"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Segundo unha inscrición do tímpano, construíse no s XIII. Ten planta e ábsida rectangular. Da construción románica conserva a portada occidental e o arco triunfal, que se apoia nun par de columnas entregadas cos capiteis repicados, un con decoración figurada e outro vexetal. O seu aspecto, de arco de ferradura, pode deberse á reconstrución do testeiro. No interior destacan os capiteis anexos ao altar, con representacións de rostros humanos. No exterior, a portada occidental remata nun arco de medio punto dobrado e apoiado en dous pares de columnas con bases de características áticas, mentres que os capiteis presentan unha orde de follas rematadas en espiral. As bases decóranse con sogas e con formas semellantes a cunchas de caracol. No muro norte hai unha peza que representa un león co rostro virado cara a atrás e coas patas dobradas, coa musculatura e a cabeleira talladas con rudeza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de xefes de estado e de goberno de 21 países de fala castelá e portuguesa de América e Europa, constituída como un mecanismo político de coordinación no que se tratan temas específicos de interese común dende a solidariedade, a cooperación e o diálogo. No ano 2001 os países membros eran: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguay e Venezuela. A primeira reunión tivo lugar en Guadalajara (México) en 1991, despois celebráronse en Madrid (1992), San Salvador de Baía (Brasil, 1993), Cartagena de Indias (Colombia, 1994), San Carlos de Bariloche (Arxentina, 1995), Santiago e Viña del Mar (Chile, 1996), Isla Margarita (Venezuela, 1997), Porto (1998), La Habana (1999), Panamá (2000) e Lima (2001).
-
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo belga. Foi profesor na Universidade de Gante (1892-1910) e conservador do Musée Royal de Bruxelas (1899-1912). Investigou a vida relixiosa da antiga Roma e de Oriente. Entre as súas obras destaca Les religions orientals dans le paganisme romain (As relixións orientais no paganismo romano, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Día no que se cumpren un ou varios anos dalgún feito ou acontecemento memorable.
-
Día que se sinala como importante e que marca un período de tempo na vida dunha persoa.
-
Oficio ou misa que se celebra en sufraxio da alma dalgún defunto o día que cumpre un ou varios anos da súa morte.
-
Lote de bens que o testador deixa sinalados para que anualmente e en datas determinadas se celebren exequias pola súa alma.
-
-
GALICIA
Pedagoga e directora teatral. Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en expresión na Escola d’Expresió de Barcelona, combina a súa profesión de pedagoga nun instituto de Ourense co labor dramático. O seu traballo de dirección compleméntase cunha forte vontade de animación teatral centrada, fundamentalmente, en Ourense. É unha das poucas directoras do panorama dramático galego cun traballo continuado e constante dende hai máis de vinte anos. No ano 1977 dirixiu o seu primeiro espectáculo Farsas (creación propia) para a Agrupación de Teatro Xove e Independente Sarabela, compañía que, xa constituída como profesional a partir do ano 1991. Xunto con ATXI Sarabela montou outros espectáculos como O principiño, de Saint-Exupèry (1979); Barriga Verde, de Manuel María (1982); Xacobe ou a sumisión, de Ionesco (1989); ou SuperTot (1989). Para a compañía profesional Sarabela Teatro dirixiu espectáculos como Madame de Sade, de Yukio Mishima (1991);...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Foi un dos iniciadores da escola de Tebra, caracterizada por unha temática intimista e angustiada, e colaborou en diversas revistas e xornais da época. Publicou os poemarios Frauta na noite (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1947), Fabulario novo (1952) e Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Polonia, filla máis vella de Bala IV, rei de Hungría, e neta de Teodoro Lascaris, emperador de Constantinopla. Casou aos quince anos con Boleslao o Casto, rei de Polonia, pero non chegou a consumar o matrimonio. Consagrada á vida caritativa, dedicouse fundamentalmente a coidar enfermos nos hospitais. Logo da morte do seu marido (1279), retirouse ao mosteiro de Stary Sạcz. Alexandre VIII canonizouna no 1690. A súa festa celébrase o 24 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e conde da Cunha. Foi nomeado gobernador de Angola (1753-1758), lugar no que mandou elaborar un inventario da Facenda Real (1754) e a organización do arquivo oficial. Foi nomeado vicerrei de Brasil (1763-1767) e fixou a capital en Rio de Janeiro, cidade que fortificou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Influído por García Lorca e C. Vallejo, o tema central da súa obra é a nostalxia e o desarraigamento. Das súas obras destacan El pájaro que vino de la noche (1929), Guardián oscuro (1937), Cuaderno de nubes (1945), Cancionero de pena y luna (1953) e A iso de la tarde (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Cuntis.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial localizada en Cuntis. Coñecida tamén como San Xurxo de Cuntis, foi construída no s XVIII sobre unha antiga igrexa románica. Nos pés dun dos piares do interior figura unha inscrición na que data a primitiva construción en 1078. Esa primeira igrexa e a casa do abade Adaulfo foron doadas pola Raíña Urraca ao bispo Diego Xelmírez e ao cabido da igrexa de Santiago en 1116. Da construción barroca destacan as elevadas torres con balaustradas. Conserva perpiaños da primitiva igrexa románica incrustados nos muros. No interior cómpre salientar a imaxe de san Sebastián e un crucificado do obradoiro de Xosé Ferreiro. No adro hai sepulturas antigas e unha lápida sepulcral da Alta Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina belga. Discípula de F. Prévost, dende o seu debut na Opéra de París con Les caractères de la Danse (As características da danza, 1726) confirmouse como a primeira bailarina da súa época xunto con M. Salles. A súa importancia na renovación da danza e na evolución da coreografía maniféstase no perfeccionamento do entrechat e da cabriola, figuras ata entón reservadas a bailaríns masculinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Actividade ou conxunto de prácticas dos curandeiros. Ten sido unha das prácticas máis estendidas da medicina popular. Tradicionalmente, tratábanse as enfermidades -que se atribuían a procesos naturais, ao frío, á calor, e tamén á bruxería- con fármacos, pero tamén cunha gran variedade de obxectos e plantas. Conviven na Europa rural tres sistemas médicos: a biomedicina, a medicina humoral e a medicina bruxo-relixiosa. A tradición occidental, coma outras moitas, distingue entre enfermidades naturais e enfermidades sobrenaturais. Esta últimas débense á acción das bruxas e cúranse por medios relixiosos, mentres que as naturais se deben a causas fisiolóxicas. Pouco a pouco, a medicina científica foi desprazando case completamente a antiga medicina natural, baseada na teoría dos catro elementos e dos catro humores. A medicina humoral só se conserva naquelas zonas que, coma Galicia, teñen unha limitada presenza da biomedicina. Tanto a medicina...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que exerce prácticas curativas en persoas ou animais valéndose de coñecementos médicos de tipo tradicional e empírico, ou de prácticas máxicas ou relixiosas. Ademais dos compoñedores -que non empregan tanto a medicina máxica senón que orientan máis o seu traballo a compoñer ósos fracturados articulacións ou tendóns escordados, e tratar certas enfermidades especiais e frecuentes nos animais-, na sociedade tradicional galega e europea hai dous tipos de curandeiros, asociados aos distintos sistemas médicos. Por un lado están os curandeiros ou menciñeiros (ou as curandeiras médicas) que curan fundamentalmente con plantas; moitas destas plantas levan nomes de santos e son consideradas sagradas polo santo que lles dá o nome, outras son herbas comúns ás que recorren para o seu curandeirismo supersticioso, como as follas de loureiro, de romeo, artemisa, carballo, oliveira, menta, fiúncho, ruda, etc; e, polo outro, os curandeiros (ou as bruxas curandeiras)...
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse no obradoiro de Arturo Desdre (1905) e na Academia de Bellas Artes de Bos Aires. En 1910 recibiu unha bolsa e viaxou a Florencia. Durante as súas estancias en Europa coñeceu o cubismo e, tralo seu regreso, introduciuno en Arxentina. Evolucionou dende a estética academicista ata a redución do motivo escultórico a formas xeométricas e simples. Entre as súas obras destacan El hombre del contrabajo (1922), Ninfa acostada (1924), Los acróbatas (1923) e Caída de Ícaro (1926). Entre outras mostras, participou no Salon des Indépendants (París, 1946-1949), na Bienal de Venecia (1952) e na Bienal de São Paulo (1957). Recibiu, entre outros premios, a Medalla de Prata da Exposición de Artes Decorativas (1926) e o I Premio no Salón Nacional de Artes Plásticas de Bos Aires (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Trátase dun templo románico de transición construído entre 1225 e 1230 do que só se conserva o arco triunfal e a nave. O arco é apuntado, dobrado e de sección rectangular, apoiado nun par de columnas con bases adornadas con zigzag, sogas e rombos. Os capiteis do arco presentan incisións que evocan elementos vexetais e volutas. No exterior destaca a porta principal, rematada nun arco de medio punto sobre columnas acobadadas con bases áticas, garras e decoración similares ás do arco triunfal; os capiteis presentan decoración incisa de tipo vexetal e unha figura humana simplificada. A portada norte coróase cun arco de medio punto que engloba un tímpano cunha cruz de brazos iguais ensanchados cara aos extremos e inscrita nun círculo. Nos cimacios e nunha das xambas aparece ornamentación xeométrica a base de arquiños, círculos e rectángulos axadrezados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constante que vén definida pola fórmula C=µ0Nm2/3k, na que µ0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.
-
PERSOEIRO
Xeneral e cónsul romano. Someteu os pobos samnitas, sabeos e lucanos ao redor do 290 a C e estableceu as primeiras colonias romanas no Adriático. Enfrontouse co Rei Pirro e venceuno na Batalla de Benevento (275 a C). Deu os primeiros pasos para o establecemento dun servizo militar de carácter obrigatorio.
VER O DETALLE DO TERMO