"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
GALICIA
Actor de teatro e televisión. Coñecido como Morris, foi membro fundador do grupo vigués Artello, co que representou diferentes obras, como Morte e vida de Severina (1978), Pic-nic (1979), As nubes (1980), Celtas sen filtro (1983), Gulliver F.M. (1985), Gran venda décimo aniversario (1988), Batea (1990) ou A matanza dos seixas (1993). Colaborou tamén con diversas compañías galegas, entre elas, Teatro do Noroeste, coa que interpretou papeis en diversos espectáculos, como Galicia S.L. e con Encuadre Producións protagonizou Ministros pola cara (1997). Participou tamén en numerosas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que destacan Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), O enfermo imaxinario (1986), Valle-Inclán 98 (1998), Se o vello Simbad volvese ás illas (1999) ou Calígula (2000). Destaca tamén a súa actividade como...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enciclopedia Galega Universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Femia do cabalo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde eguas pacen poldros nacen. Couces de eguas non matan poldros. Quen di mal da egua, ese é quen a merca. Cabalo que ha de ir a guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a egua”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Chantada. A esta caste tamén pertencen os Egoa, Egoada, Egoeiro, Egoeira, Egoíña, Eguada, Egüeiro e Eguiña. As súas armas levan, en campo de azul, unha egua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rabaño de eguas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
MONTES
Monte da serra do Barbanza que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Baroña (Porto do Son) e Cures (Boiro). O seu cumio acada os 628 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Navarra (8.467 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura (hortalizas, legumes e cereais) e a industria relacionada coa alimentación (embutidos) e o sector téxtil. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Martín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Loitou na Guerra da Independencia e durante o reinado de Fernando VII foi ministro da Guerra (1814-1815 e 1817-1819). Despois da revolta de Riego (1820), exiliouse e dedicouse a organizar a resistencia ao réxime liberal. En 1823 entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís e presidiu a Junta Provisional de Oiartzun.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. As súas primeiras accións bélicas tiveron lugar entre 1794 e 1795 na loita contra os franceses e durante a Guerra da Independencia acadou o grao de mariscal de campo. Fernando VII recompensou a súa fidelidade ao absolutismo nomeándoo capitán xeneral de Galicia en 1823. Trasladou a capitanía a Santiago de Compostela e rodeouse de colaboradores fieis ao absolutismo, entre os que destacou Zumalacárregui, gobernador militar de Ferrol. Someteu as forzas liberais mediante unha forte represión e loitou contra as partidas liberais que actuaban en Ourense, preto da fronteira portuguesa; tamén rematou coas partidas establecidas en Valdeorras, dominou a que actuaba na Mezquita e axustizou a Bordas, o seu líder, mentres cortaba as comunicacións internas cos exiliados de Londres e París. O seu antiliberalismo radical manifestouse publicamente nos bandos nos que lles declaraba o seu odio aos inimigos da Soberanía, do Altar e do Trono. Os liberais atentaron contra a súa vida en 1829 ao enviarlle,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Iniciouse na pintura para despois dedicarse á escultura xunto ao seu home, o escultor Lorenzo Rechilla. As súas primeiras obras son de carácter figurativo e de tendencia expresionista, e mostran a influencia de Giacometti, Marini e El Greco. En 1963 a súa obra volveuse abstracta, co emprego do bronce e da madeira en combinación con restos de formas orgánicas. En 1968 a figura adoptou unha maior relación co espazo que o rodeaba ao realizar obras en aceiro inoxidable pulido a espello. A finais dos anos setenta retomou o bronce cunha preocupación polo tectónico. Posteriormente, a súa obra abrangueu unha primeira serie de obxectos, realizados en metal, e unha segunda serie na que a soldadura reforza as obras realizadas en aros e cilindros de formas crebadas. Foi unha das fundadoras do grupo ESTE-OESTE, co que expuxo en Europa nos anos sesenta. A súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo da Coruña, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Representante dunha etapa de transición que conserva elementos do romanticismo, destacou como autor dramático (La espada de san Fernando, 1852; La vaquera de la Finojosa, 1858) e libretista de zarzuela (El molinero de Subiza, 1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
PERSOEIRO
Político. Membro do PCE, do PSOE e da UCD, foi director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia na etapa preautonómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano do Conventus Lucensis establecido posiblemente no val do Eo e nas terras que se estendían ata o río Navia.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Avogado dos colexios oficiais de Madrid e València, foi deputado por Madrid en 1844 e por Pontevedra en 1867. Nomeado en abril de 1867 senador vitalicio, foi membro do Consello de Estado e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Escribiu Apuntes para una historia de la legislación española sobre imprenta desde 1840 al presente (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Pesimista e simbolista, foi un renovador da linguaxe e da expresión. Entre outras obras escribiu Simbólicas (1911), La canción de las figuras (1916), Sombras (1920) e Waino (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Presidente da República (1894-1898), impulsou a revitalización do Parlamento e tentou chegar a un acordo cos liberais. Potenciador da cultura, durante o seu mandato fundáronse o Instituto Paraguayo e a Escuela Normal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con F. Mendoza e na École des Beaux Arts de París. Relacionouse con Fortuny e con Raimundo e Ricardo Madrazo. Realizou cadros inspirados na estética de Wagner, entre os que destacan Titurel e Anfortas. Cultivou tamén a pintura histórica. Entre outras obras cómpre salientar Miguel Ángel ante el cadáver de Victoria Colonna e La jura del príncipe Carlos en Valladolid. Recibiu unha medalla na Exposición Universal de París de 1900 por un conxunto de gravados, entre os que sobresae El Santo Grial.
VER O DETALLE DO TERMO