"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Arma de fogo curta, portátil e lixeira, semiautomática ou automática, xeralmente de pequenas dimensións, que permite apuntar e disparar cunha soa man e que vai provista dun cargador de petaca, aloxado na culata, que contén un número variable de cartuchos. A pistola semiautomática cárgase ao accionar contra atrás a parte superior do canón, que é corrediza. Na automática, a forza expansiva dos gases producidos ao disparar, aprovéitase para expulsar o cartucho do proxectil disparado, retornar o percusor á posición orixinaria para permitir un novo tiro, e introducir unha nova bala na recámara. As pistolas poden ser de diversos calibres, xeralmente de 6,35, de 7,65 ou de 9 mm, e o seu alcance adoita estar comprendido entre 40 e 50 m. Os antecedentes históricos das pistolas son os arcabuces de canón curto, que apareceron a mediados do s XVI. No s XVII case todos os soldados de cabalaría dos exércitos europeos dispoñían dunha pistola de roda. A comezos do s XVIII, comezou...
-
pistola metralladora
Pistola automática de dimensións superiores ás normais, susceptible de ser alongada cunha culata superposta, capaz de disparar tiros individualmente ou de xeito continuo, a causa do seu mecanismo, moi semellante ao das metralladoras. Está provista dun cargador de petaca con máis capacidade de proxectís ca o das pistolas, ten un alcance eficaz entre 50 e 150 m e adoita empregar munición de calibre 9 mm parabéllum. Foi empregada na Guerra dos Bóers, pero o seu papel viuse reducido polo moderno desenvolvemento dos fusís automáticos.
-
-
-
Martelo pneumático de pequenas dimensións e xeralmente de pouca potencia, manexable cunha soa man, que se emprega para esculpir e picar pedra.
-
Aparato pneumático manexable cunha soa man, provisto dunha chave de tubo ou dunha ferramenta semellante a un desaparafusador, que se emprega para enroscar ou desenroscar parafusos ou porcas.
-
-
Aerógrafo provisto dun dispositivo para a pintura ou verniz e dun cilindro de aire comprimido, ou ben conectado a un compresor, que se emprega para pintar ou vernizar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estoxo, xeralmente de coiro, que se emprega para portar unha pistola, e que adoita ser fixado a un cinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que utiliza normalmente a pistola para atracar ou, mercenariamente, para realizar atentados persoais.
-
-
Pistola pequena.
-
Especie de punzón grande que se usa para partir pedras á man.
-
Aparato que se enche dunha mestura detonante, especialmente hidróxeno e aire, que explota, retirado o tapón, facéndoa atravesar por unha faísca eléctrica.
-
-
PERSOEIRO
Artista plástico. Fundou, na súa cidade natal, o proxecto Cittadellarte, lugar de produción, exposición e residencia de artistas. Participou en happenings e na súa obra, próxima á arte pobre, amosouse preocupado pola busca espacial e por motivar a participación do espectador. Destacan as súas composicións Palla di giornali (Mappamondo) (1966-1968) ou Persone Nere (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
minga.
-
-
émbolo.
-
Chave en forma de émbolo que teñen, a excepción do trombón, algúns instrumentos da familia das trompetas. O seu número é de tres ou cinco, segundo o instrumento, e o seu uso data de inicios do s XIX.
-
-
Peza central da cápsula dun cartucho, que contén o fulminante.
-
Carga detonante das pistolas ou dos revólveres de xoguete.
-
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Graduouse na Massachusetts School of Art e ampliou os seus estudos con Nadia Boulanger e Paul Dukas en París (1924-1926), para posteriormente impartir clase en Harvard (1944-1960). A súa composición máis destacada é o ballet The Incredible Flutist (1938). É autor tamén de diversos concertos e sinfonías, e de manuais sobre harmonía, contrapunto e orquestración.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Membro do comité executivo do Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de Betanzos (1983-1998) e deputado pola Coruña no Parlamento galego desde 1989. En 1999 foi nomeado conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cría dunha ave, especialmente a da galiña. Na tradición oral recóllense ditos como: “Eu son o pito cairento, que naceu polo Xaneiro; se o raposo non me come, hei de cantar no poleiro. Moitos pitos, moito comen. O pito de xaneiro, coa súa nai sobe ao poleiro”.
-
avefría.
-
Xogo infantil en que se lanza un alfinete ou un pauciño con punta a un grupo de cereixas sen rabo, para comer aquelas que queden cravadas.
-
-
-
-
Instrumento de pequeno tamaño que emite un son agudo ao pasar o aire por el.
-
Instrumento tradicional galego semellante á frauta doce. Ten a mesma dixitación ca o punteiro da gaita e empregábano os gaiteiros para repasar as melodías ou para compoñer obras novas sen necesidade de usar a gaita. Tradicionalmente estaba feito de buxo, aínda que tamén se empregaban outras madeiras, con oito furados e unha embocadura en bisel. A súa afinación abranguía todas as tonalidades, pero as empregadas polos antigos gaiteiros eran as de do sostido e re. Adoitaba usarse para acompañar a outros instrumentos, como a requinta ou a zanfona, mentres que coa gaita o seu son quedaba escurecido.
-
-
Son que produce este instrumento ou un dispositivo semellante.
-
Porción de tabaco picado e envolto nun papel fino para fumar.
-
minga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giacomo Ceruti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buraco do fondo dunha embarcación de pequeno tamaño polo que se achica a auga cando a embarcación está varada.
-
PERSOEIRO
Escultor grego. O seu nome apareceu na base de diversas estatuas atopadas, sobre todo, en Rodas, e mencionouno Plinio. Crese que realizou a imaxe do navarco Axesandridas, que figura na birreme esculpida na acrópole de Lindos e a Vitoria de Samotracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director e actor ruso. Fundou un teatro de vangarda en Peterburgo. Triunfou, sobre todo, como director en Francia pola súa ousadía na presentación dun repertorio selecto clásico e moderno, especialmente a partir de obras de L. Pirandello, Čekhov, Shaw e O’Neill. Formou parte do Grupo dos Catro, integrado por Louis Jouvet, Charles Dullin e Gaston Baty. A súa muller, Ludmille Pitoëff (Novorossijsk 25.12.1899 - Rueil-Malmaison, Hauts-de-Seine 15.9.1951), foi unha destacada actriz que se especializou na representación de obras de A. Dumas, H. Ibsen e, sobre todo, de teatro relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático mexicano. Defensor e promotor do patrimonio cultural mexicano no exterior, nas súas obras dota aos personaxes de trazos autobigraficos e aparecen de forma constante a desgraza, a enfermidade e o illamento dos individuos. Como narrador especializouse no xénero dos contos, que recolleu nas coleccións Tiempo cercado (1959), Infierno de todos (1965) e Los climas (1966). Tamén publicou as novelas El tañido de una flauta (1972), La vida conyugal (1991) e El arte de la fuga (1996). Recibiu o Premio Juan Rulfo de Literatura Hispanoamericana (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pitelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos réptiles ofidios da familia dos boidos que pertencen aos xéneros Python, Loxocemus e Calabaria. Poden ser de tamaño pequeno ou mediano (50 cm) ou moi grandes (ata 10 m) e son as serpes que teñen o maior número de costelas e de vértebras (ata 435). O cranio é relativamente grande, con dentes moi desenvolvidos en forma de uña. En proporción ao corpo, teñen os ollos e os orificios nasais moi pequenos. A cola é curta e maciza e actúa de órgano prénsil. Aliméntase de coellos, galiñas e pequenos vertebrados, empregando a súa forte musculatura para asfixialos. Habita nas rexións tropicais de Asia, América e África, onde teñen unha vida arborícola, os máis grandes, e terrícola os medianos e pequenos. Os máis coñecidos son o pitón de Seba (Python sebae), o pitón reticular (Python reticulatus) e o pitón de Calabar (Calabaria reinhardtii).
-
-
porlón.
-
-
Cravo que se emprega en escalada, espeleoloxía e outros deportes, para ser fixado nas fendas da rocha, cun buraco ou un anel na súa cabeza que permite engancharlle o mosquetón ou os estribos.
-
pitón de expansión
Pitón partido que, ao ser cravado, se abre por dentro grazas a unha cuña incorporada, e permanece fixo á rocha.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serpe da mitoloxía grega, filla da Terra, que naceu despois do dioivo de Deucalión, que mataba homes e bestas na chaira de Crisa, na Fócida, e emitía oráculos preto dunha fonte situada aos pés do Parnaso, non lonxe de Delfos. Apolo deulle morte despois dun duro combate que, na época histórica, sería lembrado nas festas e xogos píticos.