"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á vaca, ao boi ou ao cabalo que ten a cara branca e o resto da cabeza de cor escura.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo inglés. Pertenceu á corte de Carlos I, ante a que se representou a súa mascarada Coelum Britannicum (Ceo británico, 1634). Influído por Giambattista Marino e John Donne, os seus poemas publicáronse postumamente no volume Poems (Poemas, 1640).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das ciperáceas. Comprende un milleiro de especies de distribución cosmopolita que se atopan preferentemente nas rexións temperadas e frías. Pertencen a este xénero os buños.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico anglicano. Foi ordenado presbítero en 1963. Doutor en Teoloxía e Filosofía, foi nomeado director do Seminario Teolóxico de Bristol (1982) e, en 1988, bispo de Bath e Wells. En 1991 sucedeu a R.A.K. Runcie como arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Formouse na academia militar Black Fox de Hollywood. Especializado no xénero western, traballou con importantes actores da época coma Robert Mitchum, Bette Davis e Lilian Gish. Interpretou os filmes: Pursued (Acosado, 1947), Rio Grande (1950), Seventh Cavalry (O sétimo de cabalería, 1956), Two Rode Together (Dous cabalgan xuntos, 1961) e Last Stand at Saber River (A última estadía no río Saber, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista proteccionista. Definiu o custo como a medida da dificultade que se atopa ao querer obter bens para o seu uso. Foi crítico ante as teorías de David Ricardo sobre o rendemento decrecente da terra, así como sobre o principio malthusiano da poboación. Na súa extensa obra destacan Principles of Political Economy (Principios da economía política, 1837-1840) e Principles of Social Science (Principios da ciencia social, 1857-1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Misioneiro e filólogo inglés. Trasladouse á India en 1793, onde fundou unha casa de edicións en Shrīrāmpur. Publicou a Biblia e diferentes gramáticas e dicionarios en corenta linguas e dialectos, entre eles o sánscrito, o panjabi e o bengalí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza que provoca unha axitación continuada das mans e que se manifesta agarrando violentamente a roupa ou obxectos que se buscan ou se xuntan.
-
-
Acción e efecto de cargar.
-
-
Aquilo que se coloca sobre alguén ou sobre un animal
-
Conxunto das mercadorías dispostas para ser cargadas nun vehículo ou elemento de transporte. As cargas clasifícanse segundo a súa presentación. As cargas a granel son mercadorías que pola súa natureza non se embalan (petróleo, minerais, gran, etc) senón que se cargan directamente nas cisternas, silos ou depósitos dos barcos, vagóns de ferrocarril ou camións. As cargas unitarias son un conxunto de diversas pezas ou elementos unidos (balas, fardos) amontoados, gardados no interior dun recipiente pechado (contedor) ou nun gran recipiente que flota (barcaza), de xeito que constitúen un todo non divisible en partes con vistas á súa manutención e transporte. O desenvolvemento deste tipo de carga comportou a progresiva especialización dos medios de manutención e de transporte.
-
Peso soportado por un home, un animal, un vehículo ou outra máquina, ou levantado por un aparello de elevación. As cargas clasifícanse en nominais, útiles e totais, a carga nominal é a que pode ser soportada por un aparello nunhas condicións específicas. A carga útil é o peso que pode ser soportado por un aparello, vehículo, etc, ademais do seu propio peso; a carga total é a suma da carga útil e da tara.
-
carga máxima
Carga límite que pode transportar un barco segundo a liña de máxima carga indicada no disco do bordo.
-
-
-
Proxectil ou conxunto de proxectís que se subministran a unha arma de fogo.
-
carga oca
Artificio conseguido ao colocar a carga explosiva dunha granada ao redor dunha superficie cónica, que ten a cúspide dirixida á parte posterior do proxectil. Ten unha gran potencia perforante, razón pola que se emprega principalmente contra materiais blindados e fortificacións. Lánzase mediante granadas ou foguetes con pouca velocidade inicial, e tamén a través dos canóns dos tanques, cando estes loitan entre eles. Empregouse por primeira vez na Segunda Guerra Mundial.
-
carga de profundidade
Recipiente, xeralmente cilíndrico, cunha potente carga explosiva no seu interior e provisto dunha espoleta e dos mecanismos de regulación e de seguridade adecuados, que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos. A carga explosiva adoita estar constituída por trinitrotolueno fundido e a súa explosión normalmente vén provocada por unha cadea de explosións de sensibilidade crecente. A espoleta pode ser de percusión, accionada ao topar cun obstáculo; hidrostática, activada cando se establece a presión da auga; de paso de auga, magnética, etc, ou mixta. As primeiras cargas de profundidade apareceron durante a Primeira Guerra Mundial.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode cargar.
-
-
Pesadez que se sente na cabeza ou nos ollos, normalmente a causa da gripe ou doutra doenza.
-
Constipado ou arrefriado de nariz.
-
-
-
Lugar apropiado para atracar as embarcacións e cargar ou descargar mercadorías.
-
Pedra ou madeira que forma o lintel dunha porta ou dunha xanela.
-
-
-
de cargar.
-
Que ten carga.
-
-
Dise do tempo atmosférico cando vai bochorno.
-
Aplícase ao ceo cando está moi nubrado.
-
-
Aplícase ao ambiente ou ao aire que presenta falta de ventilación.
-
Que está moi concentrado.
-
Que padece un forte constipado.
-
Dise de quen está ebrio.
-
-
...
-
-
-
-
cargadeiro.
-
Elemento de pedra ou madeira que conforma a lumieira das portas e ventás.
-
Lugar onde se acostuma facer a limpeza do trigo e doutros cereais.
-
-
-
Que carga.
-
-
Persoa que se dedica a cargar mercadorías.
-
Persoa que embarca mercadorías en réxime de carga xeral para que sexan conducidas ao punto de destino. Este termo refírese, fundamentalmente, ao transporte terrestre fronte a fretador, que se reserva para o marítimo.
-
-
-
Instrumento ou instalación que serve para cargar.
-
Dispositivo das armas automáticas e semiautomáticas que contén os proxectís que se van metendo sucesivamente na cámara.
-
Culler coa que se introducía a pólvora nos canóns de artillería.
-
cargador de baterías
Aparello que serve para cargar baterías de acumuladores mediante enerxía eléctrica da rede de corrente alterna. Está formado por un transformador e por un ou máis rectificadores. Adoitan ser automáticos, de xeito que regulan a tensión de saída e limitan a corrente de carga por debaixo do valor máximo permitido.
-
-
Soldado que introduce a carga nunha peza de artillería.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Ceramista e pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa. Comezou a expoñer en 1949. A mediados dos anos cincuenta iniciouse na pintura. Entrou en contacto con Vieira da Silva e Arpad Szenes, que se interesaron pola súa obra de tendencia abstracta. Na década dos sesenta trasladouse a París e conectou cos artistas portugueses e coas novas correntes artísticas. A súa pintura evolucionou cara a unha abstracción xeométrica que o conduciu ata experiencias minimalistas. Na súa obra ten unha presenza importante a práctica da pintura sobre azulexo. Entre as súas obras destacan os Paneis do Jardim de Almada (Lisboa, 1956), os azulexos do Instituto Franco Portugués (1984) e os da Estación do Colexio Militar/Luz do metro de Lisboa (1987). En 1954 acadou o Premio Nacional de Cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de mercadorías que transporta un vehículo, un barco ou calquera outro medio.
-
-
-
Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.
-
Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.
-
-
-
Introducir nun recipiente, dispositivo ou instrumento unha carga ou calquera cousa necesaria para que funcione ou produza determinado efecto.
-
Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.
-
Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.
-
Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.
-
Incorporar a un produto unha materia de carga.
-
Subministrar electricidade a un condensador, un acumulador, unha batería ou calquera aparello.
-
-
...
-
-
-
-
Función ou dignidade que desempeña unha persoa nunha organización, empresa ou oficina, normalmente retribuída. OBS: Adoita empregarse cun modificador introducido pola preposición de.
-
Persoa que desempeña unha función ou un posto nun organismo ou nunha empresa.
-
alto cargo
Persoa que ten atribuída unha importante responsabilidade dentro dun organismo gobernamental, administrativo ou doutro tipo.
-
-
-
Cada un dos delitos ou culpas atribuídos a unha persoa e que constitúen os puntos dunha acusación.
-
prego de cargos
Documento no que figuran os feitos irregulares ou delitivos que se lle atribúen a alguén nun expediente disciplinario. O interesado pode alegar en contra o que considere conveniente para o seu descargo.
-
-
-
Cantidade de diñeiro extraída dunha conta para efectuar un pagamento.
-
FRAS: A cargo de. 1 Baixo a responsabilidade dunha persoa que se indica. 2 Á conta de. Cargo de conciencia. Motivo para sentirse culpable dalgunha cousa. Facerse cargo. 1 Encargarse ou ocuparse de alguén ou dalgunha cousa. 2 Ser consciente de algo. Ó
Apuntamento nunha conta do diñeiro extraído para un pagamento.
-
-
...
-
-
-
-
Función ou dignidade que desempeña unha persoa nunha organización, empresa ou oficina, normalmente retribuída. OBS: Adoita empregarse cun modificador introducido pola preposición de.
-
Persoa que desempeña unha función ou un posto nun organismo ou nunha empresa.
-
alto cargo
Persoa que ten atribuída unha importante responsabilidade dentro dun organismo gobernamental, administrativo ou doutro tipo.
-
-
-
Cada un dos delitos ou culpas atribuídos a unha persoa e que constitúen os puntos dunha acusación.
-
prego de cargos
Documento no que figuran os feitos irregulares ou delitivos que se lle atribúen a alguén nun expediente disciplinario. O interesado pode alegar en contra o que considere conveniente para o seu descargo.
-
-
-
Cantidade de diñeiro extraída dunha conta para efectuar un pagamento.
-
Apuntamento nunha conta do diñeiro extraído para un pagamento.
-
-
...
-