"Duca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

  • Título da familia angloirlandesa dos Butler. Foi condado desde 1328, marquesado a partir de 1642 e ducado desde 1682. James Butler (1305-1338) recibiu o título de conde de Ormonde de mans de Eduardo III de Inglaterra. Desde entón a liñaxe ocupou cargos de importancia no goberno inglés de Irlanda e xeralmente foron leais á coroa inglesa. Destacou James Butler (1610-1688), XII conde e I duque de Ormonde, que foi membro do futuro Carlos II. Foi gobernador xeral de Irlanda e esforzouse por desenvolver o comercio e a industria irlandesa. O seu neto James Butler (1665-1745), II duque de Ormonde, foi un dos homes máis poderosos da administración tory de Inglaterra; foi gobernador xeral de Irlanda (1703-1707 e 1710-1713) e xefe das forzas británicas que loitaron na Guerra de Sucesión Española (1711).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido, coa grandeza de España, en 1562 a Pedro Téllez-Girón y de la Cueva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio señorial centrado na cidade de Parma. Creouno o Papa Paulo III en 1545, coa inclusión de Piacenza e outorgoullo ao seu fillo, Pedro Luís Farnese. Asasinado este en 1547, foi ocupado por Milán ata que Filipe II o devolveu aos Farnese (1558). En 1732 o ducado pasou a Carlos III (Carlos I de Parma) e en 1735 a Austria. Ocupado por España en 1745 pertenceu con Guastalla, a Filipe I de Parma (1748-1765), quen foi sucedido por Fernando I de Parma (1765-1801). Invadido por Napoleón I Bonaparte (1801), en 1815 cedeullo á súa muller, María Luísa de Austria e en 1860 incorporouse a Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Filipe V en Nápoles en 1713 a Baltasar de Patiño Saavedra e Moscoso , señor do pazo de Vilalonga. Foi o herdeiro o seu fillo, o mestre de Campo Xoán Antonio de Patiño e Lamas de Soutomaior , que participou na Batalla de Rande (1702). O seu fillo Nicolao Patiño Silva e Soutomaior converteuse no III duque. O último duque foi Xoán de Dios Patiño e Acebedo , VI conde de Patiño, que viviu a principios do s XIX. O título ducal napolitano estivo vacante ata 1950, cando se rehabilitou como marquesado español por Carlos Martínez de Ourense e García , I marqués de Patiño. En 1964 Lucía Alcaraz Patiño reclamouno alegando maior dereito xenealóxico, e converteuse na II marquesa de Patiño. En 2002 converteuse en III marqués de Patiño o seu fillo Cesáreo Novoa Alcaraz .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título señorial concedido en 1395 ao infante Fernando, terceiro conde de Mayorga e señor de Lara, fillo do Rei Xoán II. Cedeuno ao seu fillo o infante Xoán, a quen lle foi confiscado (1429) polo Rei Xoán II de Castela, que o incorporou á Coroa de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación inicialmente mensual editada a partir de 1999. Subtitulouse “Revista galega de información educativa”. Promovida pola secretaría de Imaxe de FETE-UGT-Galicia e coordinada por Juan Pais Andrade, inclúe informacións relacionadas co mundo do ensino, especialmente referidas ao sistema educativo galego, onde trata aspectos sindicais, profesionais, institucionais e lexislativos, ademais de artigos de opinión sobre actualidade docente. Tamén recolle numerosas experiencias pedagóxicas e didácticas de diversos centros educativos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento básico de planificación e xestión que, en coherencia coa análise do contexto escolar, enumera e define as notas de identidade, formula os obxectivos do centro e expresa a estrutura orgánica e funcional da institución. Na elaboración, seguimento e valoración do PEC han de participar todos os membros da comunidade educativa e en última instancia ten que ser aprobado polo Consello Escolar do centro. En España, coma noutros países europeos, desde a promulgación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), constitúe unha parte fundamental na organización e estruturación do sistema educativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode reeducar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reeducar.

    2. Conxunto de medidas terapéuticas encamiñadas a permitirlle a un individuo que sofre unha afección motora ou psicomotriz o uso máis ou menos completo da función perturbada.

    3. Conxunto de técnicas psicopedagóxicas aplicadas co obxectivo de solucionar diversos problemas escolares (trastornos do cálculo e a lectura, descenso do rendemento, etc), ou incluso de aspecto máis xeral dentro do ámbito da psicoloxía infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver educar.

    2. Rehabilitar a alguén por medio dunha reeducación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de 1986 que cesou en 1999 (nº33). Subtitulouse “Publicación trimestral de Nova Escola Galega”. De carácter educativo e interdisciplinar, foi promovida pola asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. Dirixida por Manuel Bragado, tivo un carácter trimestral ata o seu último ano, 1999, en que só tirou dous números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roger Ducasse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido en 1920 ao capitán xeneral Valeriano Weyler i Nicolau, marqués de Tenerife. Continúa na mesma familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Ducado de Saxonia-Weimer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia, en 1573, para Federico Guillerme I (?-1602), fillo do duque Xoán Guillerme I de Saxonia-Weimer. En 1672 uniuse ao ducado de Saxonia-Gotha. En 1826 volveu ter entidade propia e en 1919 foi incorporado ao land de Turinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e ducados de Saxonia en 1563, para o duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha (?-1595). En 1714 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Coburg-Saafeld e, ao adquirir Gotha e pasar Saafeld ao ducado de Saxonia-Meiningen (1825), converteuse en 1826 en ducado de Saxonia-Coburg-Gotha que durou ata 1918, cando se proclamou a república. En 1920 incorporouse ao land de Turinxia, excepto Coburg, que o foi ao de Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviado de Turinxia, para Xoán Federico II (?-1595), fillo maior do elector Xoán Federico I de Saxonia. Incorporou o ducado de Saxonia-Altenburg en 1672 e desde 1675 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. En 1825 Gotha uniuse ao ducado de Saxonia-Coburg, e Altenburg ao de Saxonia-Hildburghausen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Ernesto I (?-1715), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1826 uniuse en parte ao ducado de Saxonia-Meiningen e en parte ao de Saxonia-Altenburg.

    VER O DETALLE DO TERMO