"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

    1. Estudio ou tratado sobre a natureza e calidades dos demos.

    2. Antiga forma de coñecemento baseada nunha tentativa inicial de interpretación de psicopatías nun enfermo mental posuído por espíritos malignos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as flutuacións climáticas do pasado con relación ao desenvolvemento dos vexetais a través dos aneis de crecemento dos troncos, especialmente dos das coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que, baseándose no estudo dos aneis de crecemento das árbores, establece unha cronoloxía e obtén datos climáticos e ecolóxicos de tempos pasados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as árbores e, especialmente, o seu cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia ou tratado dos deberes. En calidade de determinación empírica das normas morais, a teoría deontolóxica trata dos deberes que se teñen que cumprir para poder chegar a un ideal de felicidade, o máis grande posible para o maior número de individuos.

    2. Ciencia ou tratado que estudia os deberes e a ética profesional dos médicos. Establece unhas normas de conduta médica que varían segundo as influencias sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que ten por obxecto o estudo e o tratamento das doenzas da pel e dos seus anexos como o pelo, as unllas e as glándulas sebáceas. O primeiro texto dedicado ao estudo das doenzas cutáneas foi De morbis cutaneis (1572), de Girolamo Mercuriali, aínda que a constitución dos estudios dermatolóxicos como especialidade non tivo lugar ata o s XVIII. François Rayer, no Traité théorique et pratique des maladies de la peau (Tratado teórico e práctico das enfermidades da pel, 1826), introduciu o criterio anatomopatolóxico para enfocar a clasificación das afeccións cutáneas. A interpretación fisiopatolóxica e constitucional da dermatoloxía iniciouse a comezos do s XX coa obra de Josef Jadassohn e Bruno Bloch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da anatomía que trata sobre os ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado sobre a placenta e as secundinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina lingüística, tamén denominada xeografía lingüística ou xeografía dialectal, que trata o estudo sistemático de todas as formas de dialectos, especialmente os xeográficos ou rexionais. Tamén se entende por dialectoloxía a descrición de falas illadas, sen referencia a outras veciñas ou da mesma familia. Os estudios dialectolóxicos teñen como antecedente a contestación que no s XVIII se produce á visión da lingua como unha entidade inmutable e de carácter basicamente escrito, aínda que non comezarían propiamente a súa andaina ata finais do s XIX. A dialectoloxía tradicional tivo a súa orixe nas investigacións dos neogramáticos para establecer as leis fonéticas, adquiriu unha certa sistematicidade en Alemaña con George Wenker e estableceuse definitivamente cos traballos de J. Gilliéron e a aparición dos atlas lingüísticos. Tomando como base cuestionarios escritos e posteriormente gravacións magnetofónicas, as investigacións dialectolóxicas tentaron ver as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de dicción de carácter semántico que consiste en repetir unha palabra ou construción gramatical con diferente significado segundo o enunciado. Desta forma, xógase coa ambigüidade e co dobre sentido das voces para obter unha maior eficacia expresiva. Xunto co calembur ou xogo de palabras (procedementos da aequivocatio), foi moi empregada polos trobadores galego-portugueses medievais nas cantigas de escarnio e maldicir, nas que a sátira aguda ou as referencias de tipo erótico-sexual aparecen ocultas ao empregar palabras con dobre sentido (segundo a Arte de trobar “palavras cubertas que ajã dous entendymentos”).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os dípteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da linguaxe e do pensamento debido a unha alteración mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala (chochoqueiro).

    2. Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción. Foi habitual na poesía e na prosa renacentista e barroca.

    3. Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal no que se atopen, como é o caso de grande/gran (grande importancia/gran muralla) e santo/san (Santo Agostiño/san Bernaldo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula litúrxica primitiva de uso xudeu e cristián que expresa unha loanza e glorificación de Deus (ou da Santísima Trindade). No s IV a fórmula de Gloria Patri converteuse no versículo final de toda a salmodia. Himnos como Gloria in excelsis e o Te Deum tamén foron considerados doxolóxicos. OBS: A primeira grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica sobre a orixe e a finalidade da Igrexa. Como disciplina específica non apareceu ata a Baixa Idade Media. Anteriormente, os pais da Igrexa concibírana a partir das imaxes bíblicas, distinguíndoa como elemento do proxecto trinitario de salvación da humanidade e establecendo os aspectos básicos da súa organización e estrutura, aínda que de forma ambigua e dispar. No II Concilio de Nicea (687) xa se concibía a Igrexa como corpo universal. O cisma coa Igrexa oriental e a reforma gregoriana potenciou a potestade e a infabilidade do papa, aspectos sobre os que versaron os primeiros tratados da doutrina eclesiolóxica (s XIV). No s XVI a Reforma cuestionou a organización e estrutura xérarquica da Igrexa, e puxo en dúbida o papel intermediario do papa. Preguntáronse se o verdadeiro proxecto de Xesús, cando fundou a Igrexa, predeterminaba unha estrutura xerarquizada e dependente. A Contrarreforma e posteriormente os postulados do concilio Vaticano I (1870) insistiron na concepción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que se encarga do estudo da fisioloxía dos organismos no seu ambiente natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina científica que trata das relacións entre os organismos e o seu ambiente pasado, presente e futuro. Esas relacións inclúen as respostas ecofisiolóxicas dos individuos, a estrutura e dinámica das poboacións, a organización biolóxica das comunidades, e o fluxo de enerxía e materiais nos ecosistemas a diferentes escalas dende a local á global. Aínda que as relacións entre os seres vivos e o medio xa foran tratadas por autores clásicos como Teofrasto, Aristóteles e Plinio, e tamén polos grandes naturalistas dos ss XIX e XX como o conde de Buffon, Carl von Linneo, Charles Darwin e Alfred R. Wallace, non foi ata 1869 que Ernst Haeckel creou o termo ecoloxía que definiu como “o conxunto de coñecementos referentes á economía da natureza, a investigación de todas as relacións do animal tanto no seu medio inorgánico como orgánico, incluíndo sobre todo a súa relación amigable ou hostil con aqueles animais e plantas cos que se relaciona directa ou indirectamente. A ecoloxía pode...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da ecoloxía que estudia as consecuencias ecolóxicas da polución dos medios naturais por substancias tóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia o solo. Emprega rudimentos da xeomorfoloxía, da física, da química, da mineraloxía, da bioloxía e da climatoloxía e, á súa vez, é unha disciplina auxiliar destas e da agronomía. Foi precisamente o interese agronómico o que favoreceu o desenvolvemento da edafoloxía, imprescindible para optimizar os rendementos das actividades agropecuarias. O nacemento da edafoloxía como ciencia autónoma adoita situarse en 1883, cando Vasilij Vasil’evič Dokuchaev defendeu a súa tese de doutoramento, O chernozem ruso, na Universidade de San Petersburgo. Dokuchaev e os seus discípulos desenvolveron os conceptos fundamentais da edafoloxía que levaron á primeira clasificación sistemática dos solos, publicada en 1938 por Baldwin, Kellog e Thorp. Entre 1970 e 1981 as Nacións Unidas, a través da FAO e da UNESCO, elaboraron o Mapa dos Solos do Mundo, no que se recoñecían 28 grupos de solos, divididos en subgrupos. Paralelamente, en 1975 o Natural Resources Conservation Service (servicio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos fenómenos eléctricos nos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO