatro Estable de Barcelona, dirixida por Esteve Polls. De volta a Galicia en 1988, traballou como actor de dobraxe ata 1993, ano no que participou no espectáculo A Vía Láctea, producido polo Mago Antón, con dirección de Eduardo Alonso. En 1994 creou a compañía Balea Branca, na que traballou como actor ou director en diversos espectáculos, como O contrabaixo e Notas dun estudante que morreu tolo, estreada no 2000 a partir dun texto de Sebastián Juan Arbó. Amais de intervir noutros espectáculos, como Morte accidental dun anarquista, produción de Teatro do Morcego con dirección de Xan Cejudo, tamén realizou diversos traballos para cine e televisión, coa súa participación en series, como Los jinetes del alba, La huella del crimen, Brigada central ou Pratos combinados. A partir de 1997 coordinou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, marqués de Lozoya. Foi catedrático de Historia da Arte nas universidades de València, Madrid e Navarra, director xeral de Bellas Artes (1939-1951), director da Academia Española de Bellas Artes en Roma (1952-1957) e presidente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972-1978). Colaborou co Anuario Brigantino, onde publicou o discurso “De los juegos florales de 1946” (1951) e nos libros Santiago en España, Europa y América (1971) e Coruña, paraíso del turismo (1973). Escribiu, entre outras obras, Historia del arte hispánico (1931-1942), Santiago Apóstol: Patrón de las Españas (1940), Santiago de Compostela: la catedral. Historia, arquitectura, arte, devoción, peregrinación (1965), Sotomayor (1968) e Historia de España (1969-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. No 1841 proclamouse esparterista. Despois uniuse a Prim e interveu no alzamento de xuño de 1866 en Madrid. Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1869 e dirixente dos “intransixentes” dentro do partido republicano federal. Proclamada a Primeira República, foi capitán xeneral de Catalunya (febreiro-marzo de 1873), e púxose á cabeza do movemento cantonalista de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PANTANOS

    Encoro sobre o río Cabriel, situado no límite entre a Comunitat Valenciana e Castela-A Mancha. A súa construción concluíu en 1972. Ten unha capacidade de 880 millóns de metros cúbicos e alimenta dúas centrais hidroeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eclesiástico. Foi párroco de Santalla do Bierzo e cóengo maxistral da colexiata de Medinaceli. Escribiu Historia del célebre Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pretende unha cousa en competencia con outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor italiano. Coñecido como Andrea Sansovino, formouse no ambiente florentino do último terzo do s XV. Recomendado por Lorenzo o Magnífico ao monarca portugués Manuel I o Afortunado, residiu en Lisboa (1491-1500). A súa obra influíu na elaboración do repertorio manuelino en Portugal grazas á súa intervención, entre outras obras, na fachada da igrexa de Belem, na catedral de Coimbra e na igrexa da Conceição de Tomar. Antes do seu regreso a Italia estivo en Toledo, onde se lle atribúe a traza do Sepulcro del Cardenal Mendoza (1500). Representante dun estilo marcado polo clasicismo renacentista, realizou os sepulcros dos cardeais Basso e Sforza para Santa Maria del Popolo (1505), encargados por Xulio II, así como o grupo escultórico do Bautismo de Xesús que coroa a porta do Paraíso de Santa Maria dei Fiori de Florencia (1513).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bari, na Puglia, Italia, situada na marxe oriental do altiplano de Murge (448.822 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Fundado no s X por San Pedro de Mezonzo, foi reconstruído trala razzia de Almanzor. No 1106, Diego Xelmírez restaurouno e estableceu unha comunidade de monxas baixo a regra beneditina. A nova igrexa inaugurouse en 1129. A decadencia das peregrinacións a Compostela durante o s XV e o menor uso da ruta xacobea, que pasaba polo lugar do mosteiro, levaron á súa decadencia e desaparición ordenada polo Papa Sisto IV. Coñécese a composición da igrexa medieval por algunhas descricións tardías e polos restos arqueolóxicos atopados. Tratábase dun templo con planta basilical de tres naves e tres ábsidas, a central de maior tamaño, con cuberta abovedada e construído con perpiaños. No altar situábase un frontal de bronce dourado onde se veneraba a imaxe da Virxe da Cuncha. Do claustro gótico consérvanse catro tramos e o inicio do quinto do lenzo oeste e a parte meridional. A reforma monacal dos Reis Católicos trouxo como consecuencia o traslado da comunidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo alemán. Director do Instituto Arqueolóxico Alemán (1887) e profesor na Universidade de Berlín, participou en campañas arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880) e Pérgamo (1880-1886). As súas publicacións incluíron, por primeira vez, fotografías. Escribiu, entre outras obras, Investigacións arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880), Antigüidades de Pérgamo (1880-1886) e Descrición das esculturas antigas dos museos de Berlín (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica franco-británica realizada en 1988. Dirixida por Peter Greenaway, interpretárona Richard Bohringer, Michael Gambon, Helen Mirren, Alan Howard e Tim Roth, entre outros. Os temas centrais do filme son o sexo, a violencia e a gastronomía, que se desenvolven na cociña e no comedor dun restaurante de luxo, durante dez comidas. O realizador moldea a imaxe utilizando unha estética pictórica na que destaca o vermello intenso. Tamén son importantes os deseños de Jean-Paul Gaultier e a música de Michael Nyman, que conseguen amplificar as imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de talasemia na que unha anomalía hereditaria, presente de forma homocigótica, imposibilita a síntese da cadea β da hemoglobina. Caracterízase por unha anemia hipocrómica crónica e progresiva, con alteracións óseas xeneralizadas e hepatosplenomegalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Miniaturista e pintor. Irmán de Samuel Cooper, cultivou o debuxo e a acuarela. Viviu nos Países Baixos (1631?) onde realizou miniaturas. Posteriormente instalouse en Suecia (1647) e traballou para a Raíña Cristina e o Rei Carlos X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Coñecido como Gary Cooper, a partir de 1924 entrou en contacto co mundo do rodeo e apareceu como figurante en pequenos papeis da Paramount. Conseguiu o seu primeiro papel destacado no filme The Winning of Barbara Worth (Flor de deserto, 1926), e sobresaíu en papeis de western como The Western (O forasteiro, 1940), Unconquered (Os inconquistables, 1947), High Noon (Só ante o perigo, 1952), Garden of Evil (O xardín do demo, 1954), Veracruz (1954), Man of the West (O home do oeste, 1958) ou The Hanging Tree (A árbore do aforcado, 1959). Converteuse tamén no heroe de filmes de aventuras como Alas (1927), The Lives of a Bengal Lancer (Tres lanceiros bengalís, 1935), Beau Geste (1939), The Real Glory (A selva en armas, 1939), Sergeant York (O sarxento York, 1941), For Whom the Bells Tolls (Por quén tocan as campás,...

    VER O DETALLE DO TERMO