"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Cadeas montañosas formadas durante o Careliano ou o Mesoprotozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Carelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo carelio.

    3. Pobo do grupo dos fineses orientais formado e desenvolvido en Carelia.

    4. Lingua ugrofinesa, do grupo baltofinés, que ten ao redor de 140.000 falantes que habitan na República de Carelia e nos territorios de Kalinin e Novgorod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sobrado. Foi construída ao redor de 1220 en estilo románico. Ten unha nave e unha ábsida de planta rectangular á que se engadiu a sancristía. Da obra medieval consérvase só o testeiro, o muro norte da ábsida, e o arco triunfal dobrado e apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ou Quilla

      1. Parte somerxida do casco dun buque ou embarcación.

      2. Reparación que se realiza no casco dun barco tumbándoo ou varándoo.

      3. carena líquida

        Líquidos que teñen liberdade para moverse no interior do barco, xa sexa nos seus fondos, nos tanques de auga ou nos de combustible. As inercias que producen estes líquidos diminúen a estabilidade da embarcación, e por este motivo os tanques deben estar sempre cheos ao máximo.

      4. centro da carena

        Centro de gravidade da parte somerxida dun barco. As posicións deste centro e mais do de gravidade do buque determinan a estabilidade do mesmo.

    2. Parte ou órgano en forma de quilla, concretamente a parte saínte do esterno e o ángulo de bifurcación da traquea.

    3. Estrutura vexetal en forma de quilla, como os pétalos inferiores da corola das fabáceas ou das poligaláceas.

    4. Flexión angular da parede dunha vasilla.

    5. Estado de embriguez motivado por un consumo excesivo de bebidas alcohólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte somerxida do casco dun buque ou embarcación.

      2. Reparación que se realiza no casco dun barco tumbándoo ou varándoo.

      3. carena líquida

        Líquidos que teñen liberdade para moverse no interior do barco, xa sexa nos seus fondos, nos tanques de auga ou nos de combustible. As inercias que producen estes líquidos diminúen a estabilidade da embarcación, e por este motivo os tanques deben estar sempre cheos ao máximo.

      4. centro da carena

        Centro de gravidade da parte somerxida dun barco. As posicións deste centro e mais do de gravidade do buque determinan a estabilidade do mesmo.

    1. Parte ou órgano en forma de quilla, concretamente a parte saínte do esterno e o ángulo de bifurcación da traquea.

    2. Estrutura vexetal en forma de quilla, como os pétalos inferiores da corola das fabáceas ou das poligaláceas.

    3. Flexión angular da parede dunha vasilla.

    4. Estado de embriguez motivado por un consumo excesivo de bebidas alcohólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre a Popa, a Vela, o Centauro, o Camaleón, o Peixe voador e o Cabalete de Pintor. Está formada por 206 estrelas visibles para o ollo humano, entre as que están unha de primeira magnitude, tres de segunda e tres de terceira. A principal é α-Carinae ou Canopus, que é unha estrela superxigante de magnitude aparente -0,86 e situada a unha distancia de 365 anos luz. Antigamente se consideraba parte da constelación de Argón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de carenar unha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de carenar.

    2. Provisto de carena ou dunha liña sobresaínte a xeito de quilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se carenan embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a carena ou poñer a carena a unha embarcación.

    2. Reparar o casco dunha embarcación, especialmente. Todos os cascos construídos en madeira débense pintar completa e regularmente con algunha pintura especial e antiinscrustante, xa que algúns moluscos poden chegar a facer perigar a solidez e consistencia do buque.

    3. Tumbar o barco ata que quede a quilla ao descuberto. Trátase dunha operación que ten como obxecto facilitar as reparacións e a limpeza do casco. Este é un procedemento de emerxencia cada vez menos empregado, xa que se corre o perigo de castigar a embarcación e cómpre baleirala. Nos portos de marea o procedemento de carenar a embarcación emprégase poucas veces, xa que a miúdo abonda con varala na praia entre dúas mareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia de non ter ou faltar algunha cousa que se expresa.

    2. Perturbación do metabolismo mineral da planta sometida á insuficiencia dalgún dos elementos fundamentais, como nitróxeno, potasio, magnesio ou fósforo.

    3. Ausencia ou insuficiencia de afecto cara ao neno pequeno, especialmente antes do cuarto ano de vida, por parte da nai ou do substituto materno.

    4. Afección provocada pola insuficiencia ou pola ausencia no organismo de elementos nutritivos indispensables, especialmente vitaminas (avitaminose). Pode estar provocada por unha subministración insuficiente de alimentos, por unha absorción intestinal deficiente ou por causas semellantes.

    5. Función número VIII incluída dentro das funcións narrativas establecidas por Vladimir Propp en 1928. Alude á falta dalgún elemento que afecta aos protagonistas dos contos marabillosos rusos e adoita aparecer no inicio do relato. É imprescindible no desenvolvemento do argumento e na configuración do conto, pois todos os acontecementos e situacións deben suplir esa carencia e restablecer o estado de equilibrio e felicidade inicial dos personaxes.

    6. Lapso de tempo cotizado nos seguros para poder ser beneficiario dunha prestación determinada, durante o cal o asegurado aínda non ten dereito a recibir a devandita prestación, especialmente se é económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘zoco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que carece dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita simultaneamente e en presenza mutua, co fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequena unidade de relevo de dirección N-S integrada na denominada Dorsal Meridiana Galega, que se estende pola súa parte oriental entre as parroquias de Moredo, Carballal, Cuíña e Ambreixo (concello de Palas de Rei) e, pola vertente occidental, entre as de Vilouriz (concello de Toques) e Meire (concello de Santiso). O seu cumio está no monte Careón, a 798 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel que recobre algúns froitos como a pataca ou a pera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Discípulo de Lisipo, é o autor da estatua do deus Helio, coñecida como o Coloso de Rodas (290-280 a C), divindade protectora da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de caro.

    2. Falta, carencia ou escaseza, especialmente de abastecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto de cartón, plástico, goma ou calquera outro material, que representa xeralmente unha cara grotesca e que se serve para ocultar o rostro.

    2. Expresión do rostro.

    VER O DETALLE DO TERMO