"Marin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 276.

  • GALICIA

    Comarca situada no N da provincia de Lugo e no NL de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coas comarcas de Terra Chá (concellos de Abadín e A Pastoriza) e Meira (concello de Riotorto), ao L coa comarca da Mariña Oriental (concellos de Barreiros e Trabada) é o O coas comarcas da Mariña Occidental (concellos de Cervo, Viveiro e Ourol) e Terra Chá (concello de Muras). Abrangue unha extensión total de 509,4 km2cunha poboación de 30.975 h (2001), distribuída entre os concellos de Alfoz (77,8 km2; 2.382 h), Burela (8,3 km2; 8.161 h), Foz (100,3 km2; 9.488 h), Lourenzá (62,6 km2; 2.776 h), Mondoñedo (150,4 km2; 5.007 h) e O Valadouro (110 km2; 2.377 h). O espazo comarcal abarca a parte central da costa lucense, con tres cabeceiras que se disputan a primacía comarcal: Burela, Foz e, en menor medida, Mondoñedo. Das tres cabeceiras comarcais, Mondoñedo (43° 25’ N e 7° 20’ O) é partido xudicial, do que dependen, ademais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Rexeitada polo seu pai por recibir o bautismo, foi martirizada polo prefecto romano Olibrio, ao non corresponder aos seus requerimentos amorosos. Decapitada, segundo a lenda, dos tres chimpos que deu a súa cabeza ao caer no chan, naceron as tres fontes de Augas Santas. Viste túnica e manto e como atributos leva un forno aceso e tres nacentes. A súa festividade celébrase o 18 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado ao SL da baía de Santander, na ría de Cubas (5.058 h [2001]). O núcleo do termo é Rubayo, aínda que Pedreña é o centro máis poboado. As actividades económicas máis importantes son a agricultura, a gandería e, sobre todo, a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca natural situada na franxa setentrional da provincia de Lugo. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao O coa provincia da Coruña, ao L con Asturias e ao S coas comarcas lucenses de Terra Chá, Meira e A Fonsagrada. Abrangue unha superficie de 1.413,52 km2 distribuída entre as comarcas da Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental. O relevo ordénase en tres unidades morfolóxicas: a franxa costeira bañada polo Mar Cantábrico, en que se localizan un gran número de praias, cabos, promontorios, illas e cantís; a Rasa Cantábrica, que se estende paralela á costa, e por último os vales e as serras marxinais. Todos estes elementos danlle unha identidade propia e constitúen a comarca natural máis setentrional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no N-NO da provincia de Lugo e no N de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca de Terra Chá (concello de Muras), ao L coas comarcas da Mariña Central (concellos de Burela, Foz e O Valadouro) e Terra Chá (concello de Abadín), e ao O coa comarca coruñesa de Ortegal (concello de Mañón). Abrangue unha extensión total de 500,9 km2, cunha poboación de 27.362 h (2001), distribuída entre os concellos de Cervo (81,1 km2; 4.936 h), Ourol (145,4 km2; 1.445 h), O Vicedo (76 km2; 2.194 h), Viveiro (109,3 km2; 15.240 h) e Xove (89,1 km2; 3.547 h). A cabeceira comarcal, Viveiro (latitude 43° 39’ 50’’N e lonxitude 7° 35’ 30’’ O), é sede de partido xudicial, do que dependen o resto dos concellos da comarca. O espazo comarcal posúe un centro funcional, Viveiro. Esta vila centraliza todos os servicios administrativos cun ámbito de influencia que se estende a toda a costa N da provincia de Lugo, malia que determinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no N-NL da provincia de Lugo e no NL de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca da Fonsagrada (A Fonsagrada e Ribeira de Piquín), ao L con Asturias e a ría de Ribadeo e ao O coas comarcas da Mariña Central (Foz e Lourenzá) e Meira (Riotorto). Abrangue unha extensión total de 403km2, cunha poboación de 17.732 h (2001), distribuída entre os concellos de Barreiros (72,42 km2; 3.574 h), A Pontenova (135 km2; 3.628 h), Ribadeo (112,3 km2; 9.035) e Trabada (82,7 km2; 1.591). A cabeceira comarcal, Ribadeo (latitude 43° 32’ N e lonxitude 7° 01’ O), foi sede de partido xudicial, pero depende de Mondoñedo, ao igual que todos os concellos da comarca, constituída nun espazo funcional moi vencellado á vila de Ribadeo, centro administrativo, comercial e de servicios, cun ámbito de influencia supracomarcal (occidente de Asturias), pero moi limitado na súa parte occidental debido á presenza de Foz.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Xironda (Cualedro). O seu cumio acada os 720 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en La Campiña, ao SO de Puente Genil (2.650 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Sil. Nace no monte As Forcadas, na parroquia de Forcadela e Nogaledo e desemboca na da Proba (O Barco de Valdeorras).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á costa.

    2. Relativo ou pertencente ás comarcas das Mariñas ou aos seus habitantes

    3. Natural ou habitante das comarcas das Mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Láncara Construción situada en Bergondo. A edificación actual data do s XVIII e levantouse no lugar dunha antiga fortaleza dos Pérez das Mariñas. Mestura elementos barrocos e neoclásicos e orixinalmente tiña planta en forma de U, á que se lle engadiu en 1975 un novo corpo destinado a aloxamento. A fachada principal está presidida por unha escalinata de pedra que dá acceso ao patio de armas con dúas esculturas de pedra na parte inferior. A fachada posterior conta cunha solaina con balaustradas de cantería e cunha escalinata, con motivos esculturais barrocos, que dá acceso aos xardíns. No seu interior destaca a gran lareira. Conserva a capela, de estilo barroco e bo tamaño, que conta no interior cun retablo con tallas que se lle atribúen a Xosé Gambino. Fundado por Gómez Pérez das Mariñas no s XV, en 1936 o seu descendente Xeraldo Bermúdez de Castro, coñecido como Xeraldo Láncara, legou o pazo á Deputación Provincial da Coruña para fins sociais. Acolle unha interesante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Sada a partir de xaneiro de 1925 e que cesou aos poucos meses. Subtitulada “Revista quincenal ilustrada”, o seu director e propietario foi Eduardo García Ramos e centrou a súa información en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Mariña Lucense ou aos seus habitántes.

    2. Natural ou habitante da Mariña Lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘cumprir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas escudo cortado: primeira partición, de prata, cunha estrela de azul, de oito raios; segunda partición, de goles, con tres faixas ondadas, de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Dirixiu o semanario La Coruña Risueña. A súa obra, de estilo epigramático, apareceu publicada en diversos diarios e revistas de Galicia e Hispanoamérica, como El Barbero Municipal, Galicia Moderna ou Galicia. Conseguiu o seu primeiro premio literario co traballo en prosa “A moda”, publicado en O Galiciano en 1889. Á súa morte deixou un libro de poemas, inédito, titulado Lleidatanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Iniciou a súa andaina profesional en La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. Foi director rexional de TVE en Galicia, director dos informativos de TVE e dos servicios informativos de Telecinco. Dirixiu tamén os cursos de Comunicación y Nuevas Tecnologías da Universidad Internacional Menéndez Pelayo, e dirixiu e presentou en diversas etapas todas as edicións dos diferentes telediarios de TVE e do programa Los Desayunos de TVE. Recibiu o Micrófono de Oro, a Antena de Oro, o Premio Galicia de Comunicación (1991) e o Premio del Club Internacional de Prensa ao mellor traballo xornalístico en televisión (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e politicólogo. Foi agregado cultural para Centroamérica e Panamá, subdirector xeral de Asuntos Exteriores e embaixador en El Salvador. Destacan as súas obras sobre lexislación, Constituciones de Guatemala (1958), Constituciones de Honduras (1962), Las Constituciones de Venezuela (1965), Constituciones de Haití (1968) e Constituciones del Paraguay (1978). Tamén tratou outros temas en La pintura en Venezuela (1963), La herencia del 98 (1967) e Honduras (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Iniciou a súa carreira en Radio Coruña, onde traballou como locutor desde 1934. Foi director artístico de RNE na Coruña e, ademais de informador deportivo, exerceu tamén como debuxante, sobre todo de temas taurinos. Publicou o libro La jugada final (1980). Obtivo o Premio Nacional Ondas de Radio ao mellor labor deportivo (1957), ao mellor director (1965) e ao mellor especial (1972), a Antena de Oro de Radiofusión, a Medalla de prata ao mérito deportivo e a Medalla de prata ao mérito no traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi director da Academia General Militar (1975), gobernador militar da Coruña (1979) e director do CESID (1979). Escribiu El Sahara y la legión (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO