"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • MACIZO

    Macizo montañoso de Alemaña, situado no extremo occidental do sistema montañoso de Bohemia. O cumio máis elevado é o pico Schneeberg situado a 1.051 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe de Grecia e de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1349-1361) e conde de Artois (1345-1361). Coñecido como Filipe de Rouvres, gobernou baixo a tutela da súa nai e do segundo marido desta, que lle deixou á súa morte (1360) os condados de Boulogne e Auvernia. Morreu sen herdeiros polo que os seus territorios foron distribuídos entre Filipe II o Atrevido, que recibiu Borgoña; Margarida de Flandres, que recibiu Artois; e Xoán de Boulogne, que recibiu os condados de Boulogne e Auvernia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1363-1404) e conde de Artois, Borgoña, Flandres, Nevers, Rethel (1384-1404) e de Charolais (1390-1404). Feito prisioneiro na Batalla de Poitiers (1356), foi trasladado a Inglaterra, onde permaneceu ata 1360. Casado con Margarida de Flandres (1369), herdou do seu sogro o Franco Condado e Artois e, trala morte do seu irmán, Carlos V de Francia (1380), sucedeuno como rexente do futuro Carlos VI. Enfrontouse ao seu sobriño Luís de Orleans polo ducado de Luxemburgo (1402).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1419-1467) e conde de Flandres. Polo Tratado de Troyes (1420) recoñeceu a Enrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro do trono francés, pero despois do Tratado de Arras (1435) recoñeceu a Carlos VII como rei de Francia. Casou primeiro con Micaela de Francia (1409), que lle achegou como dote as cidades de Somme e Boulonnais e gran parte da Picardia, e despois con Bona de Artois (1424) e con Isabel de Portugal (1430). Durante o seu goberno aumentou as súas posesións territoriais e asumiu a administración dos Países Baixos. A prosperidade económica permitiulle favorecer as artes e as letras. Foi o fundador da Orde do Vélaro de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou na Universidade de Copenhaguen, onde se doutorou en 1890 e da que foi profesor. É o inventor da fototerapia e da lámpada que leva o seu nome, e que se empregou no tratamento do lupus vulgaris ou tuberculose da pel. O seu descubrimento conduciu á utilización de raios ultravioletas para a esterilización dos instrumentos. En 1903 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polas súas investigacións sobre os raios ultravioletas e as súas aplicacións terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao N da illa de Gran Canaria (6.526 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cítricos, froiteiras e cereais) e a gandería. Hai industrias derivadas e unha planta embotelladora de auga. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento de La Guanche, a igrexa parroquial de San Roque (s XVI) e o balneario de Azuaje.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de poemas da autoría de Manuel Luís Acuña publicado pola editorial Nós en 1933 baixo o título Fírgoas. Poemas (1930-1931) e que tivo unha segunda edición no ano 1979 que incluíu nove composicións máis. O libro está cheo de pegadas hilozoístas e doutras tendencias da vangarda, mesturadas con elementos clásicos e influencias de escritores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou Amado Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foneticista dinamarqués. Criticou os conceptos de forma e substancia de Louis Trolle Hjelmslev e contribuíu ao coñecemento internacional da estrutura lingüística do dinamarqués a través de edicións de monografías e antoloxías. Destacan as súas obras Trends in Phonological Theory: A Historical Introdution (1975) e 25 Years’ Phonological Comments (1979). Membro honorífico da Linguistic Society of America (1963) e doutor honoris causa das universidades de Lund e Århus (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta albanés. Polemista e satírico, escribiu poesía relixiosa, lírica e patriótica. Destaca o seu poema épico Lahuta e nalcis (O laúde da montaña, 1905-1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi profesor na Universidade de Dublín e membro da Royal Society de Londres. Realizou investigacións sobre as ondas electromagnéticas e a teoría do éter. Interpretou a famosa experiencia de Michelson sobre a determinación da velocidade da luz e en 1895 enunciou a teoría da contracción lonxitudinal dos corpos en movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo irlandés. Recreou nas súas pezas a natureza máxica das lendas, contos e tradicións populares da Irlanda gaélica. Entre as súas obras destacan The Country Dressmaker (Un xastre de aldea, 1907), The Magic Glasses (Os vasos máxicos, 1913) ou The Enchanted Land (A terra encantada, 1957), nas que desenvolve unha visión entre máxica e grotesca do drama de costumes irlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Traballou con Lucas van Valckenborch e foi un dos poucos pintores alemáns que se especializou nas naturezas mortas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do land de Slesvig-Holstein, Alemaña, situado ao final do fiorde de Flensburg, no Mar Báltico (87.000 h [1990]). Nesta zona destaca a construción naval e mecánica e a industria de coiro, de produtos químicos e de instrumentos de óptica. Fundada no s XII ao pé da ruta comercial que une o Báltico con Centroeuropa, foi declarada cidade en 1284. Baixo a dominación danesa converteuse nun destacado porto comercial (s XVI) e desde a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) entrou en decadencia. No s XIX, Dinamarca e Alemaña disputáronse a súa soberanía e en 1920 pasou a Alemaña. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Nicolás e San Marien, os mercados de Nordertor e Schrangen, e a ponte da Kompanietor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiorde do golfo de Kiel, situado no Mar Báltico occidental, que fai de límite entre Dinamarca e Alemaña. Duns 50 km de lonxitude, a península de Holnis divídeo nun fiorde interior (20 km), coa cidade de Flensburg ao seu fondo, e un fiorde exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII) Abade e bispo de Estrasburgo, fillo dun príncipe irlandés que marchou a Alemaña onde se fixo ermitán. Considérase o apóstolo de Alsacia. Na iconografía viste de pontifical; leva, como atributos xerais, a maqueta dunha igrexa e un bordón de dobre cruz, e, como atributos persoais, un animal bravo ou unha meniña cega aos seus pés. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro de variedades parisino. Inaugurado en 1869 co nome de Café du Sommier Élastique, en 1871 adquiriu o nome definitivo. O termo francés folie designa un lugar de recreo ou casa de campo e a finais do século XIX utilizouse para designar espacios teatrais, entre os que cómpre destacar os denominados Folies Dramatiques, Folies Marigny, Folies Mayer e, finalmente, Folies Bergère. Este último especializouse nos xéneros da opereta e a pantomima. Anos despois, en 1918, e baixo a dirección de Paul Derval, comezou unha nova etapa baseada no teatro de variedades e de revista, na que presentou espectáculos musicais de gran formato no que se alternaban todo tipo de escenas cos números bailados e a actuación de cantantes célebres. No seu escenario iniciaron a súa carreira artistas notables como Maurice Chevalier, Charles Spencer Chaplin, Yvette Guilbert ou Josephine Baker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margaret Hookham.

    VER O DETALLE DO TERMO