"Aïr" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés de orixe francesa. Polemista fecundo, propugnou unha cristiandade europea e democrática. Publicou poemas, novelas, libros de viaxes, ensaios histórico-sociais e atacou o gran capitalismo e o estatismo socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Safor, drenado polo río Xeraco (1.669 h [1996]). A laranxeira adquiriu o carácter de monocultivo. O sector primario ocupa o 50% da poboación activa. A actividade industrial redúcese á fabricación de envases para as laranxas. Foi un antigo casarío islámico. A igrexa parroquial, churrigueresca, é do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Camp de Morvedre, no val de Segó (1.978 h [1996]). Produce sobre todo laranxas, cultivos de horta e uvas moscatel. En 1394, o dominio da vila foi adquirido por Bernat Vives de Canyamars e os seus descendentes recibiron o título de condes de Faura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘galbana’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘soño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Estudiou Dereito no Saint John’s College de Oxford. Especializado en dereito sindical, comezou a carreira de avogado en 1976 e abandonouna en 1983 ao ser elixido parlamentario do Partido Laborista por Sedgefield. Foi voceiro da oposición nos departamentos do Tesouro e de Economía (1984-1987), Industria (1987-1988), Enerxía (1988), Traballo e Industria (1989-1992) e Interior (1992). En 1994 foi elixido presidente do Partido Laborista e acadou a xefatura do goberno en 1997. Levou a cabo unha política de descentralización rexional coa celebración de sendos referendos en Escocia e Gales (1997) encamiñados á creación dos seus respectivos parlamentos. O 10 de abril de 1998 asinou o Acordo de Stormont, no que se deseñaba unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín inglés. Estudiou na Royal Academy of Dancing (Real Academia de Danza) e na escola do Sadler’s Wells Ballet, de Londres, da que foi primeiro bailarín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo pazo episcopal de Mondoñedo situado en Santo Andrés de Masma. As obras foron trazadas por frei Lourenzo de Santa Teresa. O edificio está situado de modo perpendicular ao camiño de acceso, nun recinto amurallado. De planta rectangular en forma de U, a fachada, coa colocación simétrica das ventás, seméllase ás construcións urbanas. Na parte posterior presenta unha terraza montada sobre unha tripla arcada que traslada a tripla bóveda de canón sobre a que se sitúa. Reformado na década dos anos 60, foi cedido en 1981 á organización El Patriarca para convertelo en centro de rehabilitación de toxicómanos e   para adaptarse ás novas funcións, experimentou unha nova remodelación. Sufriu un incendio en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, da comarca do Val de Albaida, situado no centro do val de Bocairent (97 km2; 4.627 h [1996]). Rodeado polas serras de Onteniente e Mariola, drenado polos ríos Vinalopó, Xúcar e Clariana. O territorio é de carácter montañoso, con bosques de piñeiros e aciñeiras. Na agricultura predominan os cultivos de secaño, se ben o regadío aproveita as augas do Vinalopó. Os cultivos máis estendidos son os cereais e as árbores froiteiras, especialmente a maceira nas áreas de regadío, e os cereais, oliveira e o bidueiro nos de secaño. A actividade económica básica é a industria, cunha ampla tradición no téxtil, especialmente a fabricación de mantas. A poboación medrou, fundamentalmente ao longo do s XVIII. De orixe islámica, foi vila real con voto en Cortes. Dentro do termo municipal hai restos ibéricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao bohaírico.

    2. Dialecto copto da rexión de Alexandría. Foi convertido, a partir do s XI, na lingua literaria e litúrxica copta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Pequenas Antillas, nas Antillas Neerlandesas (baixo a soberanía dos Países Baixos), situada fronte á costa continental de Venezuela (288 km2; 10.187 h [1992]). O seu clima é tropical semiárido. A capital é Kralendijk (1.200 h [1992]. Foi descuberta en 1499 por Alonso de Ojeda e Americo Vespuci, e no 1634 pasou a ser dominada polos holandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [nome oficial:

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Arxentina, entre o esteiro do Río de la Plata e o río Colorado (307.571 km2; 13.333.670 h [estim 1995]). A capital é La Plata. Excepción feita da serra da Ventana e da serra do Tandil, o terreo é predominantemente chan. Os ríos principais son o Paraná e os seus afluentes, o Salado e o Colorado. O clima é temperado. A vexetación predominante é a propia da pampa. A economía da provincia baséase principalmente na agricultura (millo, trigo, liño) e na gandería (gando bovino, ovino, porcino e cabalar). A industria está situada principalmente nas cidades que forman a conurbación do Gran Bos Aires, ao NL, onde se concentra tamén a maioría da poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía aeronáutica británica fundada no ano 1962 pola fusión das firmas Bristol Aircraft Corporation, Fairey Aviation Corporation Limited, English Electric e Vickers Armstrong Limited. Entre as súas realizacións está o Comet-IV, o cuadrirreactor VC-10, o trirreactor Trident HS-121 e o birreactor BAC-111; contribuíu a proxectos conxuntos como o do Concorde. Dende 1977 forma parte da British Aerospace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de aviación británica, constituída no 1973, ao fusionarse a British Overseas Airways Corporation [BOAC], a British European Airways [BEA] e a British Southamerican Airways [BSSA]. Dispón do avión supersónico Concorde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía británica de aviación fundada no ano 1946 para explotar rutas aéreas interiores en Europa e en Oriente Medio. Creou o primeiro servizo postal europeo con helicópteros (1947) e o primeiro servizo interior regular de pasaxeiros, a liña Cardiff-Liverpool (1950). Foi a primeira compañía en utilizar avións movidos por turbohélices. No 1973 quedou integrada na British Airways.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de aviación británica procedente da fusión, no 1939, da Imperial Airways e da British Airways. Requisada durante a Segunda Guerra Mundial, volveu ás actividades civís no 1946 e estendeu a súa rede aérea polos países da Commonwealth e de América do Norte. No 1973 quedou integrada na British Airways.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de orixe glacial da cordilleira dos Andes, na Patagonia, entre a rexión de Aisén del General Carlos Ibáñez del Campo (Chile) e a provincia de Santa Cruz (Arxentina). Abrangue unha superficie de 2.240 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Foi discípulo do seu pai, o gravador Thoman Burgkmair (1444-1523) e de Martin Schongauer. A súa produción pictórica contén tres táboas, coas basílicas de San Pedro (1501), San Xoán do Letrán (1502) e Santa Cruz de Xerusalén, os retablos do Rosario, de san Xoán Evanxelista (1518) e da Santa Cruz (1519). Como gravador destacan os traballos para o Emperador Maximiliano e diversas xilografías do seu Libro de Horas. O seu fillo Hans Burgkmair o Mozo (1500?-1559) tamén foi gravador e pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célebre sala de cabaré aberta en Zúric por Hugo Ball e Emmy Hennings o día 5 de febreiro de 1916. A partir dese momento sucederíanse novos encontros de artistas nos que se realizaban as máis diversas accións, normalmente coordinadas por Tristan Tzara e Marcel Janco, Hugo Ball, Jean Arpe, Richard Huelsenbeck. Por aquela sala pasaron políticos do relevo de Lenin ou coreógrafos famosos como Rudof von Laban. Foi o espazo onde naceu e se desenvolveu o movemento Dadá. Pechou as súas portas a finais de xuño do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO