"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Pintor. Membro dunha familia de pintores, adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome foi Valeriano Domínguez Bastida. Formouse co seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Cunha pensión outorgada por Alcalá Galiano en 1865, viaxou por España para pintar e debuxar os tipos populares cun realismo matizado polo romanticismo. Trala Revolución de 1868 retiróuselle a pensión e comezou a realizar ilustracións en xornais como El Museo Universal e La Ilustración de Madrid. Entre as súas obras destacan El Presente, El leñador, La fuente de la ermita ou Retrato del conde de Ibarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Xefe dos servicios informativos da Cadena SER en Ourense. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Ourense e dedicouse ao xornalismo a partir de 1981. Foi correspondente das axencias Europa Press e AGN, e do xornal El Mundo. Colaborou nos xornais Faro de Vigo e Diario 16 de Galicia, e nas revistas Ocio, Cambio 16, Época e Panorama. Fundou a primeira publicación dixital referida á actualidade local e de Galicia titulada Dios, que PAÍS. Publicou as novelas A cidade dos alemáns (1992), O derradeiro fuxido (1993), Ourense Natural (1995), Alrededor de Ourense (1998) e Maceda al Natural (1998). Tamén é autor, xunto a Lino Blanco, do traballo de investigación O home do unto (Blanco Romasanta, historia real de una leyenda) (1991) e da guía Ourense Etnográfico (1997). Conseguiu o premio Vicente Risco (1984), outorgado polo concello de Ourense, e o José Aurelio Carracedo de Periodismo (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Xunto co pintor xenovés Xoán Bautista, realizou a pintura do retablo maior, dúas reixas do presbiterio e a bóveda da catedral de Tui (1716). Pintou o retablo do altar e da capela maior do santuario de Nosa Señora da Escravitude (Padrón, 1743-1744).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de serras que atravesan en dirección practicamente meridiana (NNL-SSO) o centro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. De N a S, dende a punta de Estaca de Bares ata o Faro de Avión, sucédense a serra da Coriscada, a serra da Faladoira, a serra da Loba, o cordal de Montouto, a serra da Cova da Serpe, a serra do Careón, a serra do Farelo, a serra do Faro, os montes do Testeiro, a serra do Suído e a serra do Faro de Avión. Erguidas sobre materiais predominantemente precámbricos e paleozoicos, intensamente afectados polo dobramento herciniano, as máximas altitudes rexístranse no sector meridional cos 1.187 m do monte Faro, na serra homónima, e os 1.154 m do Faro de Avión.
-
PERSOEIRO
Político. Membro do Conservative Party, entrou a formar parte do Parlamento en 1931. Foi secretario de Neville Chamberlain (1937-1939), ministro para Escocia (1951-1955), ministro de Relacións coa Commonwealth (1955-1960) e de Asuntos Exteriores (1960-1963). Sucedeu a Harold McMillan como primeiro ministro (1963-1964) e asumiu a presidencia do Conservative Party (1963-1965). Entre 1970 e 1974 ocupou de novo a carteira de Asuntos Exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Doval.
-
PERSOEIRO
Director e guionista cinematográfico. Trala Revolución de 1917 foi comisario de Belas Artes e diplomático en Varsovia, Múnic e Berlín. Dedicouse á pintura ata que en 1926 deu os seus primeiros pasos cinematográficos. Comezou facendo pequenos documentais e guións nos estudios Vukfu de Odessa. Ao final da súa carreira, despois da Segunda Guerra Mundial, tivo problemas políticos debido aos seus guións cinematográficos. Das súas producións destacan: Sumka dipkuriera (A valixa do correo diplomático, 1927), Zvenigora (A montaña do tesouro, 1928), Arsenal (1929), Zmelia (A terra, 1930), Ivan (1932), Aerograd (1935), Osvobož denie (Liberación, 1940), Pobeda na pravoberez noj Ukranie (Victoria en Ucraína, 1945) ou Mičurin (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor australiano. De orixe inglesa, instalouse en Melbourne en 1923 e trasladouse a Sidney en 1940. Na súa obra reflectiu a identidade nacional e a realidade cultural da poboación aborixe e branca australiana. Entre as súas obras destacan The cricketers (Os xogadores de cricket, 1948), West Wyalong (1949) e Mullaloonah tank (O tanque de Mullaloonah, 1953). Representou o seu país na Bienal de Venecia de 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político eslovaco. En 1938 ingresou no Partido Comunista de Eslovaquia e, entre 1962 e 1968, foi secretario do seu comité central. En 1968 converteuse en secretario xeral do Partido Comunista checo. Emprendeu unha serie de reformas, coñecidas como a Primavera de Praga, co obxectivo de acadar un socialismo máis humano, mediante a liberalización do réxime. Trala intervención do exército do Pacto de Varsovia, foi destituído (1969) e expulsado do partido comunista. O proceso do cambio político checoslovaco levouno á presidencia do Parlamento federal (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado en Venecia que foi residencia dos dux. A súa orixe remóntase ao s IX, aínda que foi reconstruído en numerosas ocasións. No s XIV adoptou o seu aspecto definitivo, ao edificarse a fronte que dá ao peirao, co balcón gótico, obra de Pier Paolo e Iacobello dalle Masegne en 1404, e a esquina do edificio de seis arcadas que mira á praza. A fronte do edificio que comunica coa basílica de San Marcos construíuse entre 1424 e 1457. Está formado por tres pisos: un pórtico baixo, unha loxa de arcos entrecruzados e un piso superior en que destacan as ventás oxivais. A decoración é obra de Matteo Raverti, Niccolo e Pietro Lamberti e Nanni di Bartolo. No punto de unión entre a praza e a basílica, Giovanni e Bartolomeo Bon realizaron a Porta della Carta (1438-1442) que dá acceso ao patio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado nun outeiro en Urbino que naceu como unha ampliación da residencia de Federico de Montefeltro. Luciano Laurana proxectouno en 1468 e distribuíuno ao redor dun patio de grandes dimensións, porticado na súa planta inferior. O edificio esténdese cara ao núcleo urbano; coa antiga residencia crea un novo patio, o do Pasquino, mentres que en dirección á catedral a fachada principal xira en ángulo. O resto das dependencias sitúanse cara ao val e unen a parte traseira do palacio cunha segunda fachada flanqueada por dúas torres cilíndricas. No interior destaca a decoración renacentista.
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés, fillo de Alexandre Davy de la Pailleterie Dumas. A súa novela La Dame aux camélias (A dama das camelias, 1848), que adaptou ao teatro en 1852, responde á estética do romanticismo, o mesmo que Docteur Servans (Doutor Servans, 1849), Tristan le Roux (Tristán o Rubio, 1850), Trois hommes forts (Tres homes fortes, 1851) ou L’affaire Clemenceau (O asunto Clemenceau, 1866). Non obstante , a súa produción dramática encádrase no realismo costumista e trata temas morais matizados por un humanismo liberal, en obras como Diane de Lys (1853), Le demi-monde (O medio-mundo, 1855), La question d’argent (A cuestión económica, 1857), Le fils naturel (O fillo natural, 1858), Un père prodigue (Un pai pródigo, 1859), Le suplice d’une femme (O suplicio dunha muller, 1865), Les idées de Madame Aubray (As ideas da señora Aubray, 1867), Une visite de noces (Unha visita de vodas, 1871), La princesse Georges (A princesa Georges, 1871) e La femme de Claude (A muller...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso. Traballou na realización do plano do metro de Moscova, do que foi arquitecto oficial dende 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Comunista Italiano (PCI) desde 1968, foi elixido secretario xeral das Xuventudes Comunistas en 1975. Deputado desde 1987 e director do diario comunista L’Unità (1988-1990), foi un dos artífices da transformación do PCI no Partido Democrático della Sinistra (PDS) en 1991, do que se converteu en secretario xeral en 1994. O obxectivo de D’Alema era formar unha coalición democrática de centroesquerda coa que acadar o poder. Con esta intención xurdiu L’Olivo, liderada por Romano Prodi, primeiro ministro desde 1996 ata a súa dimisión en 1998. O 9 de outubro de 1998, a coalición propuxo a D’Alema como candidato para a executiva. O 21 de outubro presentoulle ao presidente da República o seu goberno, composto por unha nova coalición de centroesquerda, Democratici di Sinistra (DS), e o día 23 gañou a moción de confianza na Cámara dos Deputados; converteuse así en primeiro ministro, ao tempo que cesaba na secretaría do seu partido. As disensións internas da coalición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e historiador da literatura. Foi profesor de literatura na Università di Pisa (1860), onde ensinou o método histórico e crítico. Escribiu, entre outras obras, Sacre rappresentazioni dei secoli XIV-XVI (Representacións sacras dos ss XIV-XVI, 1873), Le origini del teatro in Italia (A orixe do teatro en Italia, 1877) e Scritti danteschi (Escritos dantescos, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Chantre, sobriño do arcebispo Múzquiz. Membro do cabido compostelán, participou como o seu representante nas honras a Fernando VII á súa volta en 1814. En 1834 foi privado de rendas e temporalidades e en 1837 do décimo e do seu cargo por orde do goberno. Rematada a Guerra Carlista, ocupou de novo a chantría por Real Orde de xaneiro de 1844.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira academia francesa de música que absorbeu o Conservatorio en 1795. Tiña a función de fornecer de cantantes a ópera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Laiosa (O Incio). Ten dous pisos, patio interior con escaleira e torre de planta cadrada con dous corpos. Na fachada destaca a porta de arco de medio punto, o brasón coas armas dos Lanzó e Somoza e o corpo saínte sobre o que se sitúa un balcón. No s XVII conservaba o foxo e contrafoxo. Desde o exterior accedíase á capela, que máis tarde se converteu en trasteira. Tivo cárcere e gozou do dereito de asilo.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. En 1855 graduouse na École Centrale des Arts et Manufactures de París. En 1856 comezou a traballar con Charles Nepveu, director dunha compañía dedicada á fabricación de maquinaria ferroviaria. Dirixiu as obras da ponte metálica sobre o Garonne en Bordeos (1858) e en 1866 fundou a súa propia empresa coa que construíu, entre outras, a ponte Maria Pia sobre o Douro en Porto, inaugurada en 1877. Elaborou, entre outras obras, os viadutos de Tardes, Cuzbac e Garabit, a estación ferroviaria do Staatsbahn (Budapest), os pavillóns das exposicións de 1876 e 1878 de París, a cúpula do observatorio de Nice e a armadura interna da Estatua da Liberdade de Nova York (1881-1882). Con motivo dunha nova exposición universal, erixiu en París a torre que leva o seu nome. Participou nos traballos de construción do canal de Panamá dende 1887 ata a quebra da compañía en 1889. Fundou o laboratorio aerodinámico de Auteil en 1912.
VER O DETALLE DO TERMO