"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Pequena unidade militar que está baixo as ordes dun cabo ou sarxento.
-
Grupo de soldados especializados ou destinados a realizar unha determinada tarefa.
-
pelotón de fusilamento
Grupo de soldados ou persoas encargado de fusilar un reo.
-
pelotón de instrución/de recrutas
Grupo de soldados da mesma arma reunidos para recibir a instrución.
-
-
-
Conxunto numeroso de persoas que se dedica a unha actividade específica.
-
Grupo compacto de ciclistas ou de atletas, cando marchan agrupados durante unha carreira.
-
Grupo numeroso e desordenado de persoas que marchan xuntas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na produción ou absorción de calor como consecuencia do paso dunha corrente eléctrica a través da unión de dous metais, aliaxes ou semicondutores diferentes. O efecto Peltier é o inverso do termoeléctrico ou efecto Seebeck.
-
PERSOEIRO
Mineiro e enxeñeiro estadounidense. Estudou e fabricou diversos instrumentos para facilitar a busca de ouro. Inventou unha coñecida turbina hidráulica que leva o seu nome, tamén chamada roda Pelton.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor finlandés. Coñecido como Johannes Linnankoski, cultivou a novela, a oratoria, o drama e o xornalismo. En 1906 fundou a liga da causa finesa, que contribuíu ao renacemento nacional do país coa defensa dos principios étnicos da súa cultura. Da súa obra destacan as novelas Laulu tulipunaisesta kukasta (O canto da flor vermella, 1905) e Pakolaisia (Fuxitivos, 1908), e os dramas Kirot (1907), Simson ja Delila (1911) e Jeftan Tÿtar (A filla de Jephta, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do peritoneo que tapiza a pelve e os órganos contiguos a ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención que ten como finalidade ampliar a pelve co fin de facilitar o parto.
-
-
-
Froito comestible do pementeiro, en baga, oco, con paredes carnosas, e de cor verde ao principio e vermella ou amarela cando madura. No interior ten uns tabiques carnosos e sementes amarelas. Respecto á súa composición, o froito fresco presenta un alto contido en vitaminas A e C, lípidos, proteínas, fibra e glícidos, estes últimos en maior cantidade. Tamén contén capsicina, principio activo responsable de que algúns pementos piquen. Diferéncianse moitas variedades de pementos, segundo a forma, a cor e o tamaño; ademais, tamén se diferencian as variedades de sabor picante (moi comúns en Sudamérica), e as variedades doces, de maior tamaño. Tamén se diferencian variedades segundo a súa orixe, como poden ser os pementos de Padrón, Arnoia, os do Piquillo de Lodosa, os pementos asados do Bierzo (estes dous últimos con denominación de orixe) ou os rioxanos. Poden consumirse frescos, en conserva ou en condimento (tras secalo e convertelo en po).
-
Condimento que se fai co froito do pementeiro cando está seco e moído.
-
pemento de Arnoia
ariedade de pemento, de cor verde clara, grande e sen exemplares picantes, que se cultiva ás beiras do río Arnoia, na comarca do Ribeiro. Necesitan para o seu desenvolvemento un clima morno.
-
pemento de Padrón
ariedade de pemento, verde e de pequeno tamaño, que se cultiva en Herbón, no concello de Padrón. Algúns exemplares, despois da súa preparación, poden ser picantes, aínda que na maior parte dos casos o seu sabor é intenso.
-
pemento do Piquillo
ariedade de pemento duns 8 cm de longo e de forma plana e triangular rematada en pico, cor vemella viva, carnoso e compacto. Son autóctonos da zona de Lodosa (Nafarroa), e contan con denominación de orixe.
-
pemento morrón
ariedade de pemento de forma arredondada, cor vermella e carne grosa, e sabor doce.
-
pemento picante
ariedade do pemento, de froito pequeno e alongado, en forma de baga, intensamente picante debido á capsicina.
-
-
pementeiro.
-
Planta herbácea anual ou bienal, de 20 a 40 cm de altura, de follas espatuladas ou pinnatipartidas, de flores brancas, dispostas en acios, e de froitos capsulares pendurantes. Dáse na rexión mediterránea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xinzo de Limia. Formou parte dunha fortaleza abandonada no s XVIII e non se sabe con certeza a data da súa construción. Puido edificarse en época sueva, no s XII; no contexto das loitas entre Tareixa de Portugal e a súa irmá, a Raíña Urraca; ou no s XIV durante as Guerras Irmandiñas. Situada no cumio do monte da Pena, formaba parte das catro torres (Pena da Portela, Sandiás, Celme e Porqueira) que protexían a lagoa de Antela. Ten planta cadrada e conserva a porta, o cadeirado e as ménsulas. Ao ser unha construción defensiva case non ten vans. O duque de Lancaster tomouna en 1386 cando pertencía aos Biedma. Posteriormente pertenceu aos Monterrei, que mantiveron cos Lemos un litixio pola súa posesión. Foi declarada BIC en 1994.
-
MONTES
Monte pertencente á serra de Queixa, situado no extremo S da parroquia de Pena Petada (A Pobra de Trives). O seu cumio acada os 1.707 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e mestre de obras. Dentro dunha corrente clasicista traballou no convento de San Esteban en Salamanca e despois evolucionou cara ao Barroco. En 1652 trasladouse a Santiago de Compostela, onde continuou as obras da igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario. En 1656 trazou e comezou as obras do colexio de San Xerome e desde 1658 traballou na catedral compostelá, baixo a dirección do cóengo José de Vega y Verdugo. En 1666 converteuse en mestre de obras da catedral. Realizou o Pórtico Real da praza da Quintana, continuou a Porta Santa e a transformación do peche e o coroamento das ábsidas e o ciborio, e entre 1665 e 1771 levantou o primeiro corpo da Torre das Campás da fachada da praza do Obradoiro. Fixo tamén a capela de Santa Tareixa na igrexa parroquial de Santa María Salomé, a capela de San Xosé na igrexa da Compañía de Xesús e a capela de San Miguel na igrexa de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Lamalonga (A Veiga). O seu cumio acada os 1.298 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Covas (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.009 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Tórdea (Castroverde). O seu cumio acada os 596 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicógrafo e crítico musical. Opúxose á influencia da música italiana e defendeu a obra de Wagner e a zarzuela. Publicou La obra maestra de Verdi: Aida (1875), La ópera española y la música dramática en España en el siglo XIX (1881) e Iparraguirre y el árbol de Guernica (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo. Colaborador do Museo Provincial de Pontevedra desde 1972, foi inspector provincial de arqueoloxía de Pontevedra (1982) e membro do International Council on Monuments and Sites da UNESCO. Dedicouse principalmente a investigar o mundo castrexo e a arte rupestre galaica e dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas. Das súas obras, moitas feitas en colaboración, destacan Historia de Pontevedra (1996), Os petroglifos galegos (1999), Historia de Vigo (1999), Petroglifos de Galicia (2001), Santa Tegra: un poblado “castrexo”-romano (2001) e Galicia: prehistoria, castrexo e primeira romanización (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Directora e actriz de dobraxe. Colaboradora habitual de revistas como Pueblo y Cultura e A Festa da Palabra Silenciada, púxolle a voz ás actrices Elizabeth Taylor, Susan Sarandon e Jane Fonda en diversos filmes. Destacou na dirección da dobraxe de películas como Amadeus, Manhattan Sur, Kramer contra Kramer, O graduado e Todos os homes do presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral e promotor cultural. Comezou no mundo da interpretación co grupo de teatro de Cariño (1954). Foi un dos fundadores da compañía teatral da Sociedade Cultural Malveira (1976) e da Coral Polifónica de Cariño (1988), e o fundador do C. D. Cariño (1967) e da agrupación teatral As Traíñas (1978). Participou nas obras A taberna (1976), Agardando polo tren (1977) e Ladaíñas pola morte do meco (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte pertencente ao cordal de Ousá, situado no extremo SL da parroquia de Ousá (Friol). O seu cumio acada os 562 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. Despois de estudar cine en París, traballou no Centro Territorial de TVE en Euskadi como montador de vídeo. Foi director e guionista das curtametraxes Aventura en el trópico (1979) e La hora del café (1982), e axudante de cámara e de montaxe en El ojo de la tormenta (1983), Mirindas asesinas (1990) e Hotel y domicilio (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo SL da parroquia de Aciveiro (Forcarei). O seu cumio acada os 854 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO