"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • (Siria?, s II) Mártir cristián lendario. Segundo unha lenda do s XI, foi un príncipe cananeo que nun principio estivo ao servizo do demo. Logo, ocupouse de pasar viaxeiros sobre os seus fortes ombreiros por un torrente. Disque un día se lle apareceu Cristo baixo a forma dun neno e recoñeceuno polo seu peso; foi daquela cando comezou a súa predicación co nome co que se coñece Christophorus ‘portador de Cristo’. Sufriu martirio en tempos do Emperador Decio (249-251). A reforma litúrxica do Concilio Vaticano II eliminouno do calendario romano, aínda que é dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e en Oriente xa está documentado no s V. Na Idade Media, o seu culto era moi popular en Occidente. A súa advocación principal é a de protexer contra a “mala morte”, sen recibir os sacramentos da unción dos enfermos; aínda que por ter prestado servicios a viaxeiros e camiñantes a tradición converteuno en patrón dos automobilistas, aviadores, alpinistas, atletas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Debutou na competición en 1985. En 1987 disputou as súas primeiras carreiras no Campionato do Mundo, na categoría de 80 cc. Un ano despois proclamouse subcampión mundial de 80 cc. Na tempada seguinte (1989) conseguiu o título mundial na cilindrada superior (125 cc). Despois de pasar pola categoría de 250 cc sen rexistrar grandes triunfos, en 1992 accedeu á cilindrada dos 500 cc. Nesta cilindrada conseguiu en 1998 o terceiro posto na clasificación final do Mundial e en 1999 o título oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • š (Ilanča, Serbia 1893 - Belgrado 1977) Escritor serbio. Foi un dos iniciadores do expresionismo na literatura serbia. Da súas obras destacan Dnevnik o Čarnojevicu (Diario de Čarnojevicu, 1921), a obra teatral Maska (A máscara, 1918) e a novela histórica Seobe (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Pertencente ao círculo de Juan de Angés, cara ao 1598 rematou o retablo da Nosa Señora dos Remedios en Vilamaior do Val (Verín).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos alimentos que producen ruído ao mastigalos.

    2. Tipo de turrón, elaborado a base de améndoas ou abelás torradas, enteiras ou esmiuzadas, mesturadas con caramelo.

    3. Xarope, a punto de caramelo, con améndoas ou abelás e zume de limón, que se utiliza como fondo para tortas e para diferentes adornos de repostería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi mestre de capela de San Marcos de Venecia. A súa produción profana está constituída por canzonette e madrigais de tres a oito voces, e a relixiosa, por misas, salmos e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crocodilianos.

    2. Réptil da orde dos crocodilianos.

    3. Orde de réptiles diápsidos á que pertencen os crocodilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce elaborado con follado ou con pasta preparada con levadura, fariña, leite e manteiga. Córtase en triángulos, que se envolven dándolles a forma de media lúa no cuarto crecente. Adóitase consumir no almorzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, marqués de Croix. Participou na Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748) e desenvolveu a súa carreira militar en España, onde acadou o grao de tenente xeneral. Foi comandante en Ceuta e en El Puerto de Santa María e capitán xeneral de Galicia (1755-1756 e 1762-1764). Foi vicerrei de México (1766-1771), onde expulsou os xesuítas (1767) e organizou as expedicións de Gaspar de Portolano a California. Regresou á Península Ibérica e foi capitán xeneral de València e Murcia (1777-1785).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase climática do interglacial Günz-Mindel que marca o inicio do Plistoceno medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Cromeriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Información relativa á cor da luz analizada, nos sistemas de televisión en cor. Consta de dous compoñentes, o ton e a saturación, e é completamente independente do valor da luminancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto galego do s XV conservado en dúas versións. Unha nun manuscrito do arquivo da catedral de Santiago (14 follas) e en dúas copias deste: manuscrito 1.228 da Biblioteca Nacional de Madrid (do XVI) e manuscrito 1.924 da Biblioteca Universitaria de Salamanca (do XVII). A outra nun manuscrito da Biblioteca Vaticana (do XVII). Ademais diso, en 1888 López Ferreiro citaba outros cinco manuscritos, actualmente de paradoiro descoñecido. A versión da Biblioteca Vaticana indica que se escribiu en 1444 e que a compuxo “Jan Rodriguez do Padron”, coincidindo cun códice que posuía A. Fernández Guerra, pero non hai fundamento para esta atribución. O códice de Santiago foi escrito en 1468 por Rui Vasques, clérigo de Chacín (Mazaricos). O autor tenta facer unha exaltación da igrexa de Iria, onde estivo o bispado antes do seu traslado para Santiago, e refírese aos bispos de Iria-Compostela desde os inicios ata os tempos de Diego Xelmírez. Para a elaboración do texto utilizou como fontes o Chronicon Iriense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1981. Baseada nun feito real, recrea os acontecementos e circunstancias que rodean un crime, resultado dunha vinganza por unha ofensa de honor. Narra o asasinato do protagonista, Santiago Nasar, por dous irmáns, Pedro e Pablo Vicario, que o consideran responsable da perda da virxindade da súa irmá, Ángela Vicario, que acaba de casar e que é repudiada por Bayardo San Román, forasteiro que chegara á vila meses atrás. Inspirada nos modelos da crónica xornalística e da novela policíaca, é unha historia circular que comeza e remata coa morte do suposto culpable. O narrador preséntase como investigador que tenta aclarar o suceso a partir da reconstrución do período que transcorre desde o remate das celebracións da voda ata a consumación do crime anunciado. Ao longo de cinco capítulos, o narrador-cronista avanza e retrocede na sucesión lóxica dos acontecementos e alterna os seus recordos e as súas impresións posteriores co testemuño dos personaxes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Álvaro Cunqueiro en 1956, que recibiu en 1958 o Premio da Crítica na súa versión en castelán. A narración está ambientada na Bretaña francesa dos tempos da Revolución Francesa, unha terra de pasaxeiros, defuntos, fantasmas e cabaleiros. Nas súas páxinas narra unha curiosa viaxe que o sochantre de Pontivy, chamado Charles Anne Guenolè Mathie de Crozon, realiza polas terras bretonas para participar en Quelvén no enterramento dun fidalgo. O narrador dá abundantes noticias do sochantre: nacido en 1762 e fillo único, ten un ollo de vidro, é orfo de nai desde os 11 anos e culmina a súa paixón pola música (trompeta, danza e bombardino) aos 22 anos cando figura como sochantre na capela de Pontivy e hóspede na casa da viúva madame Clementina Marot. A viaxe do sochantre realízase nunha carroza na que vai acompañar un grupo de defuntos que de noite recuperan a súa forma esquelética: son o Coulaincourt de Bayeux, Clarina de Saint-Vaast (a única muller do grupo), Guy Parbleu,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cronicón denominado tamén impropiamente Cronicón de Moissac, que comprende o período 670-821. Foi redactado por un monxe do mosteiro languedociano de Aniana sobre a base dos anais reais francos e dos anais languedocianos, xa perdidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de investigación teatral fundado en Milán en 1974 por diversos creadores preocupados polo estudo das diferentes modalidades e posibilidades de creación e comunicación teatral, e pola experimentación de novas linguaxes escénicas, amais de alentar espacios de interdisciplinariedade entre as diferentes expresións artísticas, mantendo unha actividade permanente ata finais da década de 1990. Á parte da produción de espectáculos e doutras manifestacións escénicas de corte experimental, ou da recuperación de formas teatrais tradicionais, como o teatro de monecos, no CRT tamén impartiron seminarios directores e artistas da categoría de Jerzy Grotowski, Bob Wilson, Tadeusz Kantor, Richard Formenan, Andrzej Wajda ou Merce Cunningham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. En 1885 emigrou a Arxentina onde exerceu como comerciante e corredor de comercio. Traballou nas oficinas do xornal El Municipio. En abril de 1890 fundou en Rosario a asociación Fillos de Rois e empregouse nunha escribanía en Bos Aires ata 1907, ano no que creou a súa propia procuraduría. En febreiro de 1891 fundou e dirixiu en Barracas o semanario La Justicia e, catro anos despois, o Centro Galego desta localidade. En 1898 fundou o semanario Correo de Galicia, dirixido por Juan González Montenegro, e en outubro de 1901 saíu á rúa o primeiro número da revista Nova Galicia, que dirixiu ata 1951. En 1904 foi un dos fundadores do Banco de Galicia. Colaborou moitas veces baixo os pseudónimos F.C. de Vetroles, Vetroles Cañiza e Xán d-a Cañiza, nos xornais El Día, El Correo Gallego, El Heraldo Cristiano, Diario Gallego, Acción Española, Sud América, Faro de Vigo e a revista Galicia. A súa obra lírica saíu do prelo entre 1893 e 1898 en diversos xornais (El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Opúsculo da autoría de Afonso Daniel Rodríguez Castelao que apareceu en 1930, publicado co selo editorial do Seminario de Estudos Galegos en Santiago de Compostela. Elaborouno a partir dos datos recollidos nun traballo de campo en Bretaña, ao que incorporou máis de 150 láminas como material de ilustración. Foi Valentín Paz Andrade quen, na viaxe que fixo á Bretaña francesa en 1927, informou a Castelao (nalgunhas cartas escritas dende Lorient e outras vilas bretonas) das semellanzas entre os cruceiros galegos e os calvaires bretóns. Interesado no tema, os seus amigos de Pontevedra conseguiron que a Junta de Ampliación de Estudios lle concedese a Castelao unha segunda bolsa de viaxe que lle permitiu -acompañado esta vez da súa dona, Virxinia- percorrer as terras da península de Armórica no ano 1928. Visitou, así, Bretaña e estudiou menhires, dolmens, megalitos e cruceiros (calvaires) de diverso tipo: primitivos, simples, púlpitos, multifigurativos, etc. Cómpre ter en conta...

    VER O DETALLE DO TERMO