"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de clarificar.

    2. Proceso industrial de separación das partículas sólidas suspendidas nun líquido co obxecto de aclaralo. Se se deixa un líquido turbio en repouso, as partículas suspendidas, cando son máis densas có medio concéntranse no fondo, de xeito que se pode retirar o líquido claro pola parte superior. A eficacia dun método de clarificación dependerá do valor da velocidade de caída das partículas presentes dentro do líquido. Así, poderase clarificar un líquido por gravidade cando a velocidade sexa elevada, e recorrer á floculación cando as densidades do sólido e do fluído sexan moi semellantes. Cando o líquido é moi viscoso, emprégase a clarificación por centrifugación. Nas industrias alimentarias, clarifícanse as solucións de azucre, viños, cervexa, zumes de froitas, etc, mediante un tratamento con produtos químicos tolerados como aditivos (clara de ovo, xelatina, taninos, bentonitas, terras de infusorios, etc) que, ao mesmo tempo que engloban as partículas en suspensión, fan máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de clasificar ou clasificarse.

      2. Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías, coordinadas ou subordinadas segundo un criterio determinado. Denomínase artificial se se fai arbitrariamente, en función dun obxectivo particular, e natural, se está feita segundo uns trazos comúns cientificamente descubertos.

    1. Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso. Ex: O equipo local rematou a liga no terceiro posto da clasificación.

    2. Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición. Ex: Ambos os equipos acadaron a clasificación para as semifinais da competición europea.

      1. Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización. A historia da clasificación é un intento continuado de dividir sistematicamente os coñecementos universais, coa agrupación dos temas que teñen relación ou afinidade. Un bo esquema de clasificación require certas condicións, entre as que son indispensables: táboas, sinal ou notación, índice e signos auxiliares. As táboas son listas sistemáticas de materias ordenadas do máis amplo ao máis concreto. A orde está fixada polos sinais ou notacións. O sinal é a serie ordenada de símbolos, expresados xeralmente por cifras ou letras que corresponden ás materias; aplicados aos libros serven para ordenalos entre eles. É imprescindible un bo índice alfabético de temas. Os signos auxiliares (ou táboas auxiliares) dan aclaracións de lugar, tempo, idioma, etc. Os sistemas de clasificación bibliográfica máis usados son o da biblioteca do Congreso de Washington (1904) e, especialmente,...

      2. clasificación arquivística

        Identificación e agrupamento das unidades documentais que compoñen un fondo ou un conxunto arquivístico. A diversidade dos tipos e a complexidade das funcións documentais, así como a distinta natureza dos arquivos, non favorecen unha clasificación apriorística, tal e como se lles puido aplicar ás bibliotecas. Cómpren, pois, estudios individualizados. Téndese a aplicar prioritariamente a clasificación orgánica, na que o principio fundamental é o respecto á unidade de procedencia dos documentos, seguindo os fíos condutores da institución orixinaria; úsase maioritariamente con fondos históricos. Outros tipos de clasificación son a funcional, pouco empregada, que supón unha sistematización por materias, e a orgánico-funcional, que combina ambos os dous sistemas e que se utiliza, sobre todo, en arquivos de xestión ou administrativos. En calquera dos tres casos é indispensable a elaboración dun cadro de clasificación que sistematice as diversas divisións do arquivo.

      3. clasificación decimal universal

        Sistema de ordenación, o máis coñecido e divulgado de todas as bases de clasificación bibliográfica. Melvil Dewey (1876) fixo a primeira versión. Dividiu en dez grupos o conxunto dos coñecementos humanos e deulles como símbolo as cifras do 0 ao 9: 0 Obras Xerais; 1 Filosofía; 2 Relixión; 3 Ciencias Sociais; 4 Filoloxía; 5 Ciencias Puras; 6 Ciencias Aplicadas; 7 Belas Artes; 8 Literatura; e 9 Xeografía, Historia e Biografía. Cada grupo subdivídese noutros grupos temáticos. En 1905, partindo da clasificación de Dewey, o Institut International de Bibliographie de Bruxelas creou a clasificación decimal universal, que é actualmente a máis utilizada. Estes sistemas de clasificación son especialmente aptos para bibliotecas públicas ou de fondo xeral, mentres que non se adaptan tan ben ás necesidades das bibliotecas especializadas, que a miúdo utilizan sistemas de clasificación propios.

    3. Distribución dos seres vivos en grupos denominados en xeral taxons, segundo criterios de afinidade filoxenética, morfolóxica, etc.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de claudicar. Ex: A súa claudicación pode deberse a motivos persoais.

    2. Dor constritiva que aparece nas extremidades inferiores só durante os esforzos (camiñar, correr, etc) e que desaparece ao suspender o exercicio. Preséntase especialmente na arteriosclerose e na tromboanxiíte obliterante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Caixa Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación de estado dos gases. É unha corrección da ecuación de Van der Waals: [P+(n2a/T(V+c2))](V-b)=RT, onde P, V e T son a presión, o volume e a temperatura do gas, n é o número de moles, R é a constante dos gases perfectos, a é un parámetro que depende da temperatura, b é unha constante e c é función de a e b.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que describe o cambio de fase dunha substancia: dp/dT=DH/TDV, onde p é a presión, T a temperatura na que se produce o cambio de fase, DH a variación de entalpía e DV a variación de volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asocarpo propio dalgunhas piromicétidas formado por un corpo máis ou menos esférico e indehiscente que contén os ascos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Reacción do grupo carbonilo CO dos aldehidos e das cetonas a grupo metilo CH2por acción da amalgama de cinc en medio de ácido clorhídrico, segundo a seguinte ecuación de reacción:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acondicionamento do aire nun local, nun vehículo, etc, para conseguir unhas características de temperatura e humidade agradables ao corpo humano ou ben convenientes por razóns sanitarias ou doutro tipo. O control de temperatura consiste, basicamente, en calefacción no inverno e refrixeración no verán para conseguir unhas temperaturas que oscilan ao redor duns 20°C, independentemente da temperatura exterior. Como o ser humano tende a adaptarse ao medio ambiente, as temperaturas confortables no inverno son máis baixas ca no verán; deste xeito, no inverno a 20-22°C obtense unha sensación de confort que no verán equivale á de 23-25°C. A humidade convén que se manteña entre o 60 e o 70% de saturación no inverno e entre o 40 e o 50% no verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de clonar. Ex: A clonación humana non está permitida por cuestións éticas.

    2. Proceso de obtención de células ou organismos idénticos orixinados do mesmo e único proxenitor por división das células ou por reprodución asexual dos organismos. Desenvólvese espontaneamente en bacterias, protozoos, algas e fungos unicelulares, en vexetais e, por partenoxénese, en animais coloniais. Tamén ten lugar de forma natural na división das células somáticas dos organismos pluricelulares de reprodución sexual e nos procesos de reprodución partenoxenética dalgúns insectos e crustáceos. Experimentalmente, comezáronse a producir clonacións de anfibios e, máis recentemente, de mamíferos de laboratorio (ratos e ovellas) coa utilización de células embrionarias cultivadas no laboratorio antes de seren implantadas noutro animal. En 1997 naceu o primeiro mamífero resultado da clonación dunha célula dun animal adulto: unha ovella bautizada co nome de Dolly. Neste caso a técnica, desenvolvida polos investigadores do Instituto Roslin de Edimburgo, consiste na extracción do núcleo dunha célula...

    3. Técnica que permite a obtención de gran número de copias idénticas dun ou varios xenes contidos nun fragmento de ADN. Consiste na unión do fragmento de ADN que interesa, obtido mediante endonucleases de restrición, a un vector de clonación (plásmido ou ADN viral) e a posterior transformación dunha célula eucariota ou procariota. A aplicación desta técnica realizouse primeiro en plantas, por mor da súa maior facilidade de manipulación, para mellorar as características de árbores froiteiras e plantas ornamentais ou para aumentarlles a resistencia fronte aos herbicidas de cultivos de cereais. Tamén se emprega para obter produtos terapéuticos (como a insulina, o interferón e a hormona do crecemento), mediante a clonación e a expresión de xenes en bacterias que crecen rapidamente e que o producen en gran cantidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Haloxenación con cloro, isto é, introdución dunha ou máis moléculas de cloro nunha molécula, especialmente nunha molécula orgánica. A cloración de compostos orgánicos pódese facer mediante a adición de cloro a moléculas non saturadas que formen enlaces covalentes co cloro, ou a substitución de átomos ou grupos funcionais da molécula por cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de descomposición que ten lugar en piroxeno, anfíbolos, granates, biotitas e vesivianitas, nos que provoca a súa transformación en minerais da serie da clorita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cloroformizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de debate político constituído en 1986, tralo éxito electoral de Coalición Galega en 1985, para estruturar un galeguismo consciente e asumible como fórmula política. A idea xurdiu de Luciano García Alén, galeguista histórico que actuou de presidente durante a primeira andaina do grupo, e de Perfecto Yebra Martul-Ortega, responsable da elaboración do programa político de Coalición Galega en 1985 e que asumiu o secretariado. Como primeiros integrantes do clube figuraban Barreiro Fernández, Couceiro Rivas, García Iglesias, Gómez Segade, González Reboredo e Sobrino Manzanares. A incidencia no debate público que pretende establecer na sociedade galega, realízao a través de conferencias e táboas redondas. Entre os conferenciantes que empregaron a tribuna do Clube cómpre salientar a Barreiro Fernández, Barreiro Rivas, Beiras Torrado, Fernández del Riego, Méndez Ferrín ou Nogueira Román, entre os políticos e intelectuais galegos, e Saraiva de Carvalho ou Roca Junyent, entre as personalidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento violento co que se obriga a alguén a facer ou dicir algunha cousa.

    2. Forza lexítima vinculada ao dereito, que permite o seu exercicio contra a oposición inxusta ou permite esixir o cumprimento das obrigas. Maniféstase esencialmente na execución de sentencias e nas funcións policiais.

    3. Delito contra a liberdade da persoa que consiste en empregar, sen estar lexitimamente autorizado, violencia material ou moral sobre outro para obrigalo a facer o que non quere ou para impedirlle facer o que a lei non prohibe.

    4. Influencia que un grupo exerce sobre os membros do seu ámbito social e tamén sobre o seu propio grupo, para que se someta ás leis e normas do grupo e para impedir que vaia contra a moral, os intereses ou o seu xeito de vida. Para Durkheim, a coacción é unha característica definitoria do feito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interacción establecida entre dous organismos dentro dun ecosistema. Pode ser homotípica ou intraespecífica, se se establece entre individuos da mesma especie, e heterotípica ou interespecífica, cando é entre individuos de especies distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que coacciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer presión con coaccións sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que un sistema coloidal, ao engadirlle un terceiro compoñente, se separa en dúas fases, unha constituída polo coloide ou coacervado, e outra, polo líquido de equilibrio ou coacervante. Ten moita importancia no estudo da orixe da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuste entre dúas estruturas dun organismo para unha mesma función.

    2. Proceso evolutivo polo que varios xenes, que interactúan de modo favorable, se acumulan no acervo xenético dunha poboación.

    3. Adaptación evolutiva das especies que se relacionan entre si e que se traduce en cambios hereditarios favorables para ambas.

    VER O DETALLE DO TERMO