"Alón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 299.

    1. Pelota composta dunha cuberta e mais dunha cámara, inchable por medio dunha válvula, que se utiliza en diversos deportes e que varía o seu peso e as súas dimensións segundo a modalidade na que se empregue. O balón é xeralmente de forma esférica, excepto o empregado no rugby e nos deportes derivados (fútbol americano, fútbol australiano) que ten forma elíptica.

    2. Xogo no que se utiliza o balón.

    3. Bóla de caucho ou de calquera material plástico, que serve para a defensa do barco.

    4. Recipiente de vidro de forma esférica, con colo prolongado.

    5. Saco de goma ou de materias plásticas destinado a conter gases.

    6. Balón que ademais de aire ten no seu interior algún sólido (area, bóla de metal, etc) para aumentar o seu peso. Emprégase como elemento auxiliar en exercicios de formación corporal, ben para o acondicionamento físico deportivo, ben para tratamentos de rehabilitación despois das lesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario deportivo que saíu á luz o 16 de outubro de 1944 na cidade da Coruña. Publicábase os luns ata que cesou o 25 de maio de 1945, no número 32. Constaba como fundador Alexandro Lastres García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista deportiva que apareceu no ano 1924 na cidade da Coruña. Cesou non antes de 1930. Un aspecto destacable desta publicación eran os diferentes subtítulos que acompañaron o título principal durante a súa andaina. Ata 1926 constaban “Revista semanal de sports” ou “Revista semanal de deportes”. En 1927, no seu cuarto ano publicábase como “Semanario deportivo”. Editou un número extraordinario o 7 de febreiro de 1927.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte de oposición que se disputa entre equipos de cinco xogadores que teñen como obxectivo a introdución dun balón de entre 75 e 78 cm de circunferencia nunha canastra defendida polo equipo contrario. A Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) establece as regras do xogo. Nos EE UU a Asociación Nacional de Baloncesto (NBA) desenvolve a súa competición con regras propias, que difiren das da FIBA en aspectos como a duración dos partidos, o tempo de posesión do balón do que dispoñen os equipos en cada xogada de ataque, limitacións no emprego de determinados sistemas defensivos, distancia da liña de tres puntos, número de árbitros, etc. O terreo de xogo é de chan duro e libre de obstáculos. As canastras, situadas no centro das dúas bandas máis curtas, están constituídas por un círculo metálico do que colga unha rede aberta pola parte inferior; cada canastra vai fixada a un taboleiro de forma rectangular, sostido por un soporte situado fóra do terreo de xogo e que a mantén a unha altura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte de oposición que se disputa entre dous equipos de sete xogadores que teñen como obxectivo introducir un balón no interior dunha portería defendida polo equipo contrario. O terreo de xogo é un rectángulo de 40 m de longo por 20 m de ancho. No centro dos lados máis curtos sitúanse as porterías, de 3 m de ancho por 2 m de alto. A unha distancia de 6 m da portería trázase unha liña que delimita a superficie da área de portería, espazo que só está autorizado a ocupar o xogador que actúa como porteiro. Os xogadores poden tocar o balón con calquera parte do corpo agás cos pés ou coas pernas por debaixo dos xeonllos; só o porteiro, no interior da súa área de portería, pode tocar o balón cos pés en accións defensivas. Permíteselles aos xogadores camiñar co balón agarrado un máximo de tres pasos e mantelo no seu poder un máximo de tres segundos; despois deberán botar o balón, pasalo ou lanzalo á portería. As dimensións do balón oscilan entre os 54-56 cm de circunferencia para as mulleres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que apareceu en Lugo en 1985 e que editou dous números. Estivo sen saír durante máis dun ano para reaparecer en decembro de 1986. Subtitulada “Órgano informativo de la Federación Gallega de Balonmano”, foi dirixida por Xosé Luís Otero Feijoo. O sumario contiña seccións como “Escuela Territorial de entrenadores” e “Objetivo 92”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en 1891 en Alongos (Toén) por Samuel González, quen foi o seu primeiro director. Nun principio só eran 6 músicos pero axiña elevou o número de compoñentes e chegou a ser unha banda de renome en Galicia e fóra dela, sendo recoñecida por autores da nosa literatura como Eduardo Blanco Amor na súa obra Xente ao lonxe. Ó longo da súa traxectoria tivo como directores, entre outros, a Antonio Tojo, Beristain, Rego, Salgado, Félix Molina, Francisco Rodríguez, Edmundo Figueiras, Cándido Alvarado, Arsenio Iglesias, Alejandro del Río e o actual director José Vázquez Rebollo. Nesta formación, viveiro en moitas ocasións da Banda de Ourense, destacaron figuras como Manuel Conde, Manuel Conde Ogando ou Benito Rebollo Veliñas. Participou en numerosas festas e coa súa música percorreu toda Galicia, Portugal e algunhas provincias de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvaro Alonso Barba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse como pintor no ano 1982; sen embargo, axiña se centrou na escultura. A mediados dos oitenta comezou a realizar intervencións na paisaxe, recollendo diversos obxectos que sacaba do seu contexto. Despois levou a cabo actuacións in situ das que soamente se conservan testemuños fotográficos. A pesar da utilización de materiais de desfeito, que o sitúan na beira da arte povera, a súa obra é fundamentalmente conceptual. A serie Gallegos (1987), malia a escaseza dos materiais utilizados e de ser debuxados polo azar, reflicte unha gran destreza. En 1989 na exposición Expolio (Santiago de Compostela) presentou un conxunto de obras con material descontextualizado que empregou para compoñer imaxes harmónicas e estéticas. En 1993 realiza unha obra marcada polo carácter poético, Little Bang. Nos últimos anos centrouse no estudo da arte e da súa consideración social e comercial, expresadas a partir dunha dose de ironía e de sentido crítico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado no conservatorio de Madrid, realizou estudios musicais con Julio Gómez, Sergiu Celibidache, Goffredo Petrassi e Bruno Maderna, entre outros. Cómpre destacar da súa abundante produción as pezas: Picolo concerto (Pequeno concerto, 1959), Espacios variados (1962), Heterofonías (1967), Impulsos (1972), Numancia (1975) e Nostálgico (1986). Compuxo a música para a montaxe teatral La Celestina (1988) e a banda sonora das películas Nueve cartas a Berta (1965) e Tormento (1974). Foi Premio Nacional de Música en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor manierista, fillo de Pedro Berruguete. Entre 1508 e 1516, aproximadamente, traballou en Roma e Florencia, onde foi axudado por Michelangelo Buonarroti, quen influíu na súa traxectoria artística. Cando volveu a Castela en 1517 estivo vinculado, como pintor do Rei, á Corte de Carlos V, para quen realizou diversos encargos de pintura e escultura, mais non acadou o seu favor e dende 1526 permaneceu afastado da Corte. Asentado en Valladolid, dedicouse principalmente á escultura. Os seus primeiros grandes retablos, o do mosteiro da Mejorada de Olmedo (1523) e o de San Benito de Valladolid, acredítano como o escultor máis destacable do s XVI. Outras obras importantes son o retablo do Colexio de los Irlandeses, de Salamanca (1529); o da Epifanía, da igrexa de Santiago (Valladolid, 1537); os relevos do coro e o grupo en alabastro da Transfiguración que coroa a cátedra arcebispal da catedral de Toledo (1539); o retablo da Visitación na igrexa de Santa Úrsula (Toledo)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador de retablos. Estivo activo na comarca de Pontedeume. En 1626 traballou nos retablos da capela maior de Santiago de Barallobre (Fene) e de San Mamede de Laraxe (Cabanas); en 1628 no retablo principal de Santa María de Ombre (Pontedeume). En 1631 pintou e dourou, xunto con Alonso Pernas e Gabriel de Fojo, as andas do retablo da Santísima Trindade da confraría de mareantes de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Dentro da corrente barroca conceptista, escribiu Peregrinos pensamientos de misterios divinos (1614) e Nuevo jardín de flores divinas (1617).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Baloncesto Bosco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Vigo. As súas armas levan, en campo de azul, un veleiro co seu botaló.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Baloncesto Breogán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa corpulenta que ten pouca delicadeza e educación na súa maneira de actuar.

    2. Muller con aspecto e modais de home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pío Cabanillas Gallas. Licenciado en Dereito polo Centro de Estudios Universitarios (CEU) e máster en Arts in Law and Diplomacy pola Fletcher School de Medford (EE UU), foi director de organización e desenvolvemento da división de televisión e cine do grupo PRISA, director xeral de Sogecable, director de desenvolvemento e relacións internacionais do grupo PRISA e director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE). O 27 de abril do 2000 foi nomeado ministro portavoz do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO