"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Padrón. Foi parroquia ata que esta función recaeu no santuario da Nosa Señora da Escravitude. Conserva unha ábsida románica de finais do s XII, de planta rectangular e cuberta cunha bóveda de canón apuntada reforzada por un arco faixón da mesma directriz. Os capiteis das columnas nas que se apoian presentan follas sen apenas relevo, moi esquemáticas e rematadas en bólas. O arco triunfal é dobrado, a rosca exterior apóiase sobre os muros, mentres que a menor se asenta sobre un par de columnas entregadas de fustes curtos, bases áticas e capiteis con decoración vexetal. O do lado norte decórase cuns entrelazos anchos e moi pegados á cesta, rematados en pomas nos vértices. O capitel meridional amosa un rexistro de follas nervadas co eixe perlado e con turxescentes volutas na parte superior, e o cimacio decórase con palmetas. No exterior da ábsida destaca unha estreita ventá rematada por un arco de medio punto moldurado e asentado sobre columnas con bases áticas e capiteis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das rubiáceas de follas dispostas en verticilos, flores en espigas densas, amarelentas e sésiles, e flores tubulares. En Galicia están presentes as especies: C. maritima, perenne e leñosa na base, que presenta follas coriáceas de ata 10 mm de lonxitude e que vive en areais e rochedos costeiros; e C. angustifolia, herbácea anual que pode acadar ata 40 cm de altura, con follas lineares de ata 30 mm de lonxitude e que vive en piñeirais e rochedos no interior de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de caricaturistas e ilustradores ingleses. Isaac Cruikshank (Edimburgo 1756?-Londres 1810?), dedicouse á caricatura política. O seu fillo George Cruikshank (Londres 1792-1878), fixo debuxos satíricos da sociedade inglesa da época. Realizou tamén ilustracións en libros e xornais. Destacan as súas xilografías morais The Bottle (A botella, 1847) e The drunkard’s children (Os fillos do borracho, 1848), e o lenzo The Worship of Bacchus (O culto a Baco, 1860-1863). O seu irmán, Isaac Robert Cruikshank (Londres 1790-1856), foi miniaturista e caricaturista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo alemán. Foi profesor de filosofía e teoloxía en Leipzig. Desenvolveu unha concepción próxima ao empirismo, que tivo unha certa influencia en Kant. Entre as súas obras cómpre salientar Anweisung, vernünftig zu leben (Indicación para vivir racionalmente, 1744) e Weg zur Gewissheit und Zuverlässigkeit der menschlichen Erkenntnis (Camiño para alcanzar a certeza e a seguridade do coñecemento humano, 1747).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Considerado como un dos mellores xogadores da historia, formouse no Ajax de Amsterdam, no que ingresou aos 10 anos. Debutou no primeiro equipo en novembro de 1964. Co Ajax, ademais de 8 títulos de Liga, gañou a Copa de Europa de clubs campións de liga en 1971, 1972 e 1973, e a Copa Intercontinental en 1972. En outubro de 1973 fichou polo FC Barcelona, co que se converteu en campión de liga na tempada 1973-1974. En 1978 marchou a EE UU, onde xogou en Los Angeles Aztecas e nos Washington Diplomats. En 1981 regresou á liga española para xogar na Segunda División co Levante. Despois volveu aos Países Baixos para xogar co Ajax (1982-1983) e co Feyenoord de Rotterdam, co que conseguiu a Copa e a liga (1983-1984). Como integrante da selección holandesa, na que xogou 48 partidos e da que foi capitán, proclamouse subcampión dos Mundiais de Alemaña 1974 e Arxentina 1978. En 1985 accedeu a adestrar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor, director e guionista. Decorador de profesión, entrou no mundo do cine en 1993 como axudante de decoración na longametraxe Tirano Banderas. En outubro de 1994 formou a produtora Artemática SL, na que se dedicou a escribir guións e a producir e dirixir curtametraxes e longametraxes. Foi xerente da Asociación Galega de Produtores Independentes, AGAPI (1997-98) e realizou traballos e diversas colaboracións para empresas. Desenvolveu, sobre todo, a faceta de guionista e escribiu o guión das curtametraxes Aurea mediocritas (1995), El defensor de Coruña (1997) e Líderes de audiencia (1997), e da longametraxe de animación en tres dimensións O bosque animado (2001), adaptación da obra homónima de Wenceslao Fernández Flórez.
    Acadou varios premios entre os que se atopan o Mestre Mateo, mellor guión, Engurras (2011)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do extremo setentrional da illa da Toxa, na ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bisemanal que apareceu en Santiago de Compostela a finais de 1881. Fundada e dirixida por Andrés Rey Varela, levaba por subtítulo “Periódico de intereses morales y materiales”. En case todos os seus artigos reflicte o seu carácter de publicación carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De tendencia neoclásica, foi un dos fundadores da Arcadia Lusitana. Unha parte das súas obras publicáronse en Lisboa en seis volumes (1807-1817).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, escritor e editor. Estudiou xornalismo e historia na Universidad de la Laguna e comezou a escribir na prensa aos trece anos no semanario Aire Libre. Membro do equipo fundacional de El País, foi o seu primeiro correspondente en Londres, xefe de Opinión e redactor xefe de Cultura. Así mesmo, coordinou proxectos do Grupo Prisa para 1992, o Proyecto Leonardo e a serie Europa América, publicada por El País Semanal e dirixida por John H. Elliot. Ademais, foi director da editorial Alfaguara, director de coordinación editorial do Grupo Prisa e director de comunicación do Grupo Santillana. Da súa produción destacan, entre outras obras: Edad de la memoria, Naranja, Retrato de humo, Cuchillo de arena, En la azotea, Serena, Exceso de equipaje, El peso de la fama, Una historia pendiente e Contra la sinceridad. Como novelista foi Premio Azorín con El sueño de Oslo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Dende moi pequena interesouse polo mundo das artes e a interpretación estudando ballet clásico durante nove anos no Conservatorio Nacional de Madrid e participando en diversos cursos de prestixio durante os seguintes anos. Compaxinou estes estudos coa aparición en videoclips e na televisión. Os seus primeiros papeis de sona foron en “Jamón, jamón”, de Bigas Luna e en “Belle Époque”, filme dirixido por Fernando Trueba e que gañou o Óscar á mellor película de fala non inglesa no 1993. O seu primeiro traballo co director Pedro Almodóvar foi en 1997, na película “Carne trémula”, a esta colaboración seguirían “Todo sobre mi madre”, “Volver” e “Los abrazos rotos”. A súa primeira aparición nun filme rodado nos Estados Unidos foi en “The Hi-lo countrie” de Stephen Frears. Dende entón leva rodadas máis de 15 filmes neste pais e noutros como Francia, Italia ou o Reino Unido. Ten no seu haber tres premios Goya, o último no ano 2008, un Óscar da Academia nese mesmo ano e froito da súa colaboración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juana de Asbaje.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Canteiro. Na cidade compostelá rematou a casa do estudo vello da rúa Nova con Xoán do Campo e Alonso González (1534), e traballou nas obras do colexio de Fonseca (1540). En 1541 finalizou as obras do cuarto novo da fortaleza de Altamira (Brión). Con Domingo González traballou no antigo hostal e hospedería do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. En 1763 realizou unha cruz para a igrexa de San Pedro de Filgueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo. O seu teatro é expresionista e está moi influído por Strindberg. Entre as súas obras destacan Die rote Strasse (A rúa vermella, 1918), Gesellschaft der Menschenrechte (Sociedade dos dereitos humanos, 1926) e Besetztes Gebiet (Zona ocupada, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e publicista húngaro. O seu primeiro volume, Felröppen a madár (O paxaro levanta o voo, 1954), presenta xa os dous trazos fundamentais da súa poesía: sensibilidade ante as inxustizas e seguridade técnica da rima. Editou, entre outros, os volumes Második születésem (O meu segundo nacemento, 1967), Párbeszéd sötében (Conversa ás escuras, 1973), A látogató emlékei (Lembranzas do visitante, 1977) e A tizedik este (O décimo anoitecer, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral editada en México a partir do 1 de xaneiro de 1942. Difusora da cultura e da literatura en lingua castelá, contou coa colaboración de, entre outros, Américo Castro, Jorge Guillén, Vicente Huidobro, Juan Ramón Jiménez, Gabriela Mistral, Pedro Salinas, Pablo Neruda, Alfonso Reyes e Juan Larrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado polo Ateneo de Ferrol a partir de marzo de 1980 e dirixido por Xosé A. Ponte Far. Inclúe numerosos artigos sobre autores galegos e información sobre publicacións, ciencias e humanidades, teatro, cine, música e artes plásticas. Contou coas colaboracións de Francisco Fernández del Riego, Xosé Neira Vilas, Manuel Lueiro, Ánxel Fole, García-Sabell, Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Xavier Costa Clavell e Manuel Colmeiro, entre outros. A partir do outono de 1981 converteuse nunha publicación monográfica editada anualmente. No seu primeiro número reimprimiuse o libro de poesía Fardel de eisilado, de Luís Seoane, e o boletín de 1983 dedicouse á obra de Lorenzo Varela, Luís Seoane e Rafael Dieste. Os seguintes números ofreceron información sobre a historia do Ateneo, a arte e a xeografía urbana da cidade e a figura de Concepción Arenal, entre outros temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista científica dedicada ao estudo da historia medieval da Península Ibérica, fundada en Bos Aires en 1944 por Claudio Sánchez Albornoz. Cesou a súa publicación en 1981. Editada polo Instituto de Historia de España, impulsou de maneira decisiva os estudios -especialmente de historia política e institucionais- dos reinos de Asturias, Castela e León na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada dende 1995 en Madrid pola Sociedad Española de Ciencias Forestales con sede en Lourizán (Pontevedra). Dirixida por José Alberto Pardos Carrión, presidente da sociedade, e coas colaboracións na coordinación de Ricardo Vélez Muñoz e F. Javier Silva Pando, onde se refliten, en forma de monográficos, os acordos dos distintos grupos de traballo que constitúen esta entidade, relacionados coa ordenación de montes, a economía, a hidroloxía e a política forestal, os incendios, o cambio climático e a tecnoloxía da madeira, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO