"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Premio literario de novela convocado polo concello de Viveiro na memoria do político e escritor Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle. Cunha periocidade bianual, nas súas diferentes edicións recibiron este galardón Clara Cristela Rodríguez (1992), Javier Lorenzo Oroza (1994), Lola González Roel (1996), Hixinio Puentes Novo (1998) e Francisco Antonio Vidal Blanco (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, ilustrador e escritor. Colaborador de Faro de Vigo, dirixiu a galería de arte Arcana de Vilagarcía de Arousa. Escribiu e ilustrou o libro de literatura infantil O paxariño traveso (1987) e libros de poemas como O cavalo económico, Os poemas da seita (1987) e Sombra fértil (1999). Tamén pintou as series Peonzas e Azulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médica e política. Foi xefa provincial de asistencia sanitaria en Pontevedra, xerente de Atención Primaria, directora provincial do SERGAS e directora xeral de MUFACE (1996-1999). Foi deputada no Congreso desde   2000, subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura e da Presidencia, ministra de Sanidade e Consumo (2002-2004) e secretaria executiva de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004) e o Premio Galicia en Feminino (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi membro do Tribunal Internacional de Xustiza desde 1987 e xuíz do Tribunal Europeo dos Dereitos do Home (1998-2003). Escribiu Lecciones de derecho internacional público (1985) e Curso de derecho internacional público y organizaciones internacionales (2003). Recibiu a Encomienda de Número de la Orden de Isabel la Católica (1998) e a Gran Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Hispanista. Formado nas universidades de Madrid, Oxford e Múnic, exerceu a docencia na Oxford University e no King s College de Londres. Membro do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, foi o fundador e primeiro director do Instituto de España en Londres, e vicepresidente da Anglo-Spanish Society.   Publicou Contemporary Spanish Literature (1928), Aspects of the Spanish Renaissance (1932) e Breve historia del hispanismo inglés (1948). Foi membro correspondente da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositora. Foi cofundadora e presidenta da sociedade musical Cantar y Tañer e presidenta dos cursos internacionais universitarios Música en Compostela. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica, a Encomienda de Alfonso X el Sabio e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e diplomático austríaco. Profesor en Innsbruck (1880-1900) e director do Instituto Austríaco de Historia en Roma (1901-1915, 1921-1928), foi ministro plenipotenciario de Austria ante a Santa Sé. Aproveitou a apertura do arquivo secreto do Vaticano, decretada por León XIII, para escribir Geschichte der Päpste (Historia dos Papas, 1886-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III - Alcalá de Henares 304) Mártir. Morreu decapitado xunto co seu irmán xemelgo san Xusto durante a persecución de Diocleciano. É un dos santos máis antigos do culto hispánico. Iconograficamente represéntase acompañado do seu irmán, como dous rapaces de curta idade vestidos cunha túnica cinguida (propia dos nenos romanos). Leva os atributos xerais dos mártires: palma e espada. A súa festividade celébrase o 6 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín pastor, ‘pastor, pegureiro’, de pastus, ‘pasto’, derivado de pastum, participio de pasco, ‘apacentar, pacer’. Con este nome destaca san Pastor (s III), un dos santos máis antigos do culto hispánico. A súa festividade celébrase o 6 de agosto. A festividade da Divina Pastora celébrase en Galicia especialmente do 7 ao 12 de outubro, xunto con todos os domingos do mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastora Rojas Monje.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Freixeiro (Vigo). Ten planta rectangular, con dous andares, cun corpo central e dúas torres nos extremos. Está construído en cantaría e cachotaría encalada nalgunhas zonas. No corpo central destacan as ventás rematadas en frontón triangular. A torre da esquerda é do s XVI e entregouna como dote Pedro Madruga á súa filla cando casou cun nobre portugués que o axudou nas Guerras Irmandiñas. Reformouno frei Antonio de Soutomaior entre 1623 e 1638, e posteriormente, no s XVIII, remodelárono nalgunhas zonas, entre outras, a decoración heráldica da fachada principal en estilo barroco. En 1815 Xoán Nepomuceno Ozores, conde de Priegue, remodelou a fachada posterior, cun amplo corpo central e dous laterais máis estreitos, a fachada oeste e os xardíns. A última reforma foi en 1939. Foi declarado BIC en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pastores ou á vida dos pastores.

      1. Relativo ou pertencente aos sacerdotes, bispos e á súa actividade como pastores de almas.

      2. Conxunto de actividades que a Igrexa realiza para que os homes acepten a súa mensaxe de salvación. Distínguese entre a pastoral litúrxica, orientada á comunidade, e a pastoral misioneira, orientada aos non crentes. OBS: Tamén se denomina acción pastoral.

      3. carta pastoral.

      4. visita pastoral.

      5. bastón pastoral

        Caxato que levan os bispos, abades e abadesas nas cerimonias litúrxicas como símbolo de autoridade.

      6. teoloxía pastoral

        Ciencia teolóxica sobre a acción pastoral da Igrexa chamada tamén teoloxía práctica. O seu obxecto formal é o condicionamento da realización da Igrexa en cada situación de actualidade. Os bispados dunha mesma provincia eclesiástica teñen creado centros de estudos pastorais.

    2. Aplícase ás composicións artísticas e literarias que evocan os costumes pastorís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Guiar o gando cara ao pasto e gardalo mentres pace.

    2. Dirixir espiritualmente un prelado os seus fieis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición lírica que combina tres elementos temáticos básicos: o paseo matinal e o encontro dun cabaleiro cunha pastora que garda o gando, un diálogo a través do que o mozo declara o seu amor á moza, e o desenlace da aventura, que pode ser o consentimento ou rexeitamento da requirida, e mesmo a burla de que é obxecto o galán, coa posible ou real intervención dos parentes ou o amado da pastora para auxiliala. A partir de Marcabrú, a poesía occitana conferiulle ao xénero a estrutura e a forma que se fixeron clásicas, aínda que o xénero presenta diversidade de matices en canto á forma, o estilo, a intención e os elementos constitutivos. Na lírica galego-portuguesa apenas se localizaron oito composicións, escritas na segunda metade do s XIII e das que só tres introducen as normas convencionais do xénero, especialmente o diálogo entre a pastora e o cabaleiro: “Pelo souto de Crecente”, de Johan Airas; “Quandeu hun dia fuy en Compostela”, de PedrAmigo de Sevilha; e “Vi ojeu cantar damor”, de...

    2. Composición musical de ton alegre e sincero que xurdiu a finais do s XVII e que evoca a música e os cantos dos pastores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pastorear o gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e economista venezolano. Vicepresidente do Banco Central de Venezuela, foi ministro de Estado para la Cultura e presidente da Asociación de Escritores de Venezuela. Da súa obra destacan Poema del olvido (1945), Palabra de otros (1954), Elegía sin fin (1962, Premio Nacional de Literatura de Venezuela) e Razón de ser (1987). Membro da Academia Venezolana de la Lengua, recibiu o Premio Hispanoamericano de Poesía León de Greiff (1984) polo conxunto da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Pastoriza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Pastoriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pastores ou á vida dos pastores.

    2. Xénero literario que se caracteriza pola idealización da vida pastoril e, en xeral, da vida labrega. Na poesía ten o seu comezo e logra o máximo desenvolvemento nas letras clásicas grecolatinas. A prosa pastoral cultivada por Longus culmina, durante o Renacemento, coa Arcadia de Sannazaro. O xénero entrou en decadencia a principios do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace no monte Monticaño, na parroquia de Pastoriza (Arteixo), e que desemboca na de Oza (A Coruña), no Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO