"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Pontevedra en 1982 e subtitulada “Órgano oficial de expresión del sindicato gallego de policía municipal”. contaba coas colaboracións de J. M. Omil, Jon Vicent, Fernanado Renovales, Isidoro Rodríguez e Carlos Epifanio, entre outros. Incluía as seccións “Editorial”, “Prensa”, “Colaboraciones”, “Pasatiempos” e “Humor”, xunto como “Criminología”, “Situaciones que el condutor puede evitar a tiempo”, ou “Guía popular de Protección Civil II”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter corporativo e profesional que se editou en Ourense a partir de 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter técnico aparecida na Coruña despois de 1975. De periodicidade bimensual, chegaba a todos os asociados da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu á luz na Coruña en xaneiro de 1956 e deixou de publicarse en 1965. A pesar de que esta publicación contou con poucas firmas, entre os colaboradores están A. Couce Doce, Enrique Señoráns, M. Suárez Perdigueiro ou Pedro González. Estaba dividido en catro seccións tituladas “Opiniones”, “Noticias y avisos del colegio”, “Disposiciones oficiales” e “Última hora”. Ofrecía, ante todo, información sobre as noticias e actividades que realizaban os médicos da provincia. Cando a ocasión o precisaba editaban un suplemento ou folla informativa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña o 5.8.1856 e que cesou entre os anos 1866 e 1867. Aínda que nun principio saía semanalmente, pouco a pouco editouse de forma máis irregular. Foi impreso no Hospicio, por Puga e por Cascante. Foron os seus directores Benito Plá y Cancela, Laureano Lago, Félix Álvarez Villamil e Alonso Rey. Entre os seus redactores figuran Manuel Rúa Figueroa, Salustio Alvarado, Antonio Batanero e Justo Pelayo Cuesta, entre outros. Como colaboradores aparecían Castro Bolaño e Eduardo Trillo. Tiña as seccións tituladas “Sección Doctrinal”, “Jurisprudencia Civil”, “Jurisprudencia Administrativa”, “Crónica”, “Noticias Generales” e “Variedades”. Incluía artigos científicos sobre lexislación e xurisprudencia, e información sobre causas e cuestións da Audiencia, do Tribunal Supremo de Xustiza e do Consello de Estado. Ademais, introducía bibliografía, referencias a arquivos, datos estatísticos e curiosidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu na Coruña o 2 de decembro de 1847 e desapareceu en decembro de 1848. Foi impreso en holandesa por Domingo Puga. Tivo dous directores, por unha banda Xosé Puente Brañas e, pola outra, Xoán Pedro Vicenti. Colaboraron neste boletín Romero Ortiz, Antolín Faraldo e Cubeiro Piñol, entre outros. Tiña como obxectivo defender a escola librecambista e creouse canda o espertar económico europeo. Nas súas follas ofrecía información sobre os prezos dos mercados da provincia, portes, seguros, cambios, noticias do comercio, revistas teatrais, unha sección relixiosa, movementos do porto ou a bolsa de Madrid. Divulgaba a súa ideoloxía a través de artigos doutrinais. Ao despedirse dos lectores no derradeiro número manifestou certas dificultades materiais, aínda que non económicas, para a súa edición.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu en Ourense, en abril de 1922. Na portada do primeiro número “O conselleiro supremo”, Vicente Risco expuña as bases da organización nacionalista, tamén mencionaba as entidades que prestaron a súa ratificación a todos os acordos da IV Asambreia Nazonalista: a Irmandade da Fala do Ferrol, Mocedade Galeguista d’Ourense, Irmandade Céltiga de Madrid, Grupo Nazonalista de Bayona, Irmandade da Fala de Santiago e Mocedade Galeguista de Vigo. Todas estas entidades constituíronse en delegacións da Irmandade Nazonalista galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña o 1 de setembro de 1833, que desapareceu a finais de maio de 1834. De periodicidade trisemanal, pasou finalmente a ser bisemanal. Aínda que foi contratado polo impresor Pascual Arza, foi Iguereta quen sen encargou da súa edición. No seu pé levaba o selo de Imprenta del Boletín. Á parte do seu contido oficial, incluía poesía patriótica, novas e informacións referidas a outros asuntos. No ano 1834 foi substituído polos boletíns das catro provincias galegas, por mor da nova división administrativa e territorial de España, e de Galicia en concreto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Lugo en 1913. Tiña periodicidade mensual e constaba de oito follas xunto a unha cuberta. Non tiña prezo nin pé de imprenta. Da súa administración e redacción encargábase a propia Cámara de Comercio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Vilagarcía de Arousa no ano 1930.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1873 en Lugo, fundada polo bispo diocesano. Saíu para substituír o Boletín del Clero, editado polo impresor Soto Freire, quen era incapaz de continuar coa súa publicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1897 en Ourense. Continuou co labor do Boletín eclesiástico del obispado de Orense. Entre os colaboradores desta publicación contábanse cregos, consiliarios diocesanos e outras personalidades relacionadas coa Igrexa. A temática era ante todo relixiosa, con circulares ou documentos do papado e do prelado de Ourense, aínda que tamén ofrecía información da administración e da diocese. Posuía tres seccións “Crónica diocesana”, “Bibliografía” e “De la secretaría de la cámara”. Introducía fotografías de cando en vez e facía publicidade de prensa e de libros católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol o 13 de outubro de 1868, e que cesou o 28 do mesmo mes e do mesmo ano. Saía diariamente, editado na imprenta de El Brigantino. Ofrecía a información da propia Junta revolucionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida por primeira vez en Vigo no ano 1922. Co tempo volveu aparecer en 1933, conservando en parte o título orixinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu o 2 de xuño de 1834 e pasou por diferentes etapas. Nun principio incluía como todos os periódicos oficiais da época, non só información local, senón tamén datos de carácter xeral, anuncios e artigos varios. Contaba con seccións como “Artículos de oficio”, “Real decreto”, “Ministerio de lo interior” ou “Anuncios”. Pola década dos anos corenta só prevalecían “Artículos de oficio”, “Anuncios oficiales” e “Anuncios”. Neste último apartado introducíronse debuxos para ilustrar os anuncios varios, como casas, barcos, carruaxes, etc. Chegou mesmo a incluír poemas patrióticos e de circunstancias. Deste xeito, podemos salientar o número 147, con data do 6 de xullo de 1836, onde aparecía o “Diálogo entre Gorecho e Mingos”. Trátase dun dos primeiros textos galegos en prosa, texto que formou parte dos diálogos de sátira política que tanto proliferaron no século XIX. Nun principio ao abeiro da loita contra os franceses, e despois no marco das liortas entre liberais e absolutistas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 4 de maio de 1834 en Lugo. Tiña periodicidade bisemanal, logo trisemanal e finalmente, diaria. Foron os seus impresores J. Pujol, a viúva de Riesgo, Soto Freire, Enrique y Villamarín, Méndez e finalmente a imprenta da Deputación Provincial. Tiraba en 1913 uns 2.000 exemplares. Incluía nun principio información de carácter xeral, pero logo fíxose cada vez máis específica refereríndose a asuntos oficiais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación da que o número 1 saíu o 1 de xuño de 1834. Era unha publicación diaria que ofrecía información sobre a administración e o goberno da provincia. Foi editada polo impresor Juan María Pazos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Pontevedra no ano 1834. Foi editado polos impresores Manuel María de Vila, Domingo Paimón, Miguel Anciles, Francisco Luis Pinto, a viúva de Pinto, Juan Verrea y Varela, os fillos de Vila, Muñoz Pazos, José e Primitivo Vilas, Pazos y Antúnez, Buceta e Solla y Compañía, entre outros. Editábase bisemanalmente nun principio, e logo a diario, e achegaba información sobre o censo dos partidos xudiciais da provincia, os decretos e leis, e os asuntos que afectasen á comarca de Tui. Presentaba dúas seccións tituladas “Artículos de oficio” e “Avisos”. Tivo como continuador outro boletín editado no ano 1862. Nas follas deste último podíase atopar información sobre todo tipo de temas relacionados coa administración e co goberno da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia liberal nada en Vigo, e da que saíu o primeiro número o 21 de outubro de 1840. Despois do Semanario Patriótico (1823), foi o segundo xornal que se publicou na cidade olívica. O seu nacemento estivo motivado polo pronunciamento progresista do xeneral Espartero (1840), como órgano de apoio ao novo goberno que del saíu. Os liberais da cidade, viron neste pronunciamento a oportunidade para recuperar a capitalidade da provincia, en detrimento de Pontevedra. Así, o boletín nacía como un intento de conseguir esa capitalidade, tendo como principal obxectivo a propaganda e a concienciación, tanto cara á poboación como cara ás autoridades gobernativas. O seu contido eran ordes, cartas, informacións particulares acerca dos acontecementos políticos, editos da Junta de Gobierno da cidade, etc. Entre outubro e novembro de 1840 saíron á rúa 13 números. Segundo un Real Decreto do mesmo mes de novembro, as autoridades dispuxeron que, mentres non se resolvese o preito da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Bos Aires no mes de xullo de 1929, desaparecida en xullo de 1930, cando chegaba ao número trece. De periodicidade mensual, foi dirixida por Antonio Losada. Entre os seus contidos figura información sobre Galicia, novas sobre as actividades do centro, reproducións de textos de Noriega Varela e Ramón Cabanillas, amais de poemas en galego con textos de Vetroles (Fortunato Cruces) e Matías Escariz e Méndez.
VER O DETALLE DO TERMO