"AGN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 267.
-
-
Relativo ou pertencente ao ferromagnetismo.
-
Aplícase á substancia que presenta ferromagnetismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade que teñen algunhas substancias de posuír unha susceptibilidade magnética positiva moi grande. Nestas substancias, o campo de indución magnética B é, polo tanto, moito máis intenso que no baleiro, para un mesmo valor da excitación magnética H. Os metais Fe, Co, Ni, Gd, Dy e algúns minerais e aliaxes metálicas son ferromagnéticos. As substancias ferromagnéticas teñen unha permeabilidade relativa moi elevada, ao redor de 1.000, variable en función do campo H e das condicións ás que se someteu o material, e se se anula o campo H, non se anula o B, e así permanecen magnetizadas (magnetismo remanente), polo que se poden empregar para fabricar imáns. Para cada substancia ferromagnética existe unha temperatura denominada de Curie que, unha vez sobrepasada, a substancia se volve paramagnética. Non existen líquidos nin gases ferromagnéticos. É un fenómeno que se debe a propiedades non atómicas nin moleculares, senón á estrutura cristalina. O...
-
PERSOEIRO
Erudito. Da súa produción destaca a tradución do Asno de ouro de Apuleio, a tradución libre dunha adaptación española do Pancatantra titulada Prima veste dei discordi degli animali (1540) e Regionamenti d’amore, concibidos, en canto á estrutura, a imitación do Decameron.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión transversal de gran tamaño situada na illa de Honshu. Ao O está limitada por unha gran falla en dirección S-N que corta o arco montañoso do Xapón. Está cuberta por volcáns recentes, como o Fuji-san.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao fotomagnetismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnetismo que se produce por radiacións luminosas.
-
PERSOEIRO
Micólogo. A partir dos doce anos centrou o seu interese nos fungos e aos dezasete identificaba máis de 300 especies, polo que se constituíu xa nun especialista na materia. Constitúe, xunto con C. H. Persoon, un dos fundadores da micoloxía ao establecer unha taxonomía para os fungos baseada na coloración da esporada, na morfoloxía do himenio e, por primeira vez, en características microscópicas, aínda que de xeito limitado. Entre as súas 26 publicacións, nas que cita máis de 3.000 especies de fungos, destacan: Systema mycologicum, sistens fungorum ordines, genera et species huc usque cognitas (1821-1832); Lichenographia Europaea reformata (1831); Hymenomycetes Europaei (1874); e Icones selectae Hymenomycetum nondum delineatorum (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Iniciado no campo das matemáticas, foi un dos configuradores da econometría. Editou a revista Econometrica e publicou, entre outras obras, New methods of measuring marginal utility (1932) e Theory of prodution (1965). Foille concedido o primeiro Premio Nobel de Economía en 1969, que compartiu con Jan Tinbergen.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (4 500 km2; 276.217 h [1998]). A capital é Gagnoa (42.285 h [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Misioneira. Coñecida como Madre Tareixa de Calcuta, ingresou aos dezaoito anos na orde das Irmás da Nosa Señora do Loreto (Irlanda). As súas superioras enviárona a Darjeeling (India) en 1928, onde cursou estudios de maxisterio. En 1931 aceptou os votos de pobreza, castidade e obediencia, e cambiou o seu nome polo de Tareixa en homenaxe a unha carmelita francesa. En 1937 tomou os votos finais e once anos despois recibiu autorización de Roma para percorrer as rúas de Calcuta sen perder a súa condición de monxa. En 1950 a diocese de Calcuta aprobou as actividades da súa congregación, as Misioneiras da Caridade, e en 1952 abriu a Casa de Moribundos Indixentes Nirmal Hriday, en Kalighat, que estendeu a todos os continentes. Recibiu o premio Xoán XXIII da Paz (1971) e en 1979 foille outorgado o Premio Nobel da Paz. En 2003 foi beatificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo. Nacionalizouse sueco en 1940. Estudiou medicina na Universidade de Helsinqui, onde se graduou en 1927. Traballou na Universidade de Pensilvania, no laboratorio Sherrington de Oxford, na Universidade de Helsinqui, no instituto Nobel de Estocolmo e na facultade de Medicina do instituto Karolinska de Estocolmo, onde foi xefe do departamento de neurofisioloxía. Os seus estudios centráronse na neuroloxía da visión, concretamente na acción dos receptores da retina. Entre as súas obras destacan Os mecanismos sensoriais da retina (1947) e Os receptores da percepción sensorial (1955). En 1967 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina e Fisioloxía, que compartiu con Haldan Keffer Hartline e George Wald, polos seus traballos e descubrimentos sobre a fisioloxía da visión e o control das neuronas motoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (590-604). É un dos grandes padres da Igrexa Latina, foi prefecto urbano de Roma (572-574) pero retirouse á vida monástica no monte Celio (Roma). Nuncio de Pelaxio II en Constantinopla (579-586), sucedeuno na sé de Roma. Elixido papa no 590, acadou a paz cos longobardos a través de pactos e concordias (592) e estableceu as bases do Estado Pontificio ao gobernar de xeito autónomo as súas rexións. Denegoulle ao patriarca de Constantinopla o dereito a nomearse patriarca ecuménico e afirmou a primacía da Igrexa de Roma. Apoiou as misións evanxelizadoras entre os anglos (596) e colaborou na conversión dos francos. Esforzouse por reformar os costumes da Igrexa co tratado Regola pastorale. Os seus escritos, homilías, cartas e Diálogos foron moi populares durante a Idade Media. Codificou o canto gregoriano, que se converteu no canto oficial da Igrexa Latina e que substituíu o anterior canto ambrosiano. Na iconografía leva ornamentos papais (casula ancha, palio, tiara papal...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe herdeiro de Noruega, fillo de Harald V de Noruega. Foi nomeado herdeiro en 1991 e ocupou a rexencia en 2003 durante a enfermidade do seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico hidratado de magnesio, de fórmula Mg4(OH)2CO33H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, pode presentarse en cristais ben conformados, o menos frecuente, ou ben en formas verrugosas ou raiadas, de color branca neve ou incolora. Ten dureza 3,5 e peso específico 3,6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de diagnose das enfermidades sistémicas polos datos hipoteticamente subministrados polos cambios de forma e cor do iris.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto polo que, se un feixe de luz polarizada segundo un plano incide no polo dun electroimán puído, de xeito que actúe coma un espello, o plano de polarización da luz reflectida varía segundo a excitación do electroimán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latinizado de Lbqy ou Lpqy, antiga cidade de Libia, situada preto do actual Al-Hums. Fundada polos fenicios de Tiro no I milenio a C, foi tributaria de Cartago, posesión dos númidas e cidade federada de Roma. Conserva importantes restos arqueolóxicos da época romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa Geológico Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cidades gregas do S de Italia que recibirion este nome desde o s II a C. A súa fundación produciuse durante o gran movemento colonizador grego, entre os ss VIII e VII a C, e aproveitou a situación estratéxica da Península Itálica no Mediterráneo e tamén as súas posibilidades agrícolas. Os colonizadores máis activos foron os de Calcis, que fundaron Cumas e Reggio, e os aqueos do Peloponeso que se estableceron en Síbaris, Crotona, Metaponte; pero tamén participaron outros pobos, como os espartanos e os locrios. Entre as colonias, Tarento e Síbaris acadaron un notable esplendor durante os ss VII e VI a C. A partir do s V tiveron que afrontar diversos ataques dos pobos veciños e organizáronse na Liga Italiota. A partir do s III a C foron sometidos por Roma. As colonias gregas de Sicilia e do S de Italia foron un dos principais centros de irradiación da cultura grega, e xurdiron así o pitagorismo e outros sistemas filosóficos, como a escola eleata, representada por Parménides. Moitas...