"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei da rexión irlandesa de Leinster (1126-1171). Unha rebelión interna (1166) obrigouno a buscar a axuda de Inglaterra. En 1168 conseguiu dominar o sueste da illa e Dublín coa colaboración de Richard Strongbow, que o sucedería no goberno de Leinster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desanimar ou desanimarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desestimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desinflamar ou desinflamarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desinformar.

    2. Falta de información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que alude a un instrumento mecánico (machina) que se empregaba na posta en escena do teatro grego clásico para facer posible a entrada dun deus ou dun ser sobrenatural descendendo das alturas, que contribuíse coa súa intervención a solucionar un conflito irresoluble para os homes. O procedemento foi criticado por Aristóteles, quen defendía o desenvolvemento natural da acción, a partir dos resortes internos da propia intriga. Igualmente, foi criticado no Crátilo de Platón. Por extensión e de xeito figurado, alude á intervención inesperada e providencial dun personaxe ou dalgunha circunstancia que axuden a resolver unha situación complicada; como por exemplo, unha carta inesperada que aclara unha dúbida ou unha herdanza que se descoñecía. Adoita utilizarse cando o dramaturgo ten dificultade en atopar unha conclusión lóxica á súa trama. O recurso foi empregado frecuentemente no Barroco, pero o teatro moderno prescindiu del por consideralo demasiado artificial e inverosímil,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de difamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia ou coñecemento do procedemento para establecer e manter relacións internacionais mediante tratos e negociacións, e para representar un Estado. A súa existencia remóntase á aparición dos primeiros soberanos, aínda que non adquiriu un carácter de organización fixo, con embaixadores permanentes, ata finais da Idade Media. Contemporaneamente á consolidación dos estados nacionais, creáronse corpos estables de funcionarios encargados das relacións cos gobernos estranxeiros. A diplomacia determinou a creación de organismos e de normas, sobre a base das que se formou boa parte do dereito internacional. Non obstante , despois das dúas guerras mundiais tendeuse á creacion de organizacións supraestatais para reducir as tensións diplomáticas.

    2. Carreira ou cargo de diplomático.

    3. Conxunto da organización e do persoal encargado das relacións oficiais internacionais, en nome dun determinado goberno ou dunha determinada organización internacional.

    4. Habilidade ou astucia para levar a cabo un asunto delicado ou para tratar con persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte modificada, ou órgano especial, no que se alberga outro organismo co que establece unha simbiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de València (1973), ampliou estudios no Instituto de Modificabilidade Cognitiva de Israel. Catedrático de Psicoloxía Xeral e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, centra a súa investigación, sobre todo na educación para a saúde, na mellora da intelixencia, na estrutura do medio ambiente familiar e estilos educativos e na calidade dos centros educativos. Codirixe proxectos de investigación no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e foi o impulsor da creación do Foro Internacional da Familia e fundador do Instituto da Familia. Forma parte de diversos consellos de redacción (Revista Galega de Ensino) e de editoriais (Escuela en Acción, Revista de Educación, FAÍSCA) e é codirector de Psicología General y Aplicada (FEDAP). É director e coautor de varias obras e artigos científicos; entre elas cómpre destacar De la cuna a la Universidad (1999),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste en darlles forma a pezas metálicas mediante a aplicación de corrente eléctrica. Comprende a galvanoplastia, a galvanostexia e a electroerosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento industrial de obtención de pezas por electrodeposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfraquecemento extremo debido a unha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada na Coruña en 1903 por militantes do movemento rexionalista, como Galo Salinas Rodríguez ou Manuel Lugrís Freire, e por actores afeccionados, como Eduardo Sánchez Miño e Bernardo Bermúdez Jambrina. O seu primeiro espectáculo presentouse o 18 de xaneiro de 1903 no Teatro Principal da Coruña. Foi a obra Filla!, sobre un texto homónimo de Galo Salinas e con dirección de Eduardo Sánchez Miño. Esa proposta ía acompañada de novas iniciativas que tentaban transformar esta escola nunha verdadeira compañía de repertorio, similar ás de Madrid e Barcelona. Entre os obxectivos que se propoñía o directorio da compañía estaba a formación de elencos, feito que constituíu unha das primeiras iniciativas orientadas á creación de institucións educativas de formación teatral, pois naquela época as escolas ou seccións de declamación pertencentes aos conservatorios eran as únicas encargadas da capacitación profesional de actores. En 1903, presentou A ponte, espectáculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cérea que se extrae das graxas contidas nas cavidades pericraniais e dorsal dos cetáceos fisetéridos e zífidos. Está formada por ésteres cetílicos dos ácidos graxos, principalmente do ácido palmítico. É insoluble en auga e soluble en éter, cloroformo e disulfuro de carbono. Emprégase como base para ungüentos na fabricación de xabóns, cosméticos e como emoliente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gameto inmóbil, xeralmente de forma arredondada ou bacilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estimar.

      1. Busca do valor dun ou máis parámetros dunha lei de probabilidade ou de distribución dunha poboación a partir das observacións dunha mostra.

      2. alor dado polo método de estimación empregado. Pode ser puntual se se expresa como un valor único, ou por intervalos se se define mediante uns límites de confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estómago.

    2. Aplícase á substancia que favorece a acción dixestiva e é adecuada para combater a dispepsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Aristóteles que, xunto á Gran ética e Ética a Eudomo, integran o corpus moral aristotélico. Nestas obras defínese a ética como unha disciplina filosófica e estúdianse as relacións entre a ética individual e a ética social. Como estadio último do pensamento moral filosófico, afirma que a felicidade é o fin supremo da actividade humana, e a virtude, o termo intermedio entre o voluntario e o involuntario.

    VER O DETALLE DO TERMO