"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Neoplasia formada a partir dunha porción de placenta retida despois dun aborto ou dun parto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de ordenamento integral do territorio que ten como obxectivo, no solo urbano, a regulación detallada do uso dos terreos e da edificación. Establece un modelo de ordenamento da estrutura xeral e orgánica do territorio, que consiste na fixación dos distintos usos do solo mediante a zonificación e os sistemas xerais. As determinacións básicas son: a clasificación e a cualificación do solo; a definición detallada dos sistemas xerais; a ordenación do solo urbano; a determinación precisa das operacións de renovación que deben realizarse, ademais dos programas e medidas concretas que se pretenden levar a cabo; a ordenación do solo urbanizable, fixando os programas de desenvolvemento a curto e medio prazo por medio de actuacións públicas e privadas; e o ordenamento do solo non urbanizable, establecendo medidas para a conservación dos espazos naturais.
-
-
Comunidade biótica formada por todos aqueles organismos que se atopan en suspensión no seo de augas doces ou salgadas. A suspensión dos organismos planctónicos conséguese mediante o movemento ou ben reducindo a densidade por medio de cámaras ou burbullas de gas, aumentando as superficies de contacto coa auga, pero, sobre todo realízase grazas á multiplicación das especies, que ademais axuda á perda suplementaria e constante de biomasa por sedimentación. Ten características de comunidade pouco madura: organismos de vida curta, moi prolíficos e pouco especializados, e formas de alimentación automáticas. A estratificación vertical do plancto relaciónase cunha distribución non uniforme da intensidade de luz, concentración de elementos nutritivos, turbulencia e existencia de descontinuidades de tipos da termoclina e da superficie da auga. O fitoplancto, ou plancto vexetal, proporciona enerxía solar ao ecosistema e concentra nos seus tecidos materia orgánica (fotosíntese), que é a forza...
-
cnefoplancto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se nutre de plancto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao plancto.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no S da comarca da Garrotxa (1.722 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Barcelona en 1950 por José M. Lara Hernández. Dedicada á novela en castelán, co tempo diversificou a súa produción para editar libros de consulta e enciclopedias, das que cómpre mencionar as versións en castelán da Grand Larousse Encyclopédique (1969-1972) e do Gran Ditionnaire Encyclopédique Larousse (1987-1990). En colaboración con De Agostini xestiona as editoras Espasa, Altaya, Seix Barral, Ariel, Destino, Minotauro, Booket e Crítica, así como as súas filiais en América Latina. Editor do xornal La Razón, participa en diversos medios de comunicación. Convoca anualmente o Premio Nadal (desde 1945), o Premio Planeta de novela en castelán (desde 1951) e o Premio Planeta Internacional para América Latina (desde 1991).
-
VER O DETALLE DO TERMO
asteroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a orixe e evolución dos planetas do sistema solar, a partir do estudo da súa superficie e estrutura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cigoto flaxelado que se produce pola unión de dous planogametos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gameto flaxelado e móbil.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Foi profesor no Conservatoire des Arts et Métiers e na Asociación Politécnica de París. Inventou as primeiras baterías acumuladoras a partir de dúas placas de chumbo unidas por un arame e somerxidas nun electrólito de ácido sulfúrico (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tipógrafo, editor e libreiro francés. Aprendeu o seu oficio nos obradoiros de Robert Macé, en Caen. Establecido en Anveres en 1549, foi o editor máis erudito do seu tempo e destacou polas súas edicións de ciencias e de clásicos gregos, latinos e hebreos, que se distinguiron pola súa corrección e elegancia. En 1571 obtivo de Roma o privilexio exclusivo para a impresión de libros litúrxicos. Realizou a primeira edición do Breviario romano (1568), a edición da Biblia políglota de Anveres (1569-1573) e preparou unha nova edición da Biblia políglota de Alcalá para Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Castigo que se impón a un soldado, que consiste en facer unha garda sen ser relevado.
-
Garda que realiza un soldado sen armas, polo xeral dentro do cuartel.
-
Soldado que fai este servizo de garda sen armas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer plaquetas selectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
trombopenia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula precursora do plasmocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
célula plasmática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mieloma que se forma a partir de células plasmáticas, que xorde habitualmente na medula ósea.