"Marque" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 117.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos II en 1688, co vizcondado previo de Cerdido, a Pedro Álvarez de Reinoso e Andrade, Gayoso e Feijoo , alguacil maior e rexedor perpetuo de Ourense e señor de San Sadurniño, Cerdido e Somozas. Sucedeuno a súa filla, María Rosa Álvarez Reinoso de Argiz Pardo de Andrade e Figueroa , II marquesa de San Saturnino, sucedida polo seu fillo Xosé Xacinto de Quindós Andrade e Figueroa , III marqués de San Saturnino. Os seus sucesores foron Xosé Xavier de Quindós e Pardo de Andrade , IV marqués de San Saturnino, Xosé María de Quindós Quiroga Pardo e Freire de Andrade , V marqués de San Saturnino, Xosé Mariano de Quindós Tejada , VI marqués de San Saturnino, e María de la Natividad Quindós Villarroel (?-1953), VII marquesa de San Saturnino, que morreu sen fillos. O título rehabilitouse en 1955 con Alfredo Moreno Uribe (?-1981), VIII...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos II en 1681, co vizcondado previo de San Julián, a Andrés Ibáñez de Mondragón, Ozores de Sotomayor (Santiago de Compostela 19.8.1645-26.10.1709), rexedor de Santiago de Compostela e señor das casas de Mondragón e Ortigueira. Sucedeuno a súa sobriña Isabel Salgado de Mondragón , II marquesa de Santa Cruz de Rivadulla, á que sucederon os seus fillos Ignacio Antonio de Armada e Mondragón , III marqués de Santa Cruz de Rivadulla. Os seus sucesores foron Juan Antonio de Armada e Mondragón , IV marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Juan Ignacio de Armada Ibáñez (1757-?), V marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Juan Antonio de Armada e Guerra (1796-?), VI marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Iván de Armada e Fernández de Córdoba , VII marqués de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Amadeo I, co vizcondado previo de San Rosendo, a Camilo Feijoo de Sotomayor e Cejo (Ourense 1816-1893), coronel de infantaría e comendador da orde de Carlos III. O II marqués de Santa Ilduara foi o seu neto Urbano Feijoo de Sotomayor e Feijoo de Sotomayor (?-Madrid 1959) que ao morrer sen sucesión, herdou os seus dereitos a súa irmá Elena Feijoo de Sotomayor e Feijoo de Sotomayor , III marquesa de Santa Ilduara (?-Madrid 1967), sucedida pola súa filla Elena Lourdes Casaleiz e Feijoo de Sotomayor , IV marquesa de Santa Ilduara e IV vizcondesa de San Rosendo, e marquesa de Dávila polo seu matrimonio. Trae por armas escudo partido: primeiro, de goles, espada de prata, punta enriba, gornecida de ouro, e acostada en seis besantes de ouro; segundo, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles separados cada un por un cinguideiro de sable. Ao timbre, coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Filipe V en 1702, co vizcondado previo de Lóngora, a José de Omaña, Pardo y Osorio , señor da casa de Santa María del Villar (Castropol). Ao morrer sen sucesión, herdou o título o seu sobriño Pedro de Miranda Omaña e Osorio , II marqués de Santa María del Villar e III conde de San Román. Desde entón e ata 1858 o título permanceu unido ao de conde de San Román, cando o VII marqués de Santa María del Villar, Baltasar de Losada Miranda (Madrid?-1907), VIII conde de San Román e XIV conde de Maceda, cedeu o título á súa filla María Xoaquina de Losada Torres , VIII marquesa de Santa María del Villar e XII marquesa de Atalaya. Sucedeuna o seu fillo Diego Quiroga de Losada (Madrid 1880-Donostia 1976), IX marqués de Santa María del Villar, colaborador fotográfico de Blanco y Negro e ABC. Sucedeuno o seu fillo José Quiroga Valdés , X marqués...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Íñigo López de Mendoza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Raimundo Ibáñez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado en 1543 por Carlos V a Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal , que foi o IV conde de Lemos. O título foi herdado polos primoxénitos da casa dos Lemos, ata que en 1955 pasou a María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XIX marquesa de Sarria, XXII condesa de Lemos, XVIII duquesa de Alba, entre outros. Trae por armas, escudo cortado: 1, de goles, con cinco bandas de ouro; 2, de prata, con cinco roeis de azul, colocados en aspa; bordo de azul, cargado de seis aspas de ouro, colocadas unha en xefe, outra en punta e dúas en cada flanco, alternando con seis cunchas de vieira do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha no medio de cada flanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos II, xunto co vizcondado de Albeos, en 1694 a Fernando Antonio Mariño de Lobeira Andrade e Sotomayor , señor de Albeos. A IV marquesa de La Sierra, María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo Figueroa (Pontevedra 14.11.1734-?), casou con Antonio Patiño Castro, fillo do II marqués de El Castelar e grande de España, e ambos os dous títulos uníronse no seu fillo, Ramón Fernando Patiño y Mariño de Lobeira (Zaragoza 26.7.1753-?), V marqués de La Sierra e III marqués de El Castelar, e nos seus sucesores ata que en 1984 Luis Patiño Covarrubias , X marqués de La Sierra e VIII marqués de El Castelar cedeu o título de marquesa de La Sierra (XI) á súa filla Magdalena Patiño Muguiro (Madrid 28.11.1958). Trae por armas escudo partido de Mariño e de Lobeira, timbrado con coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe IV en 1625 a García Sarmiento de Soutomaior, II conde de Salvatierra e señor de Sobroso, para os primoxénitos da súa casa. Ata o falecemento en 1872 de Agustín de Silva Bermuy , XI marqués de Sobroso e X conde de Salvatierra, os títulos permaneceron unidos. O título rehabilitouse en 1926 na XII marquesa de Sobroso, María Rosa Vázquez de Silva (?-Madrid 1968). O título pasou en 1970 ao seu fillo Pedro Caro Vázquez (? 1936), XIII marqués de Sobroso. Trae por armas escudo partido: primeira partición, de goles, trece besantes de ouro, postos 3,3,3,3 e 1 (Sarmiento); segunda partición, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles, separados cada unha por un liña de sabre (Sotomayor). No timbre, coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Filipe IV en 1462 a Juan Fernández de Lima y Brito , vizconde de Vilanova de Cerveira e marido de Francisca Luisa de Sotomayor. Permaneceu unido ao ducado de Sotomayor e ao condado de Crecente ata o falecemento da VI duquesa de Sotomayor, Mariana Nin Zastrillas Sotomayor y Lima en 1847. Herdouno entón o seu neto Vicente de Alcántara y Vera de Aragón , VIII marqués de Tenorio (1867) e, sucesivamente, os seus descendentes: Santiago de Alcázar y del Nero (1879) e María de la Concepción del Alcázar y del Nero (1892). Unha das fillas desta, María de la Concepción Blanca de Collado y de Alcázar converteuse na XI marquesa de Tenorio en 1898. Morta sen descendencia, o título permaneceu vacante entre 1955 e 1984, cando foi rehabilitado pola súa sobriña--bisneta, María Eugenia Fitz-James Stuart , XII marquesa de Tenorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido en 1875 por Afonso XII a Nicanor de Alvarado Casanova Núñez e Domínguez de la Peña (1830-1896), deputado polo distrito de Trives (1859-1864, 1871-1872, 1876-1881, 1884-1886, 1891-1893) e senador por Ourense (1887-1891). Sucedeuno a súa filla Jacinta de Alvarado e Barroeta-Aldamar (?-1921), II marquesa de Trives, que casou co marqués de Castellanos. Sucedeuna a súa filla María Luisa Maldonado Alvarado , III marquesa de Trives e VIII marquesa de Castellanos. Trae por armas de ouro, cinco lises de azur postas en aspa. Ao timbre, coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado...
-
PERSOEIRO
Ensaísta francés. De nome Luc de Clapiers, escribiu Introdution à la connaissance de l’esprit humain, suivie de réflexions et de maximes (1746) sobre a capacidade humana para o ben, o valor das emocións e a exaltación da acción, polo que se considera un precursor das teorías de J. J. Rousseau e Stendhal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos Manuel I de Savoia en 1617 a Álvaro Pérez de Losada y Cabeza de Vaca , señor de Rionegro del Puente (Zamora) e de Viance (Láncara).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos III en 1761, co vizcondado previo de Bustocirio, a Pedro de Alcántara Teijeiro de Valcarce e Enríquez de Cabrera (?-1790). A última posuídora legal do título foi Carolina Teijeiro Herrera-Dávila (1867-1934), V marquesa e condesa de Val de Aguila.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, nas abas de Sierra Morena, ao S da provincia de Ciudad Real e 70 km da capital (2.972 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO