"Alvar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 336.
-
PERSOEIRO
Xornalista especializado no eido gastronómico. Traballou en El Ideal Gallego e ocupou distintos cargos na axencia Efe. Colaborou nas obras Alimentos de España (no que se refire a hortalizas e verduras) e Enciclopedia Gastronómica de Navarra. En 1992 foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Publicou os seus primeiros versos na Revista Galaica, de Ferrol e os primeiros artigos en El Heraldo Gallego, de Ourense, e na Gaceta de Galicia, de Santiago de Compostela, onde fundou a publicación El Vampiro. En 1877 emigrou a Cuba onde se vencellou co mundo da emigración galega, colaborando cos seus artigos en moitos xornais e fundando a primeira publicación periódica galega de América, El Eco de Galicia (1878-1900). Impulsou o Centro Gallego da Habana. Ao longo da súa vida viaxou con frecuencia a Galicia para participar en actividades culturais e colaborar con Manuel Murguía e Alfredo Brañas na organización do Rexionalismo galego; neste sentido, presidiu os Xogos Florais da Coruña en 1891 e a Liga Gallega en 1898. En 1900 instalouse en Madrid onde fundou o Centro Gallego, do que foi o seu primeiro secretario. Exerceu de novo o xornalismo en medios como El Liberal, Blanco y Negro ou El País. Escribiu obras en...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina en 1901. Xa na súa etapa de estudante foi cofundador do Boletín de Medicina y Cirugía. Posteriormente traballou de médico en Tui, onde ocupou numerosos postos de responsabilidade. Foi Presidente de moitas sociedades culturais, deportivas e recreativas, promotor e fundador do Orfeón da Sociedade Artística, impulsor dos Xogos Florais de 1926, Presidente da Sociedade Venatoria, entre outros cargos. Como orador e conferenciante interveu en múltiples foros e como xornalista colaborou nos tudenses La Integridad, La Correspondencia Gallega, El Vencejo e nas revistas madrileñas Caza y pesca e España Cinegética. Fundou en Tui o semanario La Opinión dende onde combateu o caciquismo, a opresión a as inxustizas, o que lle causou algúns problemas. Durante a Segunda República militou nas filas republicanas. Morreu fusilado na madrugada do 30 de outubro de 1936 tras un xuízo celebrado en Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade Compostelá e exerceu de avogado en Pontevedra. Os primeiros anos da súa vida transcorren en Pontevedra, onde cursou o Bacharelato e participou na fundación da sociedade Los Amigos del Progreso, na que comezou a súa faceta de creador literario. Para atender á súa vocación de ensinante, estudiou deseguido para Mestre Normal e Inspector de Ensino Primario, ao que se dedicará xa de xeito definitivo. Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo, membro correspondente da Real Academia Galega, membro da sección de Historia do Seminario de Estudos Gallegos, cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Colaborou tamén en diversos xornais e revistas, foi orador e conferenciante, poeta e home de fonda relixiosidade. Entre as súas actividades literarias hai que destacar a súa participación, xunto a Labarta Pose, na revista Extracto de Literatura. Máis adiante fundou Galicia Moderna e, en Ourense, Mi Tierra....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras. Desenvolveu a súa actividade como canteiro e director de obras en terras leonesas. Coñécese a súa intervención na construción do claustro do Convento de la Santa Espina de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Perito e profesor mercantil. Exerceu como Catedrático na Escola de Comercio de Donosti e na Escola de Estudios Universitarios e Técnicos de Gipuzkoa. Publicou, entre outros, Elementos de Contabilidad y Teneduría de Libros, Contabilidad General e Integración y Análisis de Balances.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo de Santiago. Publicou Compendio de la vida, martirio, traslación e invención del glorioso cuerpo de Santiago el Mayor, apóstol de J.C., patrón de las Españas, con una breve noticia del Jubileo y grazas pontificias de su S.A.M. Basílica, frecuentes peregrinaciones de los fieles de todo el orbe católico, decidida protección a los monarcas españoles y sus esforzados capitanes en las guerras con los infieles y la historia cronológica de los Ilmos. Obispos de Iria y Arzobispos compostelanos (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Monxe franciscano. Dedicouse especialmente á música e colaborou en varias revistas como La Cruz e El Eco franciscano. Usou con frecuencia o pseudónimo El oscurantista de marras. Foi autor das obras musicais Collectio universalis antiphonarum hymnorum (pro Vesperis Laudibusque) et Missarum anni franciscani e Colección Mariana, en colaboración con J.F. Santesteban. Ademais escribiu Recuerdo de las misiones franciscanas del colegio de Loreto (cerca de Umbrete) (1855) e Cosmos minoritico-scientifico-litterarius (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Viviu dende o ano 1937 en Galicia, primeiro na Coruña, onde cursou estudos na Escola de Artes e Oficios, e máis tarde en Santiago de Compostela. Tras unha viaxe a París e unha estancia en Madrid retorna á Coruña. A súa obra presenta unha grande influencia dos impresionistas franceses en canto á cor, e posúe unha coidada composición.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicou artigos sobre temas relacionados coa música e a poesía en revistas como Grial, Galicia turística, Galicia en Madrid, entre os que se contan “Panorama da música galega. Aportación do mestre Rodrigo A. de Santiago”, “Noticia y glosa del Método completo de gaita” ou “Poesía de Miguel González Garcés. Nas faíscas do soño”. Achegouse tamén ao teatro coa publicación dos cadros líricos Romaxe a Teixido (1955), Cantiga (1956) e Era outra vez o muíño (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Teoloxía e cóengo lectoral da catedral de Tui. No 1870 dirixiu o xornal La Juventud Católica de Tui e a Academia Juventud Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizou os seus primeiros estudios no Seminario de Mondoñedo, que abandonou para ingresar no exército. No 1840 desertou e marchou a Madrid, onde traballou como redactor de El Huracán. No 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843 e marcha a vivir a Sevilla. Pouco despois obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, cargo que ostentou ata que no 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, dende onde foi trasladado a Veracruz no 1856 onde morre. Como escritor publicou Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años (1842), o poema histórico El Hijo de María (1852), e dous volumes titulados Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos (1859), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrática de Historia e licenciada en Filosofía e Letras e Xornalismo. Foi xefa do Gabinete para a Reforma Educativa da Xunta de Galicia, membro do Comité local e provincial do Partido Popular e edil no concello de Santiago desde 1987. Senadora. Deputada no Parlamento de Galicia dende 1997 onde desempeña o cargo de portavoz da Comisión da Muller e Presidenta da Comisión de Educación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Funcionario da Administración local, xornalista e poeta. Colaborou en revistas e xornais como Finisterre, Sonata Gallega, Agro, Ciudad, Alba, Litoral, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou Diario de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de redactor xefe. Empregou frecuentemente os pseudónimos Ramón de Silva, Emilio Ramón Álvarez e Era. No 1949 colaborou con Celso Emilio Ferreiro na fundación da colección de poesía Benito Soto, na que publicou o poemario Madrigal. Posteriormente editou Sonetos de Quicio Volante (1992), volume en que reuniu poemas escritos entre 1950 e 1990. No eido da prosa, publicou La veleta apunta a Pontevedra (1991), recompilación de textos que viron a luz na prensa entre 1947 e 1971. Entre os recoñecementos que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Niebla.
-
GALICIA
Frade agostiño. Realizou estudios en Manila ata ordenarse sacerdote (1862), sendo destinado a Pamponga. Foi nomeado Rector do Colexio de La Vid (1873) e do de Valladolid (1877). No 1886 marchou de novo ás Filipinas, onde se encargou das parroquias de Bacolor e Candaba ata a súa morte. Escribiu Relación nominal de todos los religiosos que han profesado en el Real Colegio Seminario de Valladolid y La Vid, pertenecientes a la Provincia del Dulcísimo Nombre de Jesús, de Agustinos calzados de Filipinas (Guadalupe) e Documentos y estados relativos al Real Colegio Seminario de Agustinos filipinos de Valladolid
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de Lingua e Literatura Galegas. Ata 1994 pertenceu ao Colectivo de Feministas Independentes Galegas (FIGA) e foi unha das promotoras da revista deste colectivo A festa da palabra silenciada. Colaborou en diferentes xornais e revistas con comentarios enfocados dende a ideoloxía feminista e artigos de crítica literaria, boa parte deles centrados na literatura infantil e xuvenil, eido en que tamén destaca como estudosa de temas relacionados co sexismo e coa coeducación, ademais de creadora. Entre os seus títulos cóntanse O rei da nada e outros contos (1988), volume en que se inclúe “O rei da nada”, co que acadou o primeiro premio do concurso de Contos Infantís O Facho (1979), e “A cova da serpe”, co que obtivo o segundo premio en 1980 nese mesmo concurso. Ademais con O rei...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de fútbol. Militou a maior parte da súa carreira deportiva no Real Club Celta de Vigo, dende a tempada 1979-80 ata a 1995-1996, a da súa retirada. Con anterioridade xogou no Club Deportivo Orense, e na 1982-1983 foi cedido ao Racing de Ferrol. Co Celta disputou 311 partidos oficiais (194 na Primeira División e 107 na Segunda), chegando a ostentar a capitanía do equipo. Ocupaba no campo a posición de centrocampista organizador e adoitaba lucir o número 6. O seu maior éxito foi proclamarse subcampión do Campionato de España (Copa da S M o Rei), disputando a final ao Real Zaragoza, en Madrid, a noite do 20 ao 21 de Abril de 1994. O 24 de agosto de 1996, no partido da súa homenaxe, recibiu a insignia de ouro e brillantes do Real Club Celta de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde Lemos e, segundo Vasco da Ponte, “o maior señor do Reino de Galicia”. Procedente da baixa nobreza, foi Alcalde de Compostela durante o período irmandiño. Destacou nas cortes de Xoán II de Castela e Enrique IV e foi un dos principais dirixentes, xunto a Alonso de Lanzós e Diego de Lemos, da sublevación irmandiña, actuando sobre todo nas terras de Compostela onde resistiu os contraataques de señores coma Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga). O Cancionero General de Hernando del Castillo contén unha composición da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO