"CIC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • Planta do xénero Cyclamen da familia das primuláceas. Caracterízase por ser perenne e presentar tubérculos arredondados máis ou menos afundidos, follas cordadas ou reniformes, con longos pecíolos, enteiras ou dentadas, flores pentámeras, con pétalos reflexos e froitos capsulares dehiscentes por cinco valvas. Comprende unhas vinte especies propias da rexión mediterránea, de Europa Central e de Asia Menor; son moi apreciadas en xardinería, sobre todo o ciclamino persa (C. persicum), de follas listadas e flores grosas, que presenta unha ampla gama de cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das ciclantáceas.

    2. Planta da familia das ciclantáceas.

    3. Única familia da orde das ciclantais, integrada por once xéneros e unhas 180 especies. Presentan aspecto de lianas ou de pequenas palmeiras de follas longamente pecioladas, con flores unisexuais dispostas alternativamente nunha espata simple e froitos bacciformes. Son plantas propias dos países intertropicais de América. Algunhas especies teñen interese por ser produtoras de látex, como a Cyclanthus bipartitus, ou polo uso das fibras foliares para elaborar tecidos, como a Carludovica palmata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde das ciclantais.

    2. Planta da orde das ciclantais.

    3. Orde de plantas da subclase das arécidas á que pertence, unicamente, a familia das ciclantáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Someter un composto a ciclación, isto é, transformar unha cadea aberta nunha pechada ou anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou perencente ao ciclo.

    2. Que sucede en intervalos regulares.

    3. Aplícase ás flores que presentan os órganos florais dispostos en verticilos.

    4. Aplícase a un poema e a un poeta que trata un ciclo épico completo.

    5. Relativo á peza musical que contén o mesmo material temático en diferentes movementos. Son exemplo as obras instrumentais de César Franck (1822-1890).

    6. Aplícase aos compostos que teñen unha estrutura molecular que conta cun ou máis ciclos ou aneis. Os compostos cíclicos orgánicos poden estar integrados só por átomos de carbono (carbocíclicos) ou por cadeas con algún heteroátomo (heterocíclicos). Funcionalmente, distínguense os compostos cíclicos que se comportan de xeito semellante aos de cadea aberta e os compostos que posúen aromaticidade. Entre os compostos cíclicos inorgánicos destacan algúns anións poliméricos e os complexos metálicos con ligandos polidentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cíclidos.

    2. Peixe da familia dos cíclidos.

    3. Familia de peixes da orde dos perciformes que agrupa unha parte importante da fauna das augas doces tropicais. Comprende unhas seiscentas especies, orixinarias de América, Asia, India e Sri Lanka; algunhas delas son moi apreciadas como peixes de acuario. Son omnívoros ou herbívoros e viven en augas de vexetación abundante. Nalgúns lugares de África tropical apréciase a carne dalgunhas especies, como as do xénero Tilapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Uso deportivo da bicicleta. As primeiras referencias aparecen en gravados no templo de Luxor, no antigo Exipto (época de Ramsés II, ao redor do 1340 a C). A invención da bicicleta foi o resultado dun proceso moi laborioso, caracterizado pola incorporación de elementos que foron perfeccionando o que, nun primeiro momento, non foi máis ca unha especie de cabalo de madeira de formas revolucionarias, inventado en 1790 por De Sivrac para gozo dos seus fillos. Aquel xoguete, bautizado como “celerífero” ou “velocífero”, constaba dun soporte con dúas rodas que se impulsaba arrastrando os pés no chan e que só se podía desprazar nunha única dirección, xa que o seu eixe anterior era ríxido. O alemán K. F. Drais von Sauerbronn incorporou en 1816 unha roda dianteira móbil, “a Draisiana”, que ía introducir a gran vantaxe de poder manexalo en todas as direccións. A principios do s XIX adaptáronse á roda dianteira uns pedais fixos, co que se logrou a independencia de desprazamento e unha certa velocidade,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ciclismo.

      1. Persoa que practica o ciclismo. Ex: Un ciclista español gañou a última etapa.

      2. Persoa que vai en bicicleta. Ex: Os domingos hai moitos ciclistas pola estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polialcohol cíclico do ciclohexano. As ciclitas non se consideran glícidos propiamente, xa que non dan osazonas, non se converten en glicósidos nin tampouco fermentan por acción dos lévedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do corpo ciliar do iris. De orixe case sempre traumática ou infecciosa, adoita ir acompañada de inflamación do iris (iridociclite) e é sintomática a perda de agudeza visual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Serie de acontecementos ou fenómenos que se suceden e repiten ordenadamente. Ex: O ciclo das estacións repítese ano a ano.

    2. Período de tempo que xa se dá por concluído e a partir do que se comeza a contar de novo. Ex: O ciclo Alpino comezou hai 225 millóns de anos.

    3. Conxunto de actos culturais que se celebran en relación cun mesmo asunto ou tema. Ex: O ciclo de conferencias sobre Otero Pedrayo vaise celebrar en Ourense en novembro.

      1. Conxunto de composicións poéticas, narrativas ou dramáticas relacionadas entre si segundo un criterio temático, cronolóxico ou mesmo de autoría. O principio de construción cíclica impón unha perspectiva mereolóxica, de tal xeito que as obras, sen perder a súa individualidade, non acadan un sentido completo se non se vinculan co conxunto que lles serve de referencia. Partindo destas premisas, o concepto de ciclo pódeselle aplicar a obras moi dispares ao longo da historia literaria, dende os libros que configuran o Antigo Testamento, as Sonatas e as Comedias bárbaras de Valle-Inclán ou o denominado “ciclo do neno” de Xosé Neira Vilas, pasando pola Comédie humaine de Honoré de Balzac ou os Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós. O termo, sen embargo, remóntase á época alexandrina, cando se empregou para designar unha serie de poemas sobre a guerra de Troia. A aparición da narrativa románica medieval estivo vinculada ao principio de construción cíclica, que, baixo o criterio de...

      2. ciclo carolinxio

        Conxunto de narracións ambientadas na corte de Carlomagno e dos Doce Pares de Francia, que recibiu, así mesmo, o nome de materia carolinxia ou materia de Francia. O xurdimento das historias carolinxias está vinculado ao recordo prestixioso que deixou o monarca franco, restaurador do Imperio Romano, defensor da fe cristiá e impulsor dun renacemento cultural na súa corte de Aquisgrán. As fabulacións arredor do seu reinado cobraron pulo despois de que o poder carolinxio florecese entre os séculos IX e X e a segunda vaga de invasións bárbaras, protagonizada por normandos, maxiares e sarracenos, e de que levase o terror ao Occidente europeo. A obra máis coñecida da materia carolinxia constitúea a Chanson de Roland, cantar épico que narra a derrota das tropas do emperador en Roncesvalles durante unha expedición a España contra os sarracenos e a morte durante a batalla do seu sobriño Roldán. As historias sobre este heroe e o seu tráxico final circularon dende moi cedo por terras...

      3. ciclo troiano

        Conxunto de narracións medievais, en prosa e verso, que toman como eixo temático a guerra de Troia. Á súa vez, o ciclo troiano forma parte da denominada “materia clásica”, que abranguía as historias sobre Alexandre Magno, Eneas, Apolonio de Tiro e a cidade de Tebas. A obra que lle serviu de inspiración ao ciclo troiano foi a Ilíada de Homero, aínda que a fonte directa non a constitúe o poema homérico, senón reelaboracións posteriores que transmitiron á Idade Media a guerra entre gregos e troianos. As versións máis antigas que se conservan ao respecto datan da Baixa Latinidade. No século IV Dares o Frixio compuxo De excidio Troiae historia, tomando como texto de referencia un orixinal perdido escrito en grego; da mesma época son os Ephemeris belli Troiani de Ditis de Creta, que traducía unha obra anterior en lingua grega. Ambas as obras gozaron de gran difusión nos séculos seguintes e Dares e Ditis foron incluídos, mesmo, entre os autores dalgún canon medieval. Estas dúas versións...

    4. Figura retórica consistente en repetir a mesma palabra no comezo e final dunha secuencia.

      1. verticilo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anel formado soamente por dezaoito átomos de carbono, no que se alternan enlaces simples e triples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensaio da autoría de Fina María Antón e Manuel Mandianes publicado en 1998. A través das súas follas, o lector introdúcese no mundo das tradicións, crenzas e supersticións da vida cotiá galega que conforman toda unha filosofía da vida, reflectida acotío nos pequenos actos diarios e da que, polo xeral, non hai consciencia. É unha análise do subsconciente galego dende a dinámica da sociedade tradicional galega e dende a sabedoría popular para chegar ao seu coñecemento; a realidade descóbrese a partir de fontes directas: ritos, festas, romarías, refráns, lendas, poemas e crenzas. O título da obra xustifícase pola súa estrutura, dividida en catro partes, cunha conclusión onde se reproduce o ‘ciclo vital’ dos galegos. A primeira parte (“Saídos da auga”) trata a fase do nacemento (concepción, xestación, nacemento, bautismo e infancia) e todo o que se deriva disto: educación, curación de enfermidades, protección do rapaz, etc; na segunda parte (“Que sexa para ben”) fálase da mocidade e do casamento,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor anónimo que realizou os frescos da igrexa alta de San Francisco en Asís contra o 1290 e que representan a vida deste santo. As pinturas atribuíronselle a Giotto di Bondone aínda que non corresponde co seu estilo; as tres últimas escenas atribúenselle ao mestre de Santa Cecilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compostos alicíclicos de fórmula xeral CnH2n. Teñen propiedades intermedias entre as dos alquenos e as dos alcanos, e aseméllanse máis a estes ao aumentar as dimensións do ciclo. Dan os mesmos tipos de derivados funcionais ca os alcanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos alicíclicos cun ou máis enlaces dobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos alicíclicos cun ou máis enlaces triples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade acrobática e deportiva practicada por dous equipos formados por entre dous e seis ciclistas, que tratan de introducir unha pelota dentro dunha portería defendida polos contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Malformación conxénita consistente na presenza dunha soa cavidade orbitaria, disposta xeralmente na liña mediana; o globo ocular pode estar ausente ou ser rudimentario ou dobre. En ocasións falta tamén o nariz e sempre hai unha atrofia do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO