"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • Que ou quen especula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pensar detidamente sobre un asunto, xeralmente abstracto ou teórico, tratando de atopar unha explicación.

    2. Tomar algo como posible, baseándose en certos indicios, pero sen ter probas da súa veracidade.

      1. Comprar ou vender anticipándose a unha posible flutuación nos prezos co obxectivo de obter beneficios coa diferencia.

      2. Aproveitarse dunha situación ou dunha posición social ou política privilexiada para obter algún beneficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espello.

    2. Que reflicte a luz como un espello.

    3. Aplícase á imaxe dun obxecto que corresponde á reflectida por un espello e, por extensión, a aquela que, en relación coa imaxe normal do obxecto, aparece como vista nun espello.

    4. Que se fai mediante un espéculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á especulación.

    2. Que non se dirixe a un fin práctico inmediato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para ensanchar os orificios de entrada das cavidades naturais do corpo e manter separadas as súas paredes para facilitar a súa exploración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpus de dereito territorial do Reino de Castela e León atribuído ao Rei Afonso X o Sabio. Consérvanse só cinco libros: do lexislador; da organización política do reino, da organización militar, da organización xudicial e do procedemento. Aínda que nunca se publicou foi o inspirador do Código das Sete Partidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de executar.

      1. Aplicar a pena de morte.

      2. execución forzosa

        Actuación material para o cumprimento dos actos administrativos que pode principiar a mesma administración, como consecuencia da súa eficacia executiva inmediata.

      3. execución subsidiaria

        Medio de execución forzosa a disposición da administración, polo que esta realiza directamente o que se ordena no acto administrativo.

    2. Proceso de elaboración dunha obra de arte. No eido das obras figurativas, refírese ao dominio da técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode executar.

    2. Programa que pode ser posto en funcionamento directamente baixo un sistema operativo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen executa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer algo seguindo un plan establecido por un mesmo ou por outro.

      2. Realizar ou cumprir unha orde, un castigo ou unha sentencia.

    1. Aplicar a pena de morte.

    2. Proceder xudicialmente contra un debedor exercitando a acción executiva.

    3. Tocar ou cantar unha peza musical.

      1. Introducir un mandato para que unha aplicación informática comece a funcionar ou realice unha función determinada.

      2. Iniciar un programa, en certos sistemas operativos, tecleando unicamente o seu nome de arquivo e a unidade desde a que debe funcionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta directiva dunha asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á execución.

      1. Que debe ser executado con inmediatez.

      2. xuízo executivo

        Procedemento sumario a través do cal os titulares de créditos fannos efectivos cando estes constan en títulos ou documentos que levan emparellada execución.

      1. Que se encarga de facer cumprir as leis.

      2. Organismo encargado da execución das leis ou acordos dentro dunha organización ou asociación.

      1. Persoa que ten un cargo directivo ou unha responsabilidade nunha empresa.

      2. executivo de contas

        Nunha axencia de publicidade, persoa encargada da dirección da campaña publicitaria dun anunciante ou produto, así como das relacións entre o anunciante, a axencia e os medios de comunicación.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen executa.

    2. Persoa que practicaba unha execución ou un cobro por mandamento xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento público en que, en nome do Rei, se consigna unha sentenza firme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á execución.

      1. Que legalmente debe ser executado.

      2. Que concede o dereito a executar ou facer executar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amidón que se localiza en forma de gránulos nas células vexetais dos tubérculos, dos rizomas e doutras raíces dalgunhas plantas, como a pataca, das que se extrae en forma de pos brancos insolubles en auga fría. A calidade das diversas clases de féculas determínase pola proporción dos polímeros de maltosa lineais e dos ramificados que se encontran no amidón, e identifícase mediante o exame microscópico dos gránulos e a determinación do poder e da temperatura de xelificación. A fécula obtense mediante os procesos de moído das raíces, raiado, lavado con decantación, filtración do leite de fécula en filtros continuos, secado, pulverizado e tamizado. Emprégase na fabricación de produtos alimentarios e na obtención de glicosa e alcohol etílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén fécula.

    2. Que ten sedimentos ou feces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser fecundado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fecundar.

      1. Proceso inherente á reprodución sexual, en que se produce a unión de dúas células haploides ou gametos co fin de orixinar unha célula diploide ou zigoto. Os núcleos haploides únense e o zigoto que se forma constitúe a célula inicial para o desenvolvemento dun novo individuo. En canto á procedencia dos gametos, ambos poden provir dun mesmo individuo (autogamia), ou ben se poden orixinar en individuos diferentes, como no caso da fecundación cruzada. Os gametos que se unan, aínda que se orixinen en individuos diferentes, poden ser iguais morfoloxicamente e fisioloxicamente, e nestes casos fálase de isogamia, ou ben diferentes, e entón fálase de heterogamia. A isogamia supón unha absoluta identidade sexual entre todos os individuos dunha determinada especie; isto comporta a non existencia de sexo. A heterogamia, pola contra, supón a existencia, nunha mesma especie, de dous tipos de aparatos reprodutores, o aparato reprodutor masculino, que produce un tipo de gameto pequeno e móbil, o espermatozoide,...

      2. fe-cundación artificial

        Fecundación que ten lugar de forma allea aos procedementos estritamente naturais. Son exemplos de fecundación externa a inseminación artificial e a fecundación externa.

      3. fecundación diferida

        Tipo de fecundación en que o embrión se implanta no seo materno, moito despois de que teña lugar a cópula. Ten lugar nalgúns mamíferos, como corzos e visóns, e aparece como unha adaptación a latitudes frías ou temperadas.

      4. fecundación externa/extrauterina/in vitro [FIV]

        Técnica de reprodución asistida que consiste na fecundación do óvulo polo espermatozoide fóra do seo materno. Extráese o ovocito por medio dunha laparoscopia baixo anestesia xeral, e deposítase nun medio completo de cultivo a 37°C; ademais, recóllese o esperma masculino e póñense en contacto os espermatozoides co ovocito durante unhas horas para que se produza a fecundación. Unha vez que se realiza, transfírese o ovo fecundado a outro medio de cultivo, onde comeza a segmentación ao cabo dunhas 30 horas. O embrión en fase de blástula reimplántase no seo materno vía vaxinal sen anestesia e, se non se produce un rexeitamento, prosegue o seu normal desenvolvemento e implántase nas paredes do útero. Este procedemento está indicado en casos de infertilidade de orixe tubárica, por exemplo cando hai unha obstrución das trompas.

    2. alogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO