"Blanco" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 113.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política conservadora uruguaia fundada en 1836 por Manuel Oribe. Xurdiu como reacción ao Partido Colorado e contra o seu proxecto reformador, defendendo o medio rural. Acadou en diversas ocasións a presidencia da república, alternando no poder co Partido Colorado. O seu líder máis importante foi Luis Alberto de Herrera.
-
GALICIA
Enxeñeiro e publicista. Pasou a súa mocidade en La Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi alcalde, presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica e do Círculo de Artesáns. Fundou o Patronato da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia. Foi o terceiro presidente da Real Academia Galega (1924-1926). Escribiu, entre outras obras, Elementos de construción de carreteras y ferrocarriles (1899), De la Coruña a París. Impresiones de un viaje (1910), Educación social en sus varios aspectos de la enseñanza profesional. Cajas de previsión y cooperación en general (1910), Cultura y puericultura. Su importancia e influencia educadora de la mujer en estos problemas (1911), Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros (1915), La crisis agraria. Consideraciones generales (1916) e A través de España....
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en Sierra Morena (16.369 h [2001]). É un mercado agrícola e ten industria de la.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad Central de Madrid en 1867. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1870-1871), deputado en Cortes polo distrito de Santiago de Compostela (1871-1871) e polo da Coruña (1884-1886), e gobernador do Banco Español en La Habana (1891). Foi senador pola Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País (1891) e pola provincia cubana de Matanzas (1893). Ao volver de Cuba foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo (1895). Defendeu a M. Curros Enríquez, cando foi condenado por Aires da miña terra e publicou Informe oral pronunciado por (...) en defensa de D. Manuel Curros Enríquez (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fillo de Xaime Quessada e María Jesús Blanco Piñeiro. A súa pintura, próxima ao expresionismo abstracto, empregou un colorido exultante de tonalidades intensas e agresivas que o aproximou ao informalismo. Os seus espazos, imaxinarios e practicamente virtuais, reflicten unha atmosfera apocalíptica que consegue co emprego de patróns perforados, que permiten a superposición de cores. Os seus acabados son case industriais, xa que emprega lacas e cores metalizadas. Da súa obra destaca Blade Runner II (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Locutora de radio e poetisa. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e participou na creación da Asociación Cultural Catavento (1983), da revista Festa da Palabra Silenciada e da asociación Mulleres Galegas na Comunicación, ademais de en diversos proxectos, como o Laboratorio de Indagacións Poéticas, xunto a Antón Lopo. Foi actriz de dobraxe (1985-1989) e realizou A viborona (1989) en RNE en Galicia e ao ano seguinte comezou a dirixir o Diario Cultural na Radio Galega. Colaborou en diversos proxectos artísticos, como O son da pedra (1994), co grupo Milladoiro; os discos Rosalía na voz dos poetas (1983) e Daquelas que cantan (1997), e o espectáculo Son Delas (2000). Publicou poemas en A Nosa Terra, Dorna, A Saia ou Carel e, en 1987, editou o seu primeiro poemario Palabra de Mar, de carácter intimista, ao que lle seguiron Das últimas mareas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico, compositor e produtor musical. Director do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo e profesor de Arpa e Historia da Música Galega no mesmo centro. Desde 2003 coordina o Arquivo Sonoro de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega. Comezou a súa carreira vinculado ao movemento musical Voces Ceibes durante a década de 1970, xunto a Antón Seoane, co que formou un dúo. Participou na creación, entre 1976 e 1977, do colectivo Roi Xordo, co que actuou en distintos festivais da época. En 1978 gravou, con Antón Seoane, o disco Milladoiro, que obtivo o Premio da Crítica ese mesmo ano. En 1979 foi un dos impulsores da creación do grupo Milladoiro, no que permaneceu ata o ano 2000. Con este grupo gravou diversos discos, dos que destacan A Galicia de Maeloc (1979), Milladoiro 3 (1982), Castellum Honesti (1989) ou As fadas de estraño nome (1995). Tamén participou na creación da banda sonora de diversos filmes, como...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi catedrático de Anatomía Descriptiva e reitor en tres ocasións da Universidade de Santiago de Compostela, á que representou como senador en 1896. Colaborou en El Eco de Santiago e Fin de siglo, e escribiu Tratado de angioneurología o sistema vascular y nervioso, considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (1869), Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular (1875) e Programa de Anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva (1884). Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial creada por Olegario Sotelo Blanco en 1980. Cun catálogo de máis de 1.000 títulos, mantivo sempre unha liña independente e comprometida coa cultura galega. Nos seus comezos dedicouse a un labor de recuperación cultural mediante a edición de facsímiles e libros de conversas con persoeiros, ademais de iniciar unha liña de apoio a xéneros como a poesía, o teatro e a narrativa a través das coleccións “Leliadoura” (onde escribiron autores como Avilés de Taramancos, Manuel Rivas, X. Rábade Paredes e Xavier Seoane), “A Biblioteca do Arlequín” (con M. A. Fernán-Vello, E. Blanco Amor, M. Núñez Singala) e “Medusa” (X. L. Méndez Ferrín, R. Carvalho Calero, Xurxo Borrazás, Alfredo Conde, Pilar Buela e Teresa Moure). Na década de 1990 abriu a súa propia distribuidora e a súa sede en Santiago de Compostela. Desde 1990 publica, ademais, a revista trimestral A Trabe de Ouro.
-
GALICIA
Editor, escritor e xornalista. Instalado en Barcelona desde 1963, foi correspondente nesta cidade de La Región e colaborou con numerosas publicacións galegas e catalás. Promotor da editorial Sotelo Blanco Edicións (1981), así como das publicacións Concellos 12 (1990) e A Trabe de Ouro (1990), fundou e dirixiu a emisora Radio Amistad (1985). En 1993 creou a Editorial Ronsel, coa que deu a coñecer en lingua española diversas obras de autores galegos e portugueses. Nese mesmo ano creou a Fundación Sotelo Blanco e o Museo de Antropoloxía, e co tempo, proxecta un centro de estudos sobre a emigración galega. Publicou Galicia, pueblo emigrante. Por qué? (1978), Castro Caldelas y su comarca (1981), Conversas con Xaime Quessada (1990), A emigración galega en Catalunya (1991), Antropoloxía cultural da Terra de Caldelas (1992), traballo etnográfico capital na súa obra; e Os afiadores. A industria ambulante (1994). En...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Ramón María del Valle-Inclán. Durante a Guerra Civil foi enlace do estado maior de Líster e en 1939 foi evacuado a Francia e internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Pablo Neruda, embaixador de Chile en Francia, levouno a Chile onde iniciou a súa traxectoria artística, ata que en 1958 regresou a España. Realizou unha pintura figurativa intimista e cultivou a paisaxe e o bodegón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz teatral. Coñecida como Maruxa Villanueva, emigrou a Arxentina en 1926, onde iniciou a súa carreira como cantante de alalás e composicións galegas. Contou cun programa propio na televisión arxentina, que compaxinou co teatro. Montou, co autor Daniel Varela Buxán e co actor Fernando Iglesias Tacholas, a Compañía de Arte Regional Gallego “Aires da Terra”, que co tempo se converteu na Compañía Galega Maruxa Villanueva. Puxo en escena obras como Os vellos non deben de namorarse (1941), de Castelao, e as súas representacións tiveron moito éxito en Arxentina e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia (1971) encargouse da dirección da casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado nas cordilleiras Béticas, ao O de Murcia (2.093 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industria alimentaria e mecánica.
VER O DETALLE DO TERMO