"Berg" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • REXIÓNS

    Rexión do centro de Suecia situada no länd de Västmanland, ao S da rexión de Dalarna, entre o golfo de Botnia e o lago Vänern. É unha rexión mineira e industrial, con abundantes xacementos de ferro, explotados desde o s XIII, e explotacións de prata, ouro, cinc, cobre, manganeso e chumbo. Os principais centros industriais son Falun, Sandviken, Borlänge, Grängesberg e Karlskoga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e zoólogo. Cultivou a poesía e a narración, pero destaca especialmente a súa novela Fra Piazza del Popolo (1867), onde introduce elementos románticos e naturalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor de orixe xudía. Filósofo vitalista que se inscribiu dentro das tendencias antipositivistas dominantes nos primeiros anos do s XX. Herdeiro ao mesmo tempo do Espiritualismo de J. Lachelier e do Evolucionismo de H. Spencer, opúxose ao Neokantismo do primeiro e ao Positivismo do segundo. Fronte a estas tendencias, que renunciaban a coñecer a realidade profunda, e ao Cientifismo, que confiaba en lograr ese obxectivo empregando os métodos analíticos da ciencia, concibiu un evolucionismo non mecanicista, segundo o cal o universo está animado por un ‘impulso vital’, fonte orixinaria de vida. Por consecuencia desta concepción, entendía que o espírito e a materia son dous momentos dun mesmo movemento de creación e de recaída. O método correspondente a esta doutrina é unha certa forma de intuición metafísica, que describiu como unha especie de simpatía intelectual, que transporta ao interior das cousas, por oposición á intelixencia que as fai coñecer por fóra. O conxunto do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico e doutor en Medicina. Realizou traballos de investigación sobre a heparina, a autooxidación e o metabolismo do colesterol e dos ácidos biliares. Efectuou tamén o illamento das prostaglandinas. En 1982 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con B. I. Samuelsson e J. R. Vane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Colaborador de diversos xornais de Galicia e Asturias, asinou algúns dos seus traballos cos pseudónimos como Rogueiber e Manuel de Vicenta. Publicou a novela A pecadenta silenzosa (1927) e a peza dramática Ollo cos estudantes (1930). Escribiu tamén en castelán as pezas Trampa adelante e Engaño sobre engaño. Ingresou na Real Academia Galega en 1958 en recoñecemento ao seu labor xornalístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Preto de Sigmaringen. Fundada polos agostiños no 1077, foi secularizada no 1802 e restaurada polos beneditinos no 1863. O seu abade leva o título de arquiabade. Foi un dos centros da restauración gregoriana na Alemaña meridional. Alberga unha institución dedicada á edición crítica da Vetus Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coas súas obras El cantar de la noche (1935) e Sonetos amorosos (1936) contribuíu á formación do movemento poético garcilasista, caracterizado pola volta ás composicións clásicas. Cómpre subliñar tamén a publicación de Más allá de las ruinas (1947) e La mutua primavera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista danés. Publicou traballos de Dialectoloxía e, sobre todo, de Sintaxe; entre eles cómpre destacar L’ordre des mots en français moderne (A orde das palabras en francés moderno, 1928 e 1933) e Le problème da la transitivité en français moderne (O problema da transitividade no francés moderno, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano de orixe holandesa. Estudiou na Universidade de Utrecht, e no ano 1946 preparouse en Harvard. Doutorouse na Universidade de Leiden en 1948 e volveu a Harvard. No ano 1958 nacionalizouse norteamericano. Estudiou o uso dos raios láser para a transmisión da información. Obtivo o Premio Nobel de Física en 1981 xunto con K. M. Siegbahn e A. L. Schawlow, pola súa contribución á espectroscopia de láser, máser e electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta. Ao longo da súa obra poética -Den fange guden (O deus cautivo, 1927)- intentou superar o individualismo pesimista mediante o compromiso social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo xornalístico multimedia dedicado á información económica que goza de gran prestixio no mundo financeiro, en especial nos EE UU, e que acadou unha gran sona a través da Internet. Así mesmo, dispón dunha rede con terminais informáticos propios que son alugados aos clientes, e nos que estes reciben un enorme fluxo de información económica actualizada, tendo acceso ademais a datos históricos do sector. O grupo toma o nome do seu fundador, Michael Bloomberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. No ano 1976 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con D. C. Gajdusek polos seus traballos sobre as proteínas séricas como marcadores xenéticos. Estas investigacións levárono ao descubrimento do antíxeno chamado Australia, e a súa relación coa hepatite vírica B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo de irritación peritoneal, que consiste na provocación de dor moi intensa ao retirar de súpeto a man que oprimía unha zona determinada do abdome. Foi descrito polo cirurxián e xinecólogo alemán Jacob Moritz Blumberg (1873 - 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico inglés. Deseñou o IPCS (Image Photon Counting System), detector luminoso baseado na amplificación e na acumulación dos fotóns luminosos recibidos dende fontes moi febles (cámara de conta de fotóns), cos quasares afastados, que estudiou xunto con Wallance Sargent. Participou no deseño de satélites científicos e astronómicos. A partir de 1981 dirixiu o Royal Greenwich Observatory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, conde de Barcelona e xefe da casa real española (1941-1977). Terceiro fillo varón de Afonso XIII e de Victoria Uxía de Battemberg, herdou os dereitos dinásticos da coroa española trala renuncia dos seus irmáns, Afonso e Xaime (1933). Ingresou na Escola naval de San Fernando en 1930 e trala proclamación da Segunda República marchou ao exilio e continuou os seus estudios na escola naval de Dartmouth (Inglaterra). Casou con María das Mercedes de Borbón Orleans (1935). Baixo o nome de Xoán López tratou de combater na Guerra Civil, pero as tropas franquistas impedírono. Converteuse en aspirante ao trono de España trala morte de Afonso XIII (1941). Estableceuse en Estoril en 1947. Oposto á lei de sucesión de Franco, accedeu a que o seu fillo, o príncipe Xoán Carlos estudiase en España. Trala proclamación do Rei Xoán Carlos I, mantivo o título de conde de Barcelona e renunciou aos seus dereitos sobre a coroa española o 14.5.1977. Á súa morte recibiu honores de Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Bydgoszcz (Polonia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa ría de Corme e Laxe e co municipio de Ponteceso, ao S cos concellos de Coristanco (Bergantiños) e Zas (Terra de Soneira), ao L con Coristanco e ao O co de Laxe. Abrangue unha superficie de 100,3km 2 cunha poboación de 5.091 h (1997), distribuída en dez parroquias: Anós, Borneiro, Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns, O Esto, Nantón, Riobó e A Silvarredonda. A capital municipal, A Carballa, na parroquia de Cesullas, está a 43° 12’ 40’’ de latitude N e 8° 54’ de lonxitude O, a 56 km de distancia tanto da Coruña como de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Carballo e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Cabana de Bergantiños está baixo o dominio climático oceánico húmido, e máis concretamente se inclúe no subtipo do litoral atlántico do NO, caracterizado pola influencia directa do Océano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio pertencente ao círculo da Baixa Saxonia. Permaneceu sempre ligado ás ramas da familia güelfa dos duques de Brunswick, agás un curto período no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista francés. Ligado á corrente positivista, foi partidario dun formalismo absoluto. Escribiu Contribution à la théorie générale de l’État (Contribución á teoría xeral do estado, 1920-1922) e La Loi, expression de la volonté générale (A lei, expresión da vontade xeral, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a cada un dos soldados da garda chamberga e ás pezas que formaban o seu uniforme, especialmente o sombreiro e a casaca.

      1. Casaca militar na que o propio forro formaba as lapelas e as dobras das mangas. Formaba parte do vestiario do exército francés que comandaba Charles Schömberg durante a Guerra de Catalunya (1640-1652).

      2. Sombreiro de ala ancha levantada por un lado e suxeitada cunha presilla empregado pola garda chamberga.

      3. garda chamberga

        Rexemento creado en Madrid por Mariana de Austria (1669) con funcións de garda real, que entre outras pezas da súa indumentaria lucía a chamberga e o chambergo. Xoán Xosé de Austria trasladou a garda chamberga a Sicilia e substituíuna por outra alemana.

    2. Moeda de prata catalá do s XVIII e dun valor inferior ao real de Castela.

    3. pintura á chamberga.

    VER O DETALLE DO TERMO