"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • criptografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinosauro ornitisquio, que acadou os 9 m de lonxitude e máis de 2 toneladas de peso, de corpo grande cunha dobre fileira de placas óseas, con forma de punta de frecha, a ambos os lados da columna vertebral. Algunhas destas placas acadaban máis de 60 cm. Camiñaban sobre as catro patas: as patas traseiras eran enormes, de dobre tamaño ca as dianteiras, feito que motivaba que a parte máis elevada do animal fosen as cadeiras. A cola era forte e grosa, con espiñas longas e afiadas, de ata 100 cm de lonxitude, que servían para defenderse dos depredadores. A cabeza pequena, cun cranio estreito duns 40 cm de longo, presentaba un peteiro sen dentes na parte anterior da mandíbula e moas pequenas. Foron animais herbívoros en greas a finais do Xurásico distribuídos polo oeste de América do norte, oeste de Europa, leste de Asia e leste de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido groso feito con tiras de esparto, vimbio, palma ou outros materiais que serve para cubrir un pavimento, limpar os pés ou para outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suco que deixa tras de si unha embarcación cando navega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio costeiro produto da invasión cotiá das mareas do medio terrestre na desembocadura dalgúns cauces fluviais e que, as máis das veces, están parcialmente illados do mar por unha barra areosa ou por un estreitamento rochoso. Nos esteiros teñen lugar fenómenos de mestura das aguas fluviais doces (cunha concentración de sales inferior a 0,5 g/l), mariñas (cunha concentración de sales de 35 g/l) e de sedimentación dos materiais erosionados na conca hidrográfica. A sedimentación vese favorecida pola baixa pendente do esteiro e a entrada das mareas, que fan que a velocidade das augas se reduza. Os sedimentos máis grosos sitúanse preto da desembocadura, mentres que os máis finos se depositan preto da cola do esteiro. Os sedimentos acumulados forman amplas chairas lamacentas que, na baixamar, dan lugar a unha rede de canles. A achega de materia orgánica arrastrada polos cauces fluviais e a floculación desta ao contacto coas augas salobres do esteiro fan que sexan ata 30 veces máis fértiles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral do concello de Malpica de Bergantiños, que se abre entre a Punta Cherpa, ao O, na parroquia de Barizo, e a Punta Galiana, ao L, na parroquia de Vilanova de Santiso. No fondo da enseada está a praia de Esteiro (na parroquia de Barizo), formada na beira occidental da desembocadura do río de Esteiro, que lles serve de límite ás dúas parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do fondo da ría de Cedeira, entre as parroquias de Esteiro (concello de Cedeira) e Vilarrube (Valdoviño). Alimentada por tres ríos (de N a S o Gumil, o de San Miguel e o Porto do Cabo), constitúen un complexo sistema intermareal. Coa marea baixa, a enseada queda reducida a unha marisma sucada pola canle do río Porto do Cabo. Ao NO, a barra areosa da praia de Vilarrube, froito da sedimentación da enseada e do río Loira, situado no seu extremo occidental, pecha o sistema e deixa só unha estreita canle de desaugue do río Porto do Cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral da parroquia da Devesa, situada no concello de Ribadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cedeira baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muros baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do extremo setentrional da península do Grove, situada no litoral occidental da vila do Grove, na parroquia e concello homónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral da parroquia de Xuances, no concello de Xove, que se abre entre as puntas Campanario, ao L, e de Pardiñas, ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral da parroquia de Xuances, no concello de Xove, situada ao SO da punta de Canido, no fondo da enseada do Esteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral da parroquia de Mogor, situada no concello de Mañón, no límite coa parroquia de Loiba (concello de Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alforxa confeccionada con esparto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monumento monolítico que se chanta na terra, de carácter conmemorativo, funerario, votivo, biográfico ou de limitación dun territorio, aínda que na época moderna este uso se limitou ao funerario. En Europa pode ter as súas orixes nos menhires e nas figuras gravadas nalgúns túmulos funerarios alemáns como o de Hirschlanden. Nas civilizacións antigas de Oriente Medio podían ser conmemorativas, como a estela de Narám-Sin (III milenio a C) que conmemora a vitoria deste rei sobre os lullibitas; recoller un código xurídico, como a estela babilónica de Hammurabi (s XVIII a C); e relixiosas, como a estela do deus Teshub. No antigo Exipto foron maioritariamente funerarias e nelas aparecen representados os defuntos e os deuses; destacan, entre outras, as de Tel el-’Amarna (s XIV a C), Poser (s XIII a C) e a de madeira da dama Taperet (ss X-IX a C). No mundo fenicio foron votivas e funerarias e nelas acostuman aparecer representados reis e deuses; entre outras destacan a estela do deus Melquart, a...

    2. Estela que carece de inscrición, ben por non se ter gravado nunca, ben porque desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco pequeno de madeira que se desprende dela ao rachar violentamente.

    2. Parte interior cilíndrica do talo, constituída axialmente polo durame e perifericamente pola albura, que contén os feixes condutores. Tamén se denomina cilindro central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe cristiá procedente dunha advocación da Virxe María nas ladaíñas Stella matutina ‘estrela da mañá’, aínda que é posible que teña raíces máis antigas. Presenta o hipocorístico Telluca. Houbo unha mártir no s III chamada Estela nas Galias. A súa festividade celébrase o 30 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea do xénero Stellaria, da familia das cariofiláceas, caracterizada por presentar talos nodosos e cuadrangulares, follas opostas e sen estípulas, e flores actinomorfas, numerosas, de sépalos libres, tres estilos e pétalos brancos. Os froitos son cápsulas con 6 dentes profundos. En Galicia están presentes as especies: S. alsine, en mananciais, cursos de auga e lugares húmidos e sombrizos; S. graminea, en lugares húmidos e sombrizos; S. holostea, en sebes e matogueiras; S. media, en cultivos e pedregais; S. neglecta, en prados do sudoeste do país; S. nemorum, en prados e claros de bosque da metade oriental do país; e S. pallida en terreos areosos do nordeste do país.

    VER O DETALLE DO TERMO