"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de xaneiro de 1942 polo Instituto Antonio de Nebrija, dependente do CSIC. Dirixida por Joaquín de Entrambasaguas, figuraba como secretario José Simón Díaz. Tirou do prelo dezaoito monográficos dedicados á obra de diferentes autores. En xaneiro de 1947 pasou a denominarse Cuadernos de Literatura e, a partir de xaneiro de 1952, Revista de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de abril de 1993 polos grupos PROGRESA e PRODELCA SL e promovida polo Consorcio de Santiago. Cesou a súa edición en abril de 1995. Dirixida por Emilio González Navarro, contaba cun consello asesor formado por Javier Angulo, Vicente Araguas, Roberto Blanco, Vicente Cebrián, I. Díaz Pardo, Margarita Ledo, Marisa Blanco e X. Antonio Perozo. Ao longo dos seus oito números colaboraron, entre outros, Juan Arias, Luis Carandell, M. Vázquez Montalbán, Enrique Franco, Xosé Hermida, Jordi Solé Tura, Rafael Terra, Luis Rei Núñez, Paolo Cauci, Emma Sueiro, Carlos Ayala e Darío Villanueva. Dividida nas seccións “Opinión”, “Entrevista”, “Reportajes”, “Arte”, “Ruta” e “Agenda”, centrouse no Camiño de Santiago, incluíu diversas reportaxes, como as tituladas “Una convocatoria universal”, de Manuel Fraga e “El viejo Camino de Santiago”, de Torrente Ballester, á parte de numerosas entrevistas como as concedidas por Xerardo Estévez, alcalde de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor nicaraguano. Poeta de vangarda, escribiu, entre outras obras, Poemas nicaragüenses (1933), El jaguar y la luna (1959), Zoo (1962) e Cantos del Cifar (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten catro ángulos.
-
Aplícase ao prisma que ten cuadriláteros como bases.
-
-
-
Figura plana que ten catro ángulos e catro lados.
-
Figura formada polas seis rectas que determinan catro puntos nos que ningunha terna destes puntos está aliñada.
-
-
-
Relativo ou pertencente a un cuadrante.
-
Aplícase ao triángulo esférico no que un lado é un cuadrante.
-
Aplícase aos ángulos 0°, 90°, 180°, 270°, 360°, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda patolóxica da visión nun cuadrante do campo visual.
-
-
-
Cada unha das catro partes iguais nas que os puntos cardinais dividen o horizonte. Na rosa dos ventos ou no compás chámanse, primeiro, segundo, terceiro e cuarto cuadrante, contando desde o N no sentido do movemento das agullas do reloxo.
-
Cuarta parte na que se divide unha herdanza.
-
Cuarta parte dunha circunferencia, ou sexa, un arco de 90°.
-
Sector circular correspondente a un cuadrante.
-
Cada unha das catro partes en que está dividido un pano por dous eixes de coordenadas rectangulares. Chámanse primeiro, segundo, terceiro e cuarto cuadrante, tomando como primeiro o superior da dereita e contándoos no sentido contrario ás agullas do reloxo.
-
Cada unha das catro partes nas que queda dividida a esfera celeste superior ao horizonte dividida polo meridiano e polo primeiro vertical. Numéranse dende oriente a mediodía, poñente e setentrión, cos nomes respectivos de cuadrante oriental, pueril ou vernal, cuadrante meridiano, cuadrante occidental, melancólico ou viril, e cuadrante hiemal ou senil.
-
-
Antiga moeda romana, a máis pequena das de bronce, correspondente a 1/4 do ás, no sistema duodecimal, co valor de tres onzas. No sistema decimal denominouse terencius. No anverso tiña gravada a efixie de Hércules e no reverso unha proa de nave.
-
Instrumento empregado antigamente para determinar a altura dun astro sobre o horizonte. O máis primitivo consistía nun cuarto de círculo graduado provisto de pínnulas nun dos lados do ángulo recto, para visualizar o astro, e dunha chumbada, fixada ao centro do ángulo polo extremo libre da corda, que serve de índice.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín semestral aparecido en setembro do ano 2000 en Pontevedra, editado pola Asociación de Amigos de Valle-Inclán. Dirixido por Gonzalo Allegue, pretende divulgar e difundir documentos reveladores que faciliten o coñecemento da vida e obra do escritor. Entre algúns dos seus colaboradores figuran X. L. Axeitos, Alfonso Mato, Xaquín Núñez Sabarís, Francisco Charlín Pérez, Anselmo Menéndez e Elisardo Barreiro. O seu primeiro número dedicouse ao pai do escritor, Ramón del Valle-Inclán Bermúdez, mariño e funcionario de profesión, ligado á instalación dos camiños de ferro en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilanova de Arousa. Foi a casa natal de Valle-Inclán (1866). Consta de planta rectangular e horta exterior. Tiña unha escalinata de acceso, adega e corte. No ano 1994 sufriu un incendio e o único que se conservou foi un brasón que identifica as familias de la Peña, Valle e Patiño. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1976.
-
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1781-1797). Licenciouse en Dereito Canónico e foi provisor en Ciudad Rodrigo e cóengo doutoral e deán en Ávila, onde fundou unha academia de leis canónicas. Durante o seu bispado realizou diversas obras na catedral mindoniense, como a prolongación do cruceiro e o peche da capela maior mediante unha reixa de bronce. Construíu tamén parte do palacio episcopal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten catro mans.
-
Cada un dos mamíferos primates antropomorfos e, por extensión, outros primates.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que tomou a Tripla Alianza en 1718, ao adherirse Austria. O acordo supuxo a renuncia de Carlos VI de Austria aos reinos hispánicos, o paso de Sicilia á xurisdición austríaca e de Sardeña a Savoia, o recoñecemento do futuro Carlos III de España como o sucesor dos ducados de Parma e Plasencia e do gran ducado de Toscana, así como a devolución de Xibraltar. Non obstante , o cardeal Alberoni, ministro de Filipe V, non aceptou estas condicións e os británicos atacaron Sicilia (1718) e os franceses invadiron España polos Pireneos (1719). En 1719, Filipe V expulsou a Alberoni e en 1720 adheriuse á Cuádrupla Alianza (1720). Pola Paz da Haia, o Emperador Carlos VI renunciou á Coroa española e Filipe V renunciou á posesión de Sardeña e Sicilia, ao tempo que acadaba os ducados de Parma, Plasencia e Toscana para os seus fillos. Para concluír unha paz definitiva, os membros da Cuádrupla Alianza convocaron o Congreso de Cambrai (1721-1727).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido entre Austria, Prusia, Rusia e Reino Unido en 1815 coa finalidade de manter a orde establecida no Congreso de Viena. Permaneceu en vigor ata 1822.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Londres o 22 de abril de 1834 entre Reino Unido, Francia, España e Portugal para poñer fin ás guerras civís da Península Ibérica, expulsar os pretendentes absolutistas de España (Carlos María Isidro de Borbón) e de Portugal (o infante Miguel), e aniquilar os seus partidarios. A axuda material foi inexistente pero o soporte diplomático e a chegada de voluntarios contribuíron ao éxito da causa liberal.
-
RIOS
Río de África que nace no altiplano de Bié, Angola. Segue unha dirección NO-SL, forma a fronteira entre Zambia e Angola e desemboca no Parque Natural de Chobe, en Botswana. A súa lonxitude é de 805 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Angola (199.049 km2; 139.000 h [1996]). A capital é Menongue (3.023 h [1970]).
-
RIOS
Río de África Ecuatorial, na conca do río Congo. Nace ao N de Angola, segue a dirección SL-NO e desemboca no río Kasai. Forma fronteira entre Angola e a República Democrática do Congo. A súa lonxitude é de 900 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cantidade de algo, especialmente con respecto ao feito de ser máis ou menos importante.
-
Cantidade á que ascende o importe total que se reclama nunha demanda.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cuanto.
-
-
Relativo ou pertencente á mecánica cuántica.
-
número cuántico
Cada un dos valores discretos e adimensionais que aparecen na resolución dunha ecuación que, en mecánica cuántica, define un aspecto determinado (como o nivel de enerxía, o momento magnético ou o spin, entre outros) dun sistema descrito no marco da mecánica cuántica. Cando un conxunto de números cuánticos individualiza totalmente unha partícula, dise que determina un estado cuántico. Segundo a teoría de Bohr, o estado cuántico dun electrón caracterízase por tres números enteiros: o número cuántico principal n, que pode tomar calquera valor entre 1 e ?, o número cuántico acimutal l, que pode variar entre 0 e n-1, o número cuántico magnético m, que pode ter valores comprendidos entre -l e +l, e o número cuántico de spin m s , que vale +1/2 ou -1/2.
-
teoría cuántica
Teoría de Planck.
-
-
Eficiencia dun proceso fotoquímico definido pola relación entre o número de moléculas que experimentan o proceso e o número de cuantos absorbidos polo sistema.
-